A nosa biblioteca, da cal a coordinadora é a docente do noso departamento Raquel Castro, leva en todo o curso ofertándonos a visita de numerosas voces fundamentais do panorama cultural galego de hoxe. O mes de abril amosouse como singularmente prolífico.
O estudantado de cuarto da ESO puido asistir á charla de David Álvarez, tradutor, sobre a tradución literaria.
O técnico de Normalización Lingüística da USC, Núñez Singala, estivo co estudantado de 1iero de Bacharelato para achegarlles nocións e a situación sociolingüística do noso idioma.
Marga Do Val veu ata o noso centro para achegarlle ó estudantado de 1eiro de Bacharelato a figura de Luísa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
Despois da charla, o estudantado da nosa radio escolar entrevistouna en directo con emisión para toda a comunidade educativa.
Finalmente, o día 23, Día do Libro, o estudantado de terceiro da ESO, puido asistir á charla de María Reimóndez sobre a súa recente novela Furia. Foi unha experiencia intensa que case leva o noso estudantado ó KO.