Día da música
O día 22 de novembro celébrase o día de Santa Icía, patroa da música.
A biblioteca quixo celebrar este día cun concerto na nosa biblioteca. Alumnado de diferentes cursos tocou varias pezas para amenizar o recreo. Puidemos escoitalos cantar, tocar o piano, a guitarra e a trompeta. Pezas clásicas, música de videoxogo, indi e mesmo flamenco.
Samaín na biblio
Para finalizar o mes de novembro escollemos para o noso expositor unha selección de libros en diferentes linguas.
Rematamos o mes... de medo!
Adopta un libro
Polo día das biblioteca quixemos achegar un libro ás persoas que pasaban pola biblio. Así escollimos dos libros que temos no fondo da biblioteca algúns títulos para agasallar.
Baixo o lema "Adopta un libro" a rapazada e o profesorado atoparon unha gran selección de títulos da nosa literatura, infantís... que podían levar á casa e facer seus.
Moitos destes libros atoparon novos ollos que van ler. Algún quedou orfo, mais por pouco tempo. Seguro nalgún momento atopará acubillo nunhas mans que o precisan.
O cancioneiro popular
O noso compañeiro e músico, Félix Rodríguez, deu unha charla á rapazada e mais a nós, sobre o noso cancioneiro popular, a lírica agochada na nosa historia oral.
Falounos das cantareiras, dos ritmos, das variedades, dos lugares, das recollidas...
Puidemos coñecer un pouco máis sobre a nosa historia oral.
Proxecto xogos e xoguetes
Arredor do proxecto xogos e xoguetes realizamos difentes actividades. Este mes de outubro tivemos un obradoiro de xogos tradicionais na nosa biblio, nos recreos activos.
A rapazado coñeceu o xogo do berce, os colares de bugallos, os pelouros...
Sara Vila Alonso
O club de lectura de adultos leu a obra da autora, Sara Vila, O incendio. Visitounos o pasado 29 de outubro para falarnos da súa obra.
Fóra de campo
O pasado mércores, 9 de outubro, presentouse a obra galadora do premio Roberto Vidal Bolaño 2024. Esta obra foi escrita por Rosalía Fernández Rial, e fala diso, do que está fóra do campo de visión das redes sociais.
Xa está dispoñible na nosa biblioteca.
14 de outubro: día das escritoras
Follas caíndo, castañas, choiva... outubro chegou e nós quixemos comemorar unha das datas que consideramos importantes neste mes, o Dia das escritoras.
Escollimos entre todo o fondo da biblioteca algúns títulos de libros de escritoras en lingua galega, castelá, portuguesa... e colocámolos no nosos expositor para cisualizar estas obras e autoras.
Voluntariado de Biblioteca
Cada ano aumenta o número de alumnado voluntario de biblioteca. Estas semanas estanse apuntando os novos voluntarios para este curso. Moitas e moitos repiten, outros veñen novos. Comezamos todas e todos con moita ilusión e ganas.
O pasado mércores fixemos entrega dos diplomas ao voluntariado do pasado curso.
Na fotografía non están todos e todas as que foron, houbo quen rematou a súa etapa no centro e foi seguir os estudos noutro lugar ou quen simplemente non puido achegarse ese día a entrega dos diplomas.
A TODAS E TODOS MOITAS GRAZAS!
Benvida! Este curso imos XOGAR!
Como cada ano a biblioteca escolle o lema de traballo da biblio, mais tamén de porxecto competencial e calquera outra materia do centro que se anime a facer propia ese tema. Este ano é "Xogos e xoguetes".
A XOGAR!!!