Introdución
A educación é un proceso constante que require do cuestionamento continuo da realidade que nos rodea. Se ben cada profesor/a indicará os materiais e canles que se empreguen para o desenvolvemento da súa materia (libros, vídeos, apuntamentos...), o alumnado pode consultar calquera fonte información que lle permita contrastar e construír o seu coñecemento.
Unidades Didácticas
Ademais doutro tipo de material que facilite o/a profesor/a, as Unidades Didácticas de cada materia poden descargarse premendo aquí.
Aula Virtual
O desenvolvemento didáctico contará tamén cunha Aula Virtual onde profesorado e alumnado poderán facer a construción formativa en liña.
Catálogo da Biblioteca
A biblioteca do centro conta cun Catálogo onde se pode consultar o fondo de materiais (libros, películas…) e a dispoñibilidade de cada un deles. Podes onsultar o Catálogo premendo aquí.