171 Aniversario do nacemento de Rosalía

             ROSALÍA SEMPRE NO RECORDO

 

                 VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO:


Rosalía de Castro foi e será sempre un exemplo de  perseverancia, esforzo, humildade e paixón. Ela sempre quixo defender un pobo sen voz e valorar a visión de todos aqueles aos que ninguén lles facía caso e trataban de ignorantes. Rosalía naceu en Santiago de Compostela, pero criárona unