Modalidade
- As Probas Libres para Persoas Adultas realízanse en Modalidade Presencial nalgún dos centros indicados na resolución correspondente.
Requisitos de Acceso
- Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
- Non estar nin ter estado matriculadas no curso actual nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- O alumnado matriculado durante o curso actual na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
- Para acudir á primeira convocatoria:
- o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.
- Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
- Para inscribirse na segunda convocatoria:
- o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Organización
As Probas Libres desenvólvense en tres ámbitos de coñecemento, como sucede no réxime ordinario.
- Ámbito de Comunicación.
- Ámbito de Sociedade.
- Ámbito Científico-Tecnolóxico.
Convocatorias
Existen dúas convocatorias:
- 1ª convocatoria: celébrase habitualmente en maio.
- 2ª convocatoria: celébrase habitualmente en setembro.
Duración
Tanto na primeira convocatoria como na segunda convocatoria os exames de cada un dos tres ámbitos realízanse ao longo dun mesmo día entre a mañá e a tarde.
Modelos de Exame
Podes consultar aquí os exames realizados outros anos.
Materiais
Os materiais son os mesmos que se empregan na educación secundaria ordinaria e que podes atopar aquí.
Matrícula
A información relativa á matrícula pode atoparse no apartado correspondente da sección Trámites da web.