Normalización

PREMIO TRAPERO PARDO

 O Concello de Lugo convoca o 16º Certame de Contos e Relatos Curtos "Trapero Pardo" para fomentar a creatividade literaria entre os estudantes lucenses.

-Categoría de 12 a 14 anos:

1º Premio: Diploma, lote de libros e premio valorado en 200€.

Gañadora: Lorena Barrera López, alumna de 3º ESO do IES Monte Castelo

2º Premio: Diploma, lote de libros e premio valorado en 100€.

Gañadora: Amara Chao Durán, alumna de 3º ESO do IES Monte Castelo

   

Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro

Recital poético


VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAGOSTO 2012

O luns 19 de novembro o instituto Monte Castelo celebrou o "XI Magosto". Ademáis de comer as castañas os alumnos participaron nos distintos xogos populares (carreira de sacos, o brile,o pano, a petanca, a comba, a peonza, as cadeiras....) que programaron para eles os estudantes do Ciclo de Actividades Físicas e Deportivas.


Día da Ciencia en galego

Celebramos o III Día da Ciencia en Galego

O luns 5 de novembro pola mañá " Exposición a redor da bicicleta" no que participa o departamento de tecnoloxía realizando unha exposición temática sobre a bicicleta na entrada do centro. Ademáis cada alumno aporta unha foto dunha bicicleta e inclúe un lema para animar a usar este medio de transporte que evita a contaminación do planeta.

Pola tarde ás 16:15  ¡¡¡Animate, Ven ó centro en Bici!!

Chegada ó centro en bicicleta.Recepción nos exteriores do IES. Realización de diferentes actividades programadas. Exhibición de BMX (acrobacias extremas en

samaín 2012

 O NOSO SAMAÍN E A FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS

 

Séculos antes de que o cinema de Hollywood exportara ao mundo a festividade de Halloween, en moitos lugares de España e de Hispanoamérica celebrábase o día e a noite de Samaín, xornadas nas que a xente poñía nas súas casas cabazas xunto a vasos de viño e alimentos.

 

            Pola mañá comprobábase que os espírutos tomaran aquelas comidas e bebidas antes de voltar ás súas tumbas até o ano seguinte.

 

            Os nosos avós aínda lembran o nome de Samaín, termo celta que perdura desde hai case que 3000 anos, e que tamén se chama así en Irlanda, que o exportou a Estados Unidos e este devolvéunolo agora co seu terrorífico cine gótico-humorístico.

 

            O cristianismo inicialmente tratou de erradicalo por considrealo unha festa pagana, pero, finalmente, o papa Gregorio IV converteu o vello Samaín na festa de Todos Os Santos no ano 840.

 

            A festividade Céltica do Samaín descríbese como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, tiñan autorización para camiñar entre os vivos, dándolle á xente a oportunidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

 

            Rafael López Loureiro redescubriu que esta tradición tan nósa existía en toda Galicia até hai menos de 30 anos co nome de Magosto. Ademais, comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres e nas zonas de León e Zamora próximas a Galicia, onde a lingua e as tradicións galegas están moi arraigadas.

 

            Aínda que hoxe en día a festa de Halloween ten un claro interes comercial, o noso Samaín ten unha grande forza en vilas como: Cedeira, Ferrol, Quiroga e toda a provincia de Ourense.

 

Carme Cociña


 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

171 Aniversario do nacemento de Rosalía

             ROSALÍA SEMPRE NO RECORDO

 

                 VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO:


Rosalía de Castro foi e será sempre un exemplo de  perseverancia, esforzo, humildade e paixón. Ela sempre quixo defender un pobo sen voz e valorar a visión de todos aqueles aos que ninguén lles facía caso e trataban de ignorantes. Rosalía naceu en Santiago de Compostela, pero criárona unhas tías que vivían pretiño, na aldea de Ortoño. Ali medrou e aprendeu a falar. Como a xente de Ortoño falaba galego, Rosalía aprendeu esta lingua e as cousas bonitas que nela lle cantaban, o que lle axudou a ser poeta. En Ortoño aprendeu tamén a coñecer as árbores e as flores, as estacións do ano, a xogar polos camiños  cós paxaros e a mollarse coa choiva. Tamén viu traballar a xente, e aprendeu que os homes tiñan que emigrar e que as mulleres quedaban soas cos meniños pasando moitos traballos, de aí moitas das súas poesías. Máis tarde, coa súa nai viviu en Padrón e en Santiago, daquela a súa vida era moi diferente, xa que ía a escola coma calquer outro neno, debuxaba, pintaba, tocaba a guitarra e a frauta etc. Encantaballe representar obras teatrais, o que lle axudou a fomentar o seu gusto pola lectura e sobre todo pola escritura. Cando tiña dezanove anos marchou para Madrid onde coñeceu escritores moi importantes naquela época, entre eles  Manuel Murguía co que casou, tiveron sete fillos, dos que se criaron soamente cinco: Alexandra, Aura, Gala, Ovidio e Amara. Naquela época escribiu “Cantares Gallegos”, un dos libros máis importantes da nosa literatura, de aí a celebración do día das Letras Galegas; cando se celebra a publicación deste libro. Rosalía e a súa familia cambiaron moito de fogar e ela non se afacía en ningún lado como en Galicia. Rosalía compuxo o libro “Follas Novas”, formado por poemas dedicados aos que tiñan que marchar, as inxustizas que se facían cos pobres e a emigración. Tamén escribiu un libro de poesía en castelán, “En las Orillas del Sar”.
Rosalía pasou os seus últimos días en Padrón, nunha casa que agora é un museo dedicado a súa obra, enterrouse en Santiago de Compostela no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval. Os seus poemas non só recorreron Galicia, senon que foron traducidos a miles de linguas e viaxaron por moitas partes do mundo.

Irene Rico 1º ESO A



                          

Presentación da revista "O Trasno"

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ?


Hai que ver!                                                                   
Como que di
Día da Terra
Día do Libro
Día das letras Galega

Tod@os os nen@s coa súa pomba!!
Tod@s?
Depende de onde se naza
Nos lugares das minas
Nos lugares das armas
Nos lugares das mulleres maltratadas

As nosas felices pombas
os nosos silencios,
tod@s somos cómplices,
A paz é só un soño!!
Berremos contra o silencio,
contra a inxustiza,
contra a resignación,
contra a ira…

Todos os días do ano son días de Paz
na sonata das estrelas
na sonata do mar


              Mª do carme Cociña

Viaxe cultural a Madrid

Viaxe cultural Madrid
  19/12/2011-22/12/2011
O pasado dezanove de decembro partimos a Madrid para facer unha visita ós lugares de interese para o temario que corresponde co temario de 2º de bacharelato.  De camiño a Madrid fixemos unha parada en Labajos (Segovia) para visitar o monumento na honra de Ónesimo Redondo Ortega, dirixente nacional sindicalista;  un dos fundadores da JONS, que mais tarde pasaría a chamarse Falange Española de la JONS. No lugar no que se atopa o dito monumento morreu este personaxe histórico, asasinado polo bando contrario a súa ideoloxía simplemente por un erro de vestimenta.
Tras xantar neste lugar dirixímonos cara a Madrid onde a nosa primeira visita foi o Palacio Real.

Este palacio foi construído entre 1738 e 1755 por orde de Carlos III o cal o utilizou como residencia. Este edificio sería proposto a todos os sucesores á coroa como vivenda, os cales aceptaron agás o actual monarca Xoán Carlos I, que decidiu adoptar como vivenda familiar o Palacio da Zarzuela xa que a extensión deste era moito máis reducida, reservando aos actos oficiais e de protocolo.
Unha vez rematada esta visita dirixímonos cara o albergue e logo fomos até a Porta do Sol onde dimos un paseo polos arredores.
Ao día seguinte visitamos a cidade de Toledo onde unha visita guiada no autobús nos permitiu observar e coñecer as aforas e marabillosas vistas de Toledo.
 
Ao rematar a visita en bus continuámola a pé, contando en todo momento cun guía, o cal nos mostrou toda a cidade. O guía comentounos que inicialmente había dez sinagogas e mesquitas pero na actualidade só se conservan dúas de cada a parte das oitenta e tres igrexas.
Na catedral, a cal ten trescentos anos, puidemos observar a custodia, peza de gran peso de ouro que se saca unha vez ao ano nunha procesión. Tamén algunhas das grandes pinturas do Greco, un dos grades pintores que deu nome a Toledo. Durante o día, ademais de contemplar a antiga capital española, puidemos gozar de tempo libre para patinar sobre xeo, nunha pista improvisada, a parte de pasear polas rúas de Toledo.

O terceiro día disfrutamos dunha visita ao Senado e ao Congreso, neste último estivemos acompañados por dous deputados galego, Jaime de Olano e Laura Seara, ambos os dous licenciados en dereito. No Senado fixemos unha breve visita breve para coñecer as instalacións, por outra banda no Congreso a visita foi máis ampla na que puidemos observar o hemiciclo e nel, unha das cousas que máis nos impresionou, ademais do seu pequeno tamaño en comparación co que podemos ver nos medios, foros as balas de Tejero.

Á tarde dividímonos en dous grupos, uns foron ao museo do Prado mentres que outro ao xardín botánico. Os dous grupos disfrutaron da súa respectiva visita e pareceulle moi interesante e eniquecedora.

Esa mesma noite disfrutamos dun espectáculo de danza e luz no treato del Canal, chamado Momix Remix.

Finalmente o último día tras levantarnos e almorzar fomos directamente a O Escorial. Onde visitamos o mosteiro que serviu de vivenda para o rei Filipe II e onde hoxe en día se atopan enterrados todos os descendentes da familia Real que así o desexaron.
Hoxe en día o Palacio de San Lorenzo do Escorial é un mosteiro no que se atopan os monxes da Orde dos Agustinos.
Foi deseñado por un nobre e considerado arquitecto toledano o cal baixo a petición do rei, creou o edificio cas comodidades máis esenciais do momento. Así pois enfocouno completamente arredor dunha Igrexa a cal se podía ver e escoitar dende os puntos clave da vivenda, aqueles de intres para o rei.
O lugar foi escollido polo rei (tras vencer na batalla de San Quintín) posto que desexaba un lugar tranquilo onde puidese descansar pero que á súa vez se atopase cerca da cidade principal; Madrid.
 
Tras esta visita, acudimos a O Val dos Caídos  para realizar unha pequena e breve parada, pois o tempo do que dispoñiamos era moi escaso.
O Val dos Caídos foi mandado construír por Franco, ditador que resultou tras o golpe de Estado realizado en 1936.
Así pois este lugar, próximo ó Escorial, construíuse no ano 1940 e rematase en 1958  cas mans e suor dos prisioneiros de guerra que tal cacique tiña encadeados. Moitos dos cales posteriormente foron enterrados en fosas comúns,  xunto os caídos na batalla.
O lugar no que nos adentramos entón, era quizais un pouco tenebroso, e o que posiblemente máis chamara a atención eran as enormes dimensións decoradas con grandes estatuas e esculturas
Vista exterior.
 Vista interior.


Tras esta leve parada que apenas durou media hora collemos xa o autobús camiño de Ávila.
Unha cidade de dimensións bastante reducidas pero historicamente concentrada, tanto que foi declarada patrimonio da humanidade en 1985 .Digo concentrada posto que nela podemos atopar abundante cantidade de edificacións e estruturas significativas e históricas nun territorio moi escaso.
Nela paramos para comer e tivemos un pouco de tempo libre ata pilla-lo tren turístico que nos permitiu realizar un divertido pequeno percorrido polos principais lugares da cidade.
 
Por último xa entrando en Galiza paramos para realizar a última cea e como non, na nosa terra tiña que ser a máis saborosa. Así pois disfrutamos dun churrasco e dun “brindis” para celebrar o marabillosa que foi a totalidade da viaxe.





Distribuir contido