Saídas Didácticas
Colaboración do Concello nas AAEE
O Concello de Sada colabora co noso centro educativo na
realización das actividades extraescolares e complementarias.
O LORO DE CARLOS V
O director da Ópera O loro de Carlos V, Nani García, visitou o noso centro e fixo un percorrido de forma amena e ilustrada por diversas cuestións que se plantexan sobre a música e a profesión de autor na actualidade, tendo como fío condutor o proceso de creación da obra O loro de Carlos V.
Posteriormente, o alumnado de 3º e 4º ESO asistiu á estrea da Ópera no Teatro Colón da Coruña, coa presenza da Orquestra Sinfónica de Galicia e con Miguelanxo Prado como deseñador de personaxes e escenografía.
VISITA Á LIBRARÍA "MOITO CONTO"
Para conmemorar a Semana do Libro, hoxe fixemos co alumnado de 3º ESO a nosa xa tradicional visita á libraría "Moito conto", onde escoitamos as libreiras e escollimos libros para A Esperela. Saímos ben cargados!
CONTOS DE MEDO NO FORUM METROPOLITANO
Hoxe, o alumnado de 3º ESO desfrutou dunha sesión de contos de medo e misterio da man de Raquel Queizás no Fórum Metropolitano.
Excursión a Asturias, dos alumnos de 2º da ESO, abril do 2019
Asturias do 4 ao 6 de abril de 2019
(PREMA AQUI PARA ACCEDER AO ALBUM DE FOTOS)
alumnos participantes na saída: 2º ESO
VISITA Á BIBLIOTECA DE SADA
Hoxe , o alumnado de 2º de ESO visitou Biblioteca Pública Municipal "Ramón Suárez Picallo". Alí coñeceu os fondos da biblioteca, a súa orde e colocación, os criterios de selección, a búsqueda online... A visita rematou cunha sesión de contacontos (a adaptación dun texto de Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes) a cargo do actor Ramiro Neira.
PATINAXE PARA DESPEDIR O TRIMESTRE.
Hoxe tocou a merecida recompensa despois da avaliación do primeiro trimestre. Despois da entrega de notas, fómonos todos a patinar. A actividade estivo organizada polo departamento de Educación Física.
CONVENIO COLABORACIÓN CONCELLO DE SADA IES O MOSTEIRON
No documento achegado podedes consultar o convenio de colaboración que firmaron Concello e Instituto, polo cual o primeiro subvenciona, ao segundo, parte do coste das saídas didacticas que realiza.
SAÍDA DIDÁCTICA A ORTEGAL
O pasado día 22 de outubro o alumado de 4º de ESO do noso IES realizou unha saída didáctica ao Cabo Ortegal para coñecer a formación xeolóxica dese espazo natural da costa norte galega así como tamén a contorna xeográfica dese espazo. Organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia.
OBRADOIRO DE DOBRAXE
O Departamento de Lingua Galega e a nosa biblioteca, A Esperela, levamos o alumnado a un obradoiro de dobraxe organizado pola Biblioteca da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. A rapazada saíu encantada!!