Normalización

Club lectura

 

§   Na primeira sesión do club preséntaselles o libro “O neno do pixama a raias” de John Boyne  para ler no mes de outubro. Sesión realizada pola profesora Carme Cociña o 27 de setembro.

1)    Lecturas en narrativa propostas para as sesións dos recreos

Como se mencionou estas lecturas son propostas pola profesora Carme Cociña coa colaboración da  coordinadora do club.

§   “O NENO DO PIXAMA A RAIAS” de John Boyne, lido no mes de outubro e comentado na sesión do 8 de novembro. 

 


 

   “ANNE AQUÍ, SÉLIMA ALLÍ” de Marie Féraud. Lectura proposta ás alumnas no mes de novembro. Comentada o 18 de decembro.

 

§   “OLLOS DE AUGA” de Domingo Villar. Para o préstamo destes libros pedimos colaboración ao IES Perdouro cun préstamo intercentros. O comentario da lectura e do cuestionario pasado ás alumnas fíxose na sesión do 31 de xaneiro. Propónselles Tristes Armas para o mes seguinte.

 

§   “TRISTES ARMAS”, de Marina Mayoral. Obra comentada coas clubeiras na sesión do 28 de febreiro (compartindo a mesa con Rosalía). A seguinte proposta é O único que queda é o amor.


 

§ “O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR”, de Agustín Fernández Paz. A lectura dos relatos foi realizada no mes de marzo e traballada na sesión do 18 de abril.

                  

 

 

 

Conferencia de Bernardo Penabade e Nícola Berminghan

o 27 de maipo de 20013 os profesores Bernardo Penabade e Nícola Berminghan impartiron unha conferencia aos alumnos de 2º de BAC para comentarlles o importante que é a aprendizaxe de linguas neste noso mundo tan global.

O profesor Penabade espuxo a súa análise do Modelo Burela e como este entronca directamente cunha educación plurilingüe desde a primeira infancia.

A profesora Berminghan comentou a súa experiencia: como  é posible dominar cinco linguas ( inglés, francés, español, gaélico e galego) con apenas 24 anos.

Foi unha sesión extraordinaria de Sociolingüística para estes rapaces de 2º de BAC que van ter que desenvolver este tema nos próximos días nas probas da PAAU.


LETRAS GALEGAS - 2013

O Centro Dramático Galego estrea «Días sen gloria»


Un camiño de morte e amor. De secretos, persecucións e expiacións. De descridos que conservan certa fe ou de mercenarios dispostos a morrer por boas causas e de balde. Todas estas cousas están presentes e vivas en Días sen gloria, a obra que o Centro Dramático Galego escolleu para celebrar a Roberto Vidal Bolaño e o primeiro Día das Letras Galegas decidido a celebrar o teatro.


Mil «primaveras» Correlingua - 2013

A festa lingüística e cultural reflectiuse  na comarca a través das xeracións máis novas, que representan o futuro de Galicia. Os estudantes, un ano máis, foron os convidados principais do Correlingua, que discurriu este ano nun día non moi primaveral precisamente por Mondoñedo, onde tamén latexa forte unha lembranza, ao ser berce esta localidade dun escritor tan universal como foi Álvaro Cunqueiro. Aínda que precisamente este ano se lembra máis a figura protagonista das Letras Galegas 2013, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, e a sempre nosa Rosalía de Castro, polos 150 anos de Cantares.

Un millar de alumnos

 
 



Charla-conferencia Matías Escalera

Nace en Madrid en 1956 pero a súa infancia transcorre en Cáceres. É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Madrid.

Unha bolsa do Instituto Pushkin levouno a Moscova seis meses en plena etapa da Perestroika liderada por Mijail Gorbachov. Desde alí trasladouse a Ljubljana ( capital de Eslovenia) en cuxa universidade traballou como profesor de Lingua e Literatura Españolas.

Uns meses antes do comezo da guerra civil xugoslava (1991) volveu definitivamente a España para incorporarse ao corpo de profesores de Secundaria en Alcalá de Henares.

Estes catro anos na Europa oriental foi testemuña da transformación daquel estatus socio-político e do nacemento do actual mundo globalizado.

Desde a Acampada de Sol en maio do 2011 participou en distintos eventos do movemento 15M e é un dos impulsores da Marea verde da zona Leste de Madrid en defensa da Escola Pública.

 

 


Alén diso, está implicado na loita pola recuperación da memoria histórica que elmbre as vítimas da represión franquista en Cáceres durante a Guerra Civil e a posguerra.

Todas estas vivencias e os seus anos de militancia política vense reflectidas nos seus artigos de prensa e en toda a súa obra literaria.

Cultiva todos os xéneros literarios porque segundo as úas propias palabras  "O xénero elíxeme a min e non ao revés"

Novela: Un mar invisible

Relatos: Historias de este mundo

Poesía : Versos de invierno.

Teatro : Búscate la vida

Ensaio: Memorias de un profesor malhablado

Alén de colaborar en Antoloxías e obras colectivas.

Hoxe está entre nós para comentar o seu libro de relatos  " Historias de este mundo" do que os nosos alumnos de 1º de BAC leron  "El ojo de cristal" coa profesora Mónica Martín.

Remata a súa intervención expoñendo a súa opinión sobre a situación actual das Comunidades Bilingües, o caso galego en particular e as perspectivas de futuro.


Maratón de lectura-2013

O alumnado de 3º e un grupo de 1º ciclo da ESO , participaron no maraton de lectura , organizado polo Concello de Burela. Leron o poemario enteiro de Cantares Galegos, coincidindo co 150 aniversario de Rosalía de Castro.

