ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE PING PONG

Campionato PING PONG
O 6 de febreiro tivo lugar a entrega de premios do campionato de PING PONG celebrado no IES  O MOSTEIRÓN dende e o mes de decembro. Esta actividade foi dinamizada nos períodos de lecer polo profesor de Educación Física Emilio Lousa. O gañador do torneo foi Pablo Fernández Darnís, alumno de 3º de ESO. Parabéns a todo o alumnado participante e, agora toca xogar no torneo de futbolín.

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O equipo da biblioteca A Esperela promoveu a conmemoración do Día da Paz no instituto deseñando  esta fermosa árbore.  Nela medran pacíficas mans nas que o alumnado escribiu mensaxes solidarias .

PARABÉNS POLA FERMOSA INICIATIVA!

ASISTENCIA AO CEGAI DO ALUMNADO DE 3º DE ESO

O alumnado de 3º da ESO  visitou o  20 de xaneiro o CGAI para descubrir en pantalla grande El espíritu de la colmena, de Víctor Erice. As reaccións máis espontáneas ao filme foron de estrañeza. “Non ten unha historia concreta e deixa moitas cousas abertas”, dicía un dos alumnos, que se fixara no aspecto lírico do filme, incidindo en que a montaxe xogaba co paso do tempo dun xeito que non nos permitía saber en cantos días tiña lugar a narración.
O contexto histórico no que se sitúa si estaba apuntado “na simboloxía da Falanxe” ou “nos marcos de Franco pendurados das paredes da escola”, comentaban outro grupo de rapazas. A presenza do maqui, cunha morte non representada de forma evidente, recordaban algúns mozos, pareceulles a este grupo de suma importancia na fita, crendo ver metáforas que non se acaban de precisar.
No que todos coincidiron é que a ollada xoga un papel central en El espíritu de la colmena, e que a obra, na que “case non se fala”, está construída en boa parte en torno á mesma.

Podedes ler máis no blogue de CiNed , onde o alumnado deixou as súas opinións sobre a película.

Tamén podedes ver algunha das actividades feitas  desde a materia de Lingua galega no blogue Moradías do vento 

POEMA-OBXECTO 2º ESO

   
     
O alumnado de segundo de ESO traballou neste trimestre cunha antoloxía poética de José María Plaza, 111poemas de amor, de todo corazón. Fixeron lecturas na casa e na clase, recitados na aula, un traballo escrito de análise dalgúns poemas e por último un poema-obxecto dunha poesía escollida por eles, amosando así a súa sensibilidade e creatividade. Máis información no seguinte ENLACE.

VISITA DIDÁCTICA A SOGAMA

Sogama

O pasado 10 de novembro o alumnado de 3º de ESO A e 3º PMAR visitou a planta de tratamento de residuos SOGAMA situada no concello de Cerceda. A actividade foi proposta polo Departamento de Física e Química e Tecnoloxía e nela o alumnado á parte de coñecer as instalacións realizou actividades nas que reflexionou sobre a reutilización dos materiais de refugallo que compoñen o lixo.

SAÍDA DIDÁCTICA A SOBRADO E PALAS DE REI

O pasado día 17 de novembro o alumnado de 2º de ESO realizou unha visita didáctica ao casco vello da vila de Betanzos, ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes e máis ao castelo de Pambre situado no concello lucense de Palas de Rei, programada polo Departamento de Xeografía e Historia.

 

ÚLTIMO DÍA PARA SOLICITUDE DE BECAS NEAE DA CONVOCATORIA DO MECD

Lémbrase a todos os interesados que o prazo para solicitude de becas NEAE convocadas polo MECD remata o día 6 de outubro do presente.

Máis información no seguinte enlace:

                              BECAS NEAE 2016

 

FONDO DE LIBROS 16-17

EVENTOS

.- 15-09-16. PUBLÍCASE A LISTA DEFINITVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO DE LIBROS 16-17. Véxase arquivos adxuntos.

 

IMPORTANTE:

O REPARTO DE LIBROS DE TEXTO DE 1º ESO E 3º DE ESO TERÁ LUGAR ENTRE OS DÍAS 16/09/16 E O 19/09/16.


ACTIVIDADES de FIN DE CURSO 15-16

CALENDARIO DE ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO 15-16
XUÑO           ACTIVIDADES PROGRAMADAS Actualizada o 13 de xuño de 2016

MÉRCORES 22

 

REMATAN AS CLASES. Festa de fin de curso ás 12:30 h no salón de actos. Están convidados ao acto os familiares do alumnado de 4º de ESO.
LUNS 27
Entrega de notas ao alumnado nas aulas ás 11:00 h. O DÍA 27 NON HAI TRANSPORTE ESCOLAR. Recollida e organización das aulas. RECOLLIDA de libros de texto entre as 11:00 h e 13:00 h. Atención de aclaracións ás cualificacións (Solicitar impreso na secretaría do centro). Inicio do prazo de matrícula para o alumnado que superou tódalas materias en xuño.
MARTES 28 

Atención de reclamacións ás cualificacións de 10:00 h a 13:00 h.

MÉRCORES 29

Atención de reclamacións ás cualificacións de 10:00 h a 13:00 h.

                                 

PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE "NO RÍO DOS VERSOS"

O VINDEIRO XOVES 16 DE XUÑO ÁS 19:00 H TERÁ LUGAR NA CAPELA DE SAN ROQUE (SADA) A PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE "NO RÍO DOS VERSOS" REALIZADA POLO ALUMNADO DE 4º DE ESO DENTRO DO PROXECTO "CINEMA EN CURSO", QUE COORDINA O CGAI XUNTO COS DEPARTAMENTOS DE "LINGUA GALEGA E LITERATURA" E "EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL". ESTA CURTA XIRA AO REDOR DOS VERSOS DO POETA DA TERRA CHÁ MANUEL MARÍA. ESTADES TOD@S CONVIDADOS Á PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN.

Distribuir contido