Premios Amnistía
O xoves 11 de abril foi a entrega dos premios de microrrelato de haiku de Amnistía Internacional. No noso centro estamos de noraboa, pois foron os vencedores de dous dos niveis estudantes do noso instituto:
Roi Valverde Domínguez gañou o premio ó mellor haiku, para estudantes de 12-13 anos.
Andrea Lorenzo Urgal resultou gañadora no premio ó mellor microrrelato 14-16 anos.
Ademais, neste último nivel as tres finalistas eran todas estudantes do IES Ribeira do Louro. Alén de Andrea, chegaron á final Laura Romero Álvarez e Alicia Gómez Fernández.
Moitos parabéns a todas!!!