A entrega de premios, tivo lugar ás 17:10h., no Salón de Actos do Colexio Manuel Peleteiro, coa intervención do narrador e ensaista Xosé Ramón Pena.
Os e as gañadores fixeron a lectura das súas obras que serán publicadas nun volume.
Estas son algunhas das imaxes do noso punto lector Ai que medo! e da ambientación da biblioteca escolar durante a conmemoración do Samaín.
E para rematar, como xa sabedes, Novembro adícase á ciencia en galego. Se queredes Ler ciencia en Biblioribeira, visitado o taboleiro en pinterest con recomendacións lectoras para este mes.
Comezaron o seu camiño os diferentes grupos dos clubs de lectura en Biblioribeira e como xa sabedes hai unha grande afección pola literartura na nosa comunidade educativa.
Este ano como novidade o profesor e responsable de biblioteca Julio Abalde coordina un club de lectura para adultos.
Boas lecturas a tod@s!
Biblioribeira, a biblioteca escolar do IES Ribeira do Louro, comeza o novo curso escolar baixo o lema "Territorio das Artes" facendo referencia ao cartel de Minia Regos que interpreta a biblioteca un "territorio complexo e engaiolante".
De novo un alumno do noso centro obtivo o recoñecemento no concurso escolar de poesía Rosalía de Castro. Neste caso foi José Manuel Flores Fandiño de 2º de ESO.
Coa súa obra "Constantes e Variables" obtivo o 2º accésit na categoría do 1º ciclo da ESO.
Parabéns dende Biblioribeira e a comunidade educativa do IES Ribeira do Louro!
Dentro da programación en torno ao día Internacional do libro que cada curso organizamos dende a biblioteca escolar hai un espazo para que o alumnado coñeza aos autores e autoras e as súas obras. Desta volta acompañounos Sonia Mirón para falarnos do seu libro "Si tu quieres".
O pasado 6 de abril celebrouse o acto de entrega do prestixioso Certame Literario Minerva, o máis antigo dos que se convocan en Galicia. Nese acto estaba a nosa alumna Laura Dauzón Otero de 2º de Bacharelato que recibiu o 3º Accesit na modalidade de poesía.O xurado, composto por creadores, docentes e críticos decidiron premiar os traballos que se citan a continuación:
Modalidade de narración
1º Premio a Amaia Tomé, de 16 anos, alumna de 1º de BAC do IES Francisco Aguiar de Betanzos, polo relato “Clare e outras illas”.
2º Premio a Cecilia Fidalgo Castromil, de 15 anos, alumna de 4º de ESO do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, polo conto “O expresso a Madrid”.
3º Premio a Iago González García, de 16 anos, alumno de 1º de BAC do IES Eduardo Blanco-Amor de Ourense, pola narración titulada “Non ad vitam aeternam”.
1º Accésit a Alba Pérez Barcala, de 15 anos, alumna de 4º da ESO do IES de Cacheiras, polo seu traballo “Tres ou catro globos máis”.
2º Accésit a Laura Regueiro Romero, alumna de 2º de BAC do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, polo texto “Unha revolución persoal”.
3º Accésit a Ángela Lamas Gómez, de 17 anos, alumna de 2º de BAC do Colexio Os Sauces de Pontevedra, polo relato “O anden do sen(ti)r”.
Modalidade de poesía
1º Premio ao amentado Iago González García pola súa triloxía “Cosmogonía”.
2º Premio a Inés Outomuro Rodríguez, de 17 anos, que cursa 1º de BAC no IES Eduardo Blanco-Amor de Ourense, polo poemario “Orixe”.
3º Premio a Tamara Fernández Labrada, de 16 anos, estudante de 1º de BAC do IES Terra Chá de Castro de Rei polo seu traballo “Non deixedes que vos miren o móbil”.
1º Accésit a Laura Regueiro Romero, de 17 anos, alumna de 2º de BAC do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, pola obra “Antoloxía inmigrante”.
2º Accésit a Nuria Fernández Robledo, de 16 anos, estudante de 1º de BAC do IES Eduardo Blanco-Amor de Ourense, pola triloxía “Migración á orixe”.
3º Accésit a Laura Dauzón Otero, de 17 anos, que cursa 2º de BAC no IES Ribeira do Louro de O Porriño, polo seu conxunto “Trátase de poesía”.
A entrega de premios, tivo lugar ás 17:10h., no Salón de Actos do Colexio Manuel Peleteiro, coa intervención do narrador e ensaista Xosé Ramón Pena.
Os e as gañadores fixeron a lectura das súas obras que serán publicadas nun volume.
O pasado 31 de marzo Amnistía Internacional Vigo celebrou o acto de entrega de premios do concurso de microrelatos "Primeiro as persoas, despois as fronteiras". Nas imaxes as alumnas finalistas do IES Ribeira do Louro, lendo os seus relatos.
Quixemos conmemorar o día da poesía cunha actividade que a biblioteca organiza dende hai varios anos: o encontro interxeracional entre o alumnado do noso centro e as persoas do Centro de Maiores de Torneiros.
O alumnado preparou unha selección de poemas para ser lidos, algúns de autores como Rosalía de Castro, Antonio Gamoneda ou mesmo poemas de producción propia dalgunhas alumnas. Todos pensabamos que sería un agasallo ben fermoso.
Os nosos maiores prepararon tamén unha escolma de poemas que nas súas voces marcadas polo paso dos anos perduraron nos nosos oídos e mesmo fixeron que cairan bágoas de emoción. Os agasallados fomos nós: eles escolleron, entre outros, poemas de Rosalía e Mario Benedetti. Precisamente foi o poema "No te rindas" de Benedetti o que lle adicaron e entregaron ao alumnado cun fermoso traballo de papiroflexia.
Este video é un anaquiño da experiencia.
"A poesía contribúe á expansión da nosa humanidade común, e axuda a facela máis forte, máis solidaria e máis consciente de sí mesma"
Mensaxe da Sra.Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO con motivo do Día Mundial da Poesía.