CAMBIO NO NÚMERO DE TELÉFONO E FAX DO CENTRO EDUCATIVO

OS NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO E FAX DO CENTRO EDUCATIVO SON:

TELÉFONO: 881880949

FAX: 881880967

AXUDAS LIBROS DE TEXTO e MATERIAL ESCOLAR. FONDO SOLIDARIO. CURSO 16-17

 

CURSO 16-17

 

AXUDAS "LIBROS DE TEXTO"

e

AXUDAS "MATERIAL ESCOLAR"

 CURSOS AOS QUE AFECTA A CONVOCATORIA:

 AXUDAS LIBROS DE TEXTO: e de ESO

Contía das axudas:

.- 180 euros (renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros)

.- 104 euros (renda per cápita entre 5.400 e 9.000 euros)

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: , , e de ESO

.- 50 euros (renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros)

FONDO SOLIDARIO

 CURSOS AOS QUE AFECTA A CONVOCATORIA:

FONDO SOLIDARIO: e de ESO

Nº de libros:

Os libros asiganaranse por orde inversa á renda per cápita  ata esgotar as existencias do fondo.

Ás rendas indicadas a continuación correspóndelles:

6 libros (renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros)

4 libros (renda per cápita entre 5.400 e 9.000 euros)

Eventos:

14/07/16 Publicación da lista provisoria de solicitudes admitidas.

15/07/16 e 18/07/16 Prazo para realizar reclamacións.

15/09/16 Publicación da lista definitiva de solicitudes admitidas.

DEVOLUCIÓN LIBROS

O alumnado debe devolver os libros adquiridos co vale (1º e 3º ESO), ou os libros do fondo solidario (2º e 4º ESO), nas datas indicadas a continuación:

27 de XUÑO. Entre as 11:00 h e 13:00 h no centro educativo.

O alumnado que precise algún dos libros adquiridos co vale ou do fondo solidario para a convocatoria de avaliación extraordinaria de SETEMBRO, debe realizar a devolución destes exemplares o día da entrega de notas en setembro.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Para participar nas convocatorias de axudas e fondo libros o alumnado que adquirise libros de texto co vale do programa de axudas 15-16, ou o que recibise libros do fondo solidario, debe devolvelos en bo estado no centro educativo.

A non devolución dos libros, ou o seu deterioro, serán impedimentos para participar na convocatoria.

PRAZO de SOLICITUDE

A solicitude para: "Fondo solidario", "Axudas libros de texto" e "Axudas material escolar" presentaranse preferentemente no centro educativo entre o 18 de maio e 23 de xuño, ámbolos dous incluídos. Para o alumnado que repita 4º de ESO, e non presentase a solicitude no prazo anterior, abrirase un prazo extraordinario dun mes contado a partir do momento de matricularse en setembro.

IMPRESOS

Poden solicitarse no centro educativo ou descargarse na páxina da Consellería.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

ENLACE AO DIARIO OFICIAL DE GALICIA

ENLACE Á PÁXINA DA CONSELLERÍA

DONACIÓNS

ao

FONDO SOLIDARIO

Os interesados en realizar donacións de libros de texto de 1° e 3° de ESO ao Fondo Solidario poden efectualas na Conserxería do centro educativo deixando os libros nunha bolsa pechada co nome do alumno que cede os libros. O prazo límite para donar libros ao fondo remata o 7 de setembro. IMPORTANTE: Non se recollerán libros de texto de 2° e 4° de ESO.

 

 

 

IV ENCONTRO PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA

 

Os días 28 e 29 de abril o noso centro participou xunto con outros dezanove centros no IV Encontro para unha Convivencia Positiva que tivo lugar no IES Fraga do Eume. Do IES O Mosteirón asistiron unha profesora e dous alumnos de 1º da ESO. No encontro realizáronse diversos talleres ao redor da xestión das emocións e da medicación entre iguais, ademais de múltiples actividades que tiveron como obxectivo a convivencia e o intercambio de experiencias,  tanto entre profesores como entre alumnos. Estamos moi contentos e agradecidos de ter participado e damos os nosos parabéns á organización do encontro.

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Para conmemorar este Día do Libro tan especial, no que se cumpren catrocentos anos da morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, na Esperela organizamos unha actividade con alumnado voluntario de terceiro de ESO, coa finalidade de achegar estas dúas figuras (e dous dos seus personaxes) ao alumnado de Primaria. Tedes máis información sobre a actividade no seguinte ENLACE.

 

 

VIAXE DE ESTUDOS 4º ESO

                                                                                          CURSO 15-16
 
O alumando de 4º de ESO viaxou dende o 11 até o 17 de abril a Cataluña. A viaxe tivo carácter fundamentelmente lúdico-cultural e contemplou visitas a: barrio gótico, Sagrada Familia, La Pedrera, Cosmo Caixa, Figueres, Empúries, Port Aventura, etc. Como vedes hai onde elixir. Parabéns a tod@s os afortunados por participar nesta experiencia inesquecible! Esta viaxe de estudos conta coa colaboración económica do Concello de Sada a través da subvención que recibe a ANPA e o centro educativo para a realización das actividades complementarias e extraescolares.
 
   
No aeroporto de Barcelona   Descansando no barrio gótico
 
       
   
Na Sagrada Familia   Visitando as ruinas de Empúries  

AXUDAS "ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2016"

CONVOCADAS AS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016, DESTINADAS AO ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ABRANGUE DENDE O 29 DE MARZO ATÉ O 28 DE ABRIL (ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS).

