REPORTAXE NO PAÍS SOBRE A NOSA EXPERIENCIA NO PROXECTO CINED

O noso instituto foi obxecto dunha reportaxe realizada polo períodico de ámbito estatal EL País, debido á nosa participación no proxecto CINED de cooperación europea.  Podedes lela premendo neste enlace 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

A celebración do Entroido non impediu que lembrasemos a Rosalía de Castro no seu día, cando se cumpren 180 anos do seu nacemento.  A Esperela e o Departamento de Galego están facendo presente á poeta en todos os recantos do instituto. Mirade...
 
 

 

VISITA Á BIBLIOTECA RIALEDA

O alumnado de primeiro visitou o pasado día 22 de febreiro a Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Foi unha actividade moi completa: historia e distribución do edificio e os xardíns, funcionamento, fondos, catalogación e unha sesión de contacontos con Ramiro Neira. Para ver as fotos visita o blog da biblioteca Esperela.

ENTROIDO 2017

Quedan aquí algunhas imaxes do Entroido deste ano 2017. Coma sempre foi unha festa moi divertida, chea de creatividade e con grandes actuacións! Parabéns aos que a fixeron posible!

 

VISITA AO CENTRO DE ANDREA MACEIRAS

Hoxe recibimos no instituto a Andrea Maceiras, que mantivo un coloquio co alumnado de 4º e ESO sobre o seu libro Europa Express, lido por este grupo.

Máis información no blogue do Departamento de Lingua Galega e no da Biblioteca A Esperela

PREMIOS NO CONCURSO "AMOR? AMOR! EN 100 PALABRAS"

 

Hoxe, 14 de febreiro, entregáronse os premios do concurso de microrrelatos convocado desde a biblioteca do centro. Nesta fotografía pódense ver os gañadores cos seus premios. Moitos parabéns!  Máis información aquí

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 

Comezan de novo este curso  os apadriñamentos lectores.Esta actividade promovidas desde a biblioteca A Esperela consiste en ir ás aulas de educación infantil do CEIP, con alumnado voluntario de cuarto de ESO, e contar contos de forma individual aos cativiños. É realmente bonito ver aos rapaces máis grandes provocando a emoción dos cativiños!

Ver as fotos aquí

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AO IES O MOSTEIRÓN

O pasado 3 de febreiro , a rapazada de 6º de Primaria do CEIP O Mosteirón  visitou as instalacións do Instituto e coñeceu as actividades nas que poderá participar o vindeiro curso. Máis información no blog na biblioteca A Esperela

Vídeo Igualdade de Xénero

Con motivo da celebración do día Internacional contra a violencia de xénero que tivo lugar o pasado 25 de novembro, este centro educativo participou nunha actividade promovida polo Concello de Sada relacionada coa Igualdade de Xénero. Como resultado final da actividade elaborouse unha curtametraxe na que o alumnado amosa o seu apoio a prol da igualdade de xénero.

ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE PING PONG

Campionato PING PONG
O 6 de febreiro tivo lugar a entrega de premios do campionato de PING PONG celebrado no IES  O MOSTEIRÓN dende e o mes de decembro. Esta actividade foi dinamizada nos períodos de lecer polo profesor de Educación Física Emilio Lousa. O gañador do torneo foi Pablo Fernández Darnís, alumno de 3º de ESO. Parabéns a todo o alumnado participante e, agora toca xogar no torneo de futbolín.

 

Distribuir contido