Charla -coloquio por Francisco Piñeiro

http://3.bp.blogspot.com/_OE20R_RHlmI/TAo4sdTV3pI/AAAAAAAAANA/f1KmGJD50ro/1+091.jpg 

Paco comparte con Manuel Lourenzo e Woody Allen a súa dedicación en corpo e
alma ao espectáculo. É desas persoas que imaxina e escribe o guión, que
busca os actores e actrices para ensaiar o espectáculo, que dirixe os
ensaios e que fai de actor. Polo tanto: é dramaturgo, actor e director
teatral. Que eu saiba, a diferenza con Woody Allen é que Paco nunca compuxo
a música para ambientar as súas pezas.

Mais Paco non é unicamente dramaturgo. Ten obra nos outros tres xéneros: a
narrativa, a poesía e o ensaio.

Precisamente un dos seus ensaios recentes é o titulado *Historia do teatro
afeccionado na Mariña. O libro* foi publicado recentemente pola Deputación
de Lugo.

Aquí o tedes:

Profesor de Ciencias Naturais

Escritor nos catro xéneros

Colaborador da prensa periódica

Impulsor dunha asociación cultural

Actor nun grupo de teatro (O Bordelo de Cervo) e director noutros dous (A
Adala, de Fazouro; e O Batán de Cangas).

 

 


Día Internacional da Muller

O xoves 14 de marzo tivemos unha sesión didáctica especial coa participación da profesora de Historia Herminia Pernas Oroza.
A razón desta clase especial é a nosa particular celebración do día 8 de marzo; é verdade que isto xa foi a semana pasada pero estamos convencidos de que o Día Internacional da Muller Traballadora son todos os días, non só o día institucional.
Todos os anos facemos a nosa particular homenaxe á Metade- Sempre- Esquecida- da Humanidade.As nosas nais, avoas e antepasadas, maiormente alleas ao devir dos acontecementos políticos, pero absolutamente imprescindibles se queremos entender a historia da humanidada e, por suposto, se queremos saber onde temos afincadas as nosas raíces.
A Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago, colaboradora en proxectos de investigación da USC , do Museo de Pobo Galego e de Consello da Cultura Galega, autora do seu último traballo de investigación (Historia das Mulleres en Galicia, época contemporánea) repasou para os alumnos de 2º de BAC a vida e traballos da muller galega desde finais do século XIX até a actualidade. Unha memoria rigorosa para que nunca esquezamos de onde vimos . 
A fraseoloxía popular di que " se queremos voar temos que ter as raíces ben afincadas".


Carmen Cociña

150 aniversario de Cantares galegos

  1. Rosalía  é a muller que reúne en si os rasgos esenciais de Galiza.

Ela é o símbolo da poeta dotada dunha especial capacidade para percibir o misterio e acadar as profundidades do ser.

Ela descobre a harmonía que latexa debaixo de modestas realidades como o badalar das campás  de Bastabales.

Pero esta  perfección tamén pode agachar a destrucción como en "Negra sombra", consciencia da dor existencial.

Tamén é a poeta que asume a dor allea, introducíndoa no propio ser " Airiños, airiños, aires...".

Rosalía é unha Galiza ferida que se revolta contra as circunstancias socio-políticas determinadas: " Pobre Galicia non debes chamarte nunca española...".

A súa poesía conecta coas liñas mestras da arte comtemporánea  a ela ; unha arte que se atreve a aseverar que o mundo en si non existe: existe a emoción do mundo en nós, anulando a distancia entre o EU que contempla e o obxecto contemplado:

Carmen Cociña


" Daquelas que cantan
ás pombas e ás flores,
todos din que teñen 
alma de muller

POis eu que no-as canto
_ Virxe da Paloma-
ai, de que a terei?

 
 

Proxecto Neo nº 39.2 - ANTÓN CREGO

PROXECTO NEO cumpriu un ano e quixemos celebralo cun programa especial. Organizamos unha festa con música ao vivo.


Pedimos colaboración a Antón Crego e tivémola non só del. Con nós estiveron tamén Xabier Mazaira López (aos mandos dun violino) e Álvaro Crego Deán (nos teclados e co acordeón).

O que fora integrante do grupo A Quenlla durante trece anos (1984-1997), compositor e intérprete (guitarra, percusión e voz), evocounos o seu período de formación en Lugo e falounos da súa relación con escritores como Uxío Novoneira, Manuel María e Darío Xoán Cabana e co profesor Xesús Alonso Montero, de quen foi alumno.
Matías Nicieza púxolle voz ás mensaxes enviadas por Mero Iglesias, Francisco Piñeiro e María do Carmo Cociña. Xa na parte final, recollemos de viva voz o cariño de Marica Campo. A nosa escritora foi presentada por Xoel Xeada desta maneira:

Marica Campo é escritora. Deu clase en San Cibrao e en Xove. Viviu durante varios anos no lugar do Torrillón, na Regueira. É autora de numerosas obras de poesía, narrativa e teatro. Mais hoxe está con nós en calidade de trovadora ou o que é o mesmo: compositora de letras de cancións. Compuxo para Fuxan os Ventos, para a Quenlla, para Tino Vaz… e seguro que para moitos outros que nós non coñecemos.

 

Como complemento á introdución musical de J. Sebastian Bach executada por Xabier Mazaira, despedimos o programa coa maxia de Álvaro Crego aos mandos do acordeón. Foi unha magnífica homenaxe ao seu avó, que lle transmitiu en herdo o amor por ese instrumento.


Aquí o audio do programa nº 39.2 con Antón Crego. Que haxa bon proveito.

Distribuir contido