Skip to Content

Info Probas Libres Ciclos

Información sobre a realización das Probas Libres para a obtención do título de Ciclo.

Info Probas Libres Ciclos

Mano escribiendo en un papel con un bolígrafo Foto gratis

Modalidade

  • As Probas Libres para Persoas Adultas realízanse en Modalidade Presencial nalgún dos centros indicados na resolución correspondente.

Requisitos de Acceso

  1. Requisitos de idade:
    1. Técnico/a: Ter 18 anos.
    2. Técnico/a Superior: Ter 20 anos. Tamén poden acceder aquelas persoas que posúen o título de Técnico/a e teñen 19 anos.
  2. Non estar en posesión do título de formación profesional equivalente ao correspondente título de formación profesional obxecto da proba.
  3. Non estar nin ter estado matriculado/a no curso actual nas ensinanzas de ciclos formativos de Formación Profesional.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Organización

As Probas Libres desenvólvense a través de dúas xornadas:

  • Xornada de Acollida.
    • É obrigatorio asistir. A non asistencia implica a eliminación do proceso do alumnado.
  • Realización da Proba. Consta de 2 partes.
    • 1ª Parte:
      • Proba escrita que versará sobre unha mostra suficientemente significativa dos criterios de avaliación establecidos na programación para esta parte.
      • Terá carácter eliminatorio.
    • 2ª Parte:
      • Desenvolvemento de un ou de varios supostos prácticos que versarán sobre unha mostra suficientemente significativa dos criterios de avaliación establecidos na programación para esta parte.
      • Terá carácter eliminatorio.

Matrícula

A información relativa á matrícula pode atoparse no apartado correspondente da sección Trámites da web.

Distribuir contido


by Dr. Radut