Modalidade
- No I.E.S. Pedro Floriani desenvólvese unicamente a Modalidade Presencial.
Destinatarios/as
- Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.
- Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que conten coa autorización da Dirección do Centro e ademais cumpran con algún dos seguintes requisitos fixados pola Consellaría de Educación:
- Están desenvolvendo unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa (contrato) e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
- Están en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.
- Se concorren outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Xefatura Territorial de Pontevedra poderá autorizar a cursar as ensinanzas tralo informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.
Organización
Constan de catro módulos de duración cuadrimestral.
- Módulo I e Módulo III: Setembro - Febreiro. Avaliación Extraordinaria: Maio.
- Módulo II e Módulo IV: Febreiro - Xuño. Avaliación Extraordinaria: Setembro.
Cada módulo organízase en tres campos de coñecemento:
- Ámbito de Comunicación.
- Ámbito de Sociedade.
- Ámbito Científico-Tecnolóxico.
Duración
Estas ensinanzas poden realizarse, con carácter xeral, en dous anos académicos.
As persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.
Avaliación
Cada profesor/a indicará ao longo do curso como avaliará o seu ámbito, para o que poderá contar con calquera tipo de instrumento de avaliación (exames, traballos…).
O alumnado non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior.
Materiais
Os materiais e canles que se empreguen para o desenvolvemento de cada materia (libros, aulas virtuais, textos…) serán os que indique cada profesor/a en cada ámbito.
Matrícula
A información relativa á matrícula pode atoparse no apartado correspondente da sección “Trámites” da web.