Skip to Content

I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

O IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia convocan o Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais. 

Podedes acceder ás bases completas neste enlace  á noticia na páxina de Galaxia.

Moi importante, lembrade:

  • O PRAZO de presentación de orixinais comeza o remata o 1 de abril de 2018.
  • O ENVÍO das obras farase a través de correo  electrónico:  ies.ribeira.louro@edu.xunta.es, especificando no asunto do envío “Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño”. Enviaranse dous arquivos: un coa obra (con título e lema) e outro coa plica (no que constará o nome e apelidos do autor, lema, título e breve sinopse da obra, teléfono e email)

Día da Paz 2018

Un ano máis conmemoramos o día da Paz no que todo a comunidade educativa compartiu palabras, actos e símbolos de esperanza.

Laura Pérez e Fabián Beltrán de 1º de Bacharlelato recitaron o poema Se isto é un home de Primo Levi

Atoparedes máis videos no noso canal de youtube  e non olvidedes pasar polo punto lector

O remate da conmemoración tivo lugar en ACCESCA, centro de educación especial educacional e asistencial, cunha actividade cooperativa.

Momentos antes do comezo, o alumnado repasa a organización do acto. 

 

Recomendacións de Nadal 2017

 

Preme aquí para unha presentación en prezi.

Preme aquí  para acceder o documento issuu.

 

 

 

Recomendacións de Nadal

Mochilas viaxeiras 1º e 2º ESO

Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade, Recomend-Accións

O pasado mércores 29 de novembro participamos na andaina polos dereitos das persoas con discapacidade convocada por ACEESCA con motivo da commemoración do Día Internacional Europeo das Persoas con Discapacidade.


Co lema TODOS BAIXO O MESMO PARAUGAS simbolizouse o respecto hacia as diferenzas individuais incidindo na idea de que todos somos iguais.

 

 

 

 

 

 

Premendo aquí poderedes atopar unha escolla de lecturas e películas #biblioribeira

 

 

 

 

Encontro con Victor Freixanes, presidente da RAG.

O pasado martes 28 de novembro visitounos Victor Freixanes, presidente da Real Academia Galega. O alumnado puido preguntar e conversar sobre as súas obras, entre elas Unha ducia de galegos. 

Ademáis tratáronse outros temas relacionados co mundo das letras galegas, da igualdade da muller e da corresponsabilidade de toda a sociedade e do futuro da institución.

 

 Visita a páxina web da RAG e o seu diccionario.

Biblioribeira Contra a violencia de xénero: Recomend-Accións 2017

 

A comunidade educativa manifestouse en contra da violencia de xénero nun acto conxunto dos centros educativos da contorna.  

Daniel Otero de 1º Bach. le "A casa do paso e do peso" de Tamará Andrés

 

Noelia Pérez Rey de 2ºBach. le un poema de Xela Blanco da obra colectiva "Latexo beat"

 

 

Premendo aquí  poderás atopar unha escolla de Recomend-Accións 

 

E non olvidedes parar no punto lector 

 

 

 

 

 

 

Novembro, mes da ciencia en galego

Ao longo deste mes de novembro promóvese a integración das ciencias e das humanidades na biblioteca escolar a través dun punto lector e de actividades relacionadas coa ciencia. 

No blog de Bibliotecas escolares de Galicia  poderedes atopar toda a información sobre esta iniciativa, a orixe e as propostas.

Este ano a matemática Peregrina Quintela Estévez, Premio "María Joséfa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto 2017.

Recomendacións lectoras: Biblioribeira en Pinterest

 

Lecturas e terror, Samaín en Biblioribeira

 

Samaín en Biblioribeira, punto lector adicado ao medo

 



by Dr. Radut