TEDES MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE: AXUDAS LINGUAS ESTRANXEIRAS 2016

ACHÉGASE UN CADRO RESUMO DAS CONDICIÓNS DA CONVOCATORIA NOS ARQUIVOS ADXUNTOS.

 

EVENTOS:

16/05/16 PUBLICADAS AS LISTAS DE SOLICITUDES. DENDE O 17/05/16 ATÉ O 26/05/16 PÓDESE: EMENDAR OS ERROS, A FALTA DE DOCUMENTACIÓN, RECLAMAR E RENUNCIAR.

6/06/16 PUBLICADAS AS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS.   

20/06/16 PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS. TEDES MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:  LISTAXES DEFINITIVAS

08/08/16 PUBLICADA NO DOG 08/08/16 A ADXUDICACIÓN DAS AXUDAS.

XUNTANZA ANTIGAS ALUMNAS/OS e TRABALLADORAS/ES do MOSTEIRÓN

 
O DOMINGO 13 DE MARZO TIVO LUGAR NO IES O MOSTEIRÓN UNHA XUNTANZA DE ANTIGAS ALUMNAS/OS E TRABALLADORAS DOS CENTROS EDUCATIVOS-RESIDENCIA O MOSTEIRÓN. DESPOIS DE VISITAR O IES O MOSTEIRON OS ASISTENTENTES CONTINUARON A XORNADA CUN XANTAR. GRAZAS A TOD@S POLA VISITA!

ESCOLARIZACIÓN 16-17

ENLACE Á PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA COA NORMATIVA, IMPRESOS (Anexo I: Reserva de praza, Anexo II:Solicitude admisión ), ETC, DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN DO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2016-2017


                           ENLACE Á PÁXINA DA CONSELLERÍA

 

CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2016-2017
Reserva de praza (centros adscritos)

Do 1 ao 15 de febreiro de 2016 no centro de orixe. A reserva de praza( Anexo I, ver enlace) , para o alumnado de 4º de ESO que queira estudar Bacharelato no IES Isaac Díaz Pardo de Sada, entregarase na Secretaría do IES O Mosteirón.

ANEXO I

Publicación de vacantes  Antes do 1 de marzo
Solicitude de admisión

Do 1 ao 29 de marzo de 2016 no centro solicitado como 1ª opción. O impreso de admisión (ANEXO II) pode descargarse no enlace inferior. Poden solicitar se o desexan unha copia no centro educativo.

ANEXO II

Publicación da lista provisional de admitidos

Antes do 25 de abril.
Publicación da lista definitiva de admitidos Antes do 15 de maio.
Formalización matrícula ESO

Ordinaria: Do 25 de xuño ao 11 de xullo.

Extraordinaria: Do 1 ao 10 de setembro.

 

 

IMPORTANTE: O IES O MOSTEIRÓN NON ESTABLECE NINGÚN CRITERIO COMPLEMENTARIO AOS EXISTENTES NA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 QUE REGULA O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO. (APROBADO EN CONSELLO ESCOLAR O 02/04/2013)

 

EVENTOS:

12/02/16 Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 16-17. (Ver enlace á páxina da Consellería )

16/02/16  Incluídas na sección de arquivos adxuntos as instrucións da Dirección Xeral de Centros e da Xefatura Territorial en relación ao proceso de admisión do alumnado.

25/02/16  Aprobación polo Consello Escolar das solicitudes de reserva de praza realizadas polo alumnado do centro adscrito "CEIP Plurilingüe O Mosteirón". Publicación da información básica que regula o proceso de admisión e das vacantes ofertadas no taboleiro de anuncios.

25/02/16 Resolución do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 16-17. Véxase enlace á páxina web da Consellería.

22/04/16 Publicación da lista provisoria de alumnado admitido. 

13/05/16 Publicación da lista definitiva de alumnado admitido.

 

VACANTES 2016-2017
1º ESO      26+6 NEAE
2º ESO       18
3º ESO       36
4º ESO       30

                                                                                        

                                                 CURSO 16-17      
RESERVAS 1º ESO ADMITIDAS  AS 28 SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA DO CEIP PLURILINGÜE O MOSTEIRÓN FORON ADMITIDAS EN CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O 25/02/16
LISTA PROVISORIA ALUMNADO ADMITIDO Non houbo solicitudes de admisión. Non houbo renuncias ás solicitudes de reserva de praza do alumnado do CEIP Plurilingüe O Mosteirón. (Aprobado en Consello Escolar o 21-04-16) Véxase o ficheiro adxunto coas reservas de praza admitidas.
IMPORTANTE: Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta lista, para formular ante o Consello Escolar as reclamacións oportunas.

 

                                                   CURSO 16-17     
LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO Non houbo solicitudes de admisión. Non houbo renuncias ás solicitudes de reserva de praza do alumnado do CEIP Plurilingüe O Mosteirón. (Aprobado en Consello Escolar o 13-05-16) Véxase ficheiros adxuntos.
IMPORTANTE: As persoas interesadas poderán intepoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.  

VISITA Á CASA DO HOME E AO AQUARIUM

3º ESO CURSO 2015-2016
 

 
O alumnado de 3º de ESO do IES O Mosteirón acudiu o día 10 de novembro de 2015 a visitar a DOMUS e o AQUARIUM.
A visita foi programada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e como profesora acompañante do alumnado foi Leonor Prieto. Durante a visita o alumnado puido observar  especies mariñas  dos ecosistemas atlánticos.
Distribuir contido