Día da Biblioteca, 24 de outubro 2017
Biblioribeira conmemora un curso máis o día da biblioteca :
- proxección de imaxes na entrada do centro
- poderedes achegarvos ata o noso punto lector e desfrutar con lecturas sobre libros e bibliotecas.
- ademáis durante a mañá alumnado pregoeiro do día da biblioteca visitará as clases e lerá "Paseniño paseniño" de Antonio García Teijeiro.
Bibliotecas Escolares de Galicia, aquí atoparedes máis información sobre a conmemoración do día da biblioteca nos centros escolares galegos.
Clubs de lectura 2017-2018
Comezaron os clubs de lectura :
1º ESO Kafka y la muñeca viajera de Jordi Sierra i Fabra e Un niño en la cima de la montaña de John Boyne.
2º ESO A caixiña dos rancores de Héctor Cajaraville
3º ESO A ratoneira de Agatha Christie e El príncipe destronado de Delibes
4º ESO A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre
1º Bacharelato Mi verdadera historia de Millás
Benvid@s , Biblioribeira 2017-2018
Ábrese un novo curso curso lector co lema das Bibliotecas escolares de Galicia "Aprendendo a pensar coa biblioteca escolar" e o cartel do ilustrador Xosé Tomás.
Ábrese unha porta para novas ideas, proxectos... a través da literatura, da música, do cine, ábrese unha nova oportunidade para aprender a pensar, para pensar a realidade dende a biblioteca.
Recomendamos tamén: títulos do Club de Lectura.
O pasado 17 de xuño celebrouse en Santiago X Xornada dos Clubs de lectura que o noso alumnado puido desfrutar xunto con escolares de toda Galicia.
Estes son os títulos que se teñen lido no noso club de lectura:
Obra |
Autora |
A Cabeza de medusa |
Aleixandre, Marilar |
A Caixiña dos rancores |
Cajaraville, Héctor |
A Clase |
Bégaudeau, François |
A Evolución de Calpurnia Tate |
Kelly, Jacquelline |
A Expedición ao Pacífico |
Aleixandre, Marilar |
A Granxa dos animais |
Orwell, Georges |
A nosa planta de laranxa lima |
Mauro de Vasconcelos, Mauro |
A Vida interior de Martín Frost |
Auster, Paul |
Bieito dubidoso |
Cameselle, Roque |
Cartas de amor |
Alonso, Fran |
Cartas de inverno [Novela gráfica) |
Fernández Paz, Agustín/Seijas, Antonio |
Chamádeme Simbad |
Castro, Francisco |
Corazón de Xúpiter |
Costas, Ledicia |
Exogamia 0.3 |
Caride Ogando, Ramón |
Fahrenheit 451 |
Bradbury, Rad |
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta |
Costas, Ledicia |
Lúa do Senegal |
Fernández Paz, Agustín |
Lume de cobiza |
Fernández, Miguel Anxo |
Memorias dun neno labrego |
Neira Vilas, Xosé |
Morning Star |
Miranda, Xosé |
O Curioso incidente do can á medianoite |
Haddon, Mark |
O Pintor do sombreiro de malvas |
Calveiro, Marcos S. |
Reencontro |
Uhlman, Fred |
Relatos fantásticos (De Poe a Lovecraft) |
Varios Autores |
Tes ata as 10 |
Castro, Francisco |
Un Bosque cheo de faias |
Castro, Francisco |
Obra |
Autora |
A Sangre fría |
Capote, Truman |
Alicia en el país de las maravillas |
Carroll, Lewis |
Campos de fresa |
Sierra i Fabre, Jordi |
Donde aprenden a volar las gaviotas |
Alcolea, Ana |
El Cartero de Bagdag |
Calveiro, Marcos S. |
El Curioso caso de Benjamin Button (novela gráfica) |
Fitzgerald, Francis S. |
El Lector |
Schlink, Berhard |
El niño en la cima de la montaña |
Boyne, John |
El Príncipe destronado |
Delibes, Miguel |
Fahrenheit 451 |
Bradbury, Rad |
Kafka y la muñeca viajera |
Sierra i Fabra, Jordi |
La Cena |
Koch, Herman |
La Cena secreta |
Sierra, Javier |
La Fórmula preferida del profesor |
Owaga, Yoko |
La Ladrona de libros |
Zusak, Markus |
La Lección de August |
Palacios, R. J. |
La Ratonera |
Christie, Agatha |
Matar a un ruiseñor |
Lee, Harper |
Nada |
Teller, Janne |
Orgullo y prejuicio |
Austen, Jane |
Seda |
Baricco, Alessandro |
Ventajas de ser un marginado |
Chbosky, Stephen |
Para rematar non deixedes de ler a entrevista a Julio Abalde, coordinador de Biblioribeira, falando para EDUGA sobre os clubs de lectura.
Diversidade cultural: a cultura xitana.
O alumno Carlos Jiménez Gabarres, 2º ESO-B, nun momento da charla que impartiu para o alumnado.
Gañadoras do concurso literario-fotográfico "El libro que nos une"
O lema para este curso "Biblioteca escolar, territorio das artes" convidábanos a buscar formulas para explorar e espectar nas nosas lectoras e lectores o interese para expresarse a través das artes visuais. Nese empeño estamos, a fotografía acompañou nesta ocasión aos textos do alumnado, velaquí as gañadoras do concurso literario-fotográfico "El libro que nos une".
Parabéns!
Estas son as fotos gañadoras:
1º Premio: María Domínguez Romero, 4º ESO
2º Premio: Laura Pérez, 1º Bacharelato
3º Premio: Sara Castro, 2º ESO
O día da entrega de premios...
María Domínguez Romero, 4ºESO.
Laura Pérez, 1º Bacharelato
Sara Castro, 2º ESO
Semana das Letras, 2017
Letras, letras e máis letras para homenaxear a Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Vigo, 2002), aquí podedes consultar a súa bibliografía completa.
Unha nova edición do xogo "Pista a pista": adiviñas, preguntas, equipos e probas en torno á vida e obra de Carlos Casares.
Ademáis houbo teatro, non podía faltar...
Se queredes máis visitade o blog das Bibliotecas Escolares de Galicia: Letras Galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén.
Semana do Libro en imaxes, abril 2017
Biblioribeira commemorou durante toda a semana a paixón pola lectura, a paixón pola cultura.
Grazas a toda a comunidade educativa!
O equipo de biblioteca
Encontros literarios
Carlos Meixide, autor da novela “Cans”
Iria Misa, autora da novela "Xa non estou aquí"
Pedro Feijoo, falando sobre "Os fillos do mar"
Inma López Silva, sobre "Aqueles días en que eramos malas"
Inclusión, lectura e fotografía: sobre os proxectos Alto alto como una montaña e Mi mirada te hace grande.
Susana Roa e Iago Maceira presentaron a sesión e falaron sobre a entrevista sobre autismo
para a revista Orbita do centro.
Paula Verde falando sobre diversidade e fotografía.
Apadriñamento lector entre o alumnado do noso centro e o alumnado de infantil do CEIP Antonio Palacios na biblioteca escolar Bibliopalacios.
Obradoiro de dicción e vocalización impartido polo actor de dobraxe Damián Alonso, catro horas cos grupos de teatro e dúas horas para a ESO.
Teatro: "O diálogo construtivo"
Un momento da representación, de esquerda a dereita: Iago Maceira, Paula Flores e Susana Roa.
o cartel
Lecturas continuadas
Ademáis a exposición do alumnado "El libro que nos une" sobre fotografía e literatura acompañou toda a actividade. Aquí vos deixamos unha pequena escolla:
E por último, algúns videos nos que vos achegamos toda a emoción que se viviu estes días...
un anaquiño do apadriñamento lector, tenro, non si?
lecturas continuadas para continuar o amor pola lectura
a representación, magnífica
a profesora danesa Mikaela Anderson do intercambio Erasmus no centro fixo a súa achega literaria
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »