VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

4º de ESO CURSO 15-16
Os alumnos de 4º de ESO realizaron o 4 de novembro unha visita ao museo de Historia Natural, localizado en Santiago de Compostela. Na visita puideron coñecer unha das coleccións de minerais máis completas de Galicia, así como exemplares da fauna de diferentes zonas do planeta.
     
 
Contemplando animais da colección   Alumnado de 4º participante na visita

 

VISITA A SOTAVENTO 15-16

  O alumnado de 2º de ESO visitou o día 19 de novembro o parque eólico de sotavento, situado na serra da loba, no concello lugués de Xermade. A visita foi organizada polo departamento de Tecnoloxía e as actividades desenvolvidas incluíron a visita a unha casa construída con criterios bioclimáticos e domotizada. Na visita á casa os alumnos/as recibiron información sobre o aforro enerxético nos nosos fogares e os aspectos que hai que ter en conta para aforrar enerxía á hora de construír unha vivenda. Asemade o alumnado observou as partes básicas dun aeroxerador e recibiu información sobre a produción de enerxía eléctrica nun parque eólico.

SEMANA BRANCA 15-16

3º ESO 15-16

PREPARANDO A VIAXE

Viaxe á neve 15-16

 

 

O alumnado de 3º de ESO está traballando, en colaboración coa ANPA "Virxe do Carme" do IES O Mosteirón, o Concello de Sada e a profesora de Xeografía e Historia Mª José Vázquez; en recadar cartos para axudar á realización dunha viaxe a Jaca. Dende o sábado 14 de novembro, o alumnado vende produtos caseiros nun posto do Feirón de Sada. ¡Animádevos a ir ao feirón de Sada e mercar produtos no posto montado polo alumnado do noso centro educativo!

A viaxe á neve realizarase conxuntamente co alumnado do IES Fragas do Eume e, á parte de esquiar, aproveitarase a ocasión para coñecer o patrimonio cultural románico do Pirineo aragonés.

 

Alumnos/as do centro no posto de venda de produtos caseiros.    
     
NA ESTACIÓN DE ESQUÍ
     
 
Compañeiras de 3º de ESO a pé de pista    No comedor
     
 
Preparadas para esquiar   Descansando

SAÚDAN NA RADIO AO ALUMNADO DE LATÍN

   

 

 As alumnas e alumnos de Latín de 4º ESO están a participar no concurso semanal proposto pola sección Verba volant, dentro do programa No es un día cualquiera de RNE.

O latinista-tuitero, Emilio Del Río, saudou o domingo 25 de outubro aos nosos rapaces. O noso alumnado participa dende hai tres semanas enviando un correo electrónico coa resposta á pregunta formulada no programa sobre un aspecto da lingua ou a cultura latina.

A actividade ten como finalidade aproximar aos estudantes, de forma lúdica, ao mundo clásico a través da actualidade e os medios de comunicación, así coma a aprendizaxe de mitoloxía, a historia das palabras do paso do latín ás linguas romances e a adquisición de expresións latinas aínda utilizadas hoxe en día. Podedes escoitar o saúdo no minuto 8:25 do Podcast do día 25/10/15.

      ENLACE AO PODCAST (25/10/15)
     

 

 

DÍAS NON LECTIVOS 19-20

CURSO 18-19
Data/Período Observacións
04/11/19 Día non lectivo elixido polo centro. Autorizado pola Xefatura Territorial.
31/10/19 Día do ensino
NADAL Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, ámbolos dous incluídos.
ENTROIDO 24, 25 e 26 de febreiro.
20/03/20 Día non lectivo escollido polo centro. pedendente de autorización pola Xefatura Territorial da Consellería.
SEMANA SANTA Do 06/04/20 até o 13/04/20, ambos incluídos.
REMATE DO CURSO O día 19 de xuño rematan as clases.

 

HORARIOS DO CENTRO

HORARIO LECTIVO

8:30h a 14:10h de luns a venres.

Os luns hai clase pola tarde de 15:20 h a 17:00 h

   
HORARIO da SECRETARÍA 9:00H a 14:00h de luns a venres.
   

A saída dos buses do centro é as 14:45 h de martes a venres e os luns ás 17:05 h. 

CONVOCATORIA DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E TRANSPORTE ESCOLAR

O Concello de Sada convocou axudas para a escolarización e transporte escolar. O prazo para presentar as solicitudes remata o 1 de outubro. Tedes máis información no seguinte enlace:

 ENLACE Á PÁXINA DO CONCELLO DE SADA

 

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO 2014-2015

CALENDARIO DE ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO 14-15
XUÑO     ACTIVIDADES PROGRAMADAS Actualizada o 3 de xuño de 2015
MARTES  16  Recollida de libros de texto do programa de axudas 14-15 do alumnado de 3º de ESO que participa na viaxe a Salamanca.
VENRES 19  Remate das clases. Recollida de libros de texto do programa de axudas 14-15 do alumnado de: 1º , 2º, 3º e 4º ESO.
MARTES 23 

 Festa de fin de curso ás 11:00 h no "Salón de actos". ENTREGA de NOTAS ás 12:30 h nas aulas. Recollida das aulas. Préstamo de libros de texto do programa de axudas 14-15 para o alumnado con materias pendentes para setembro. Atención de aclaracións ás cualificacións.

XOVES 25

Atención de reclamacións ás cualificacións de 10:00 h a 13:00 h

VENRES 26               

Atención de reclamacións ás cualificacións de 10:00 h a 13:00 h

                       

ACTUACIÓN DE CHRYSTYAN MAGIC NO SALÓN DE ACTOS

 

ESPECTÁCULO DE MAXIA

O VINDEIRO MÉRCORES 20 DE MAIO TERÁ LUGAR NO SALÓN DE ACTOS, de 11:20 h a 12:10 H A ACTUACIÓN DO MAGO CHRYSTYAN MAGIC, DENTRO DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO POLO EDLG PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. A SESIÓN DE MAXIA ESTÁ DIRIXIDA A TODO O ALUMNADO DO CENTRO EDUCATIVO.

  A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE É  POSIBLE GRAZAS Á COLABORACIÓN ECONÓMICA DA ANPA "VIRXE DO CARME" DO IES O MOSTEIRÓN, E DO CONCELLO DE SADA.
   

ROTEIRO ROSALIANO 2015

O pasado 30 de abril, o alumnado de 3º de ESO   fixo unha actividade complementaria que denominamos o Roteiro rosaliano.

Trátase dun itinerario que segue parte da vida de Rosalía de Castro, dende o seu nacemento en Santiago de Compostela, o 24 de febreiro de 1837, ata o 15 de xullo de 1885 en que se produce a súa morte en Padrón.

         Unha sinxela ruta que percorre os camiños que ela percorreu, que fai meditar nos recantos nos que meditou. Un camiño que nos permite identificarnos intimamente con Rosalía e con Galicia, aínda que nos limitemos á cidade de Santiago de Compostela e á vila de Padrón.

Distribuir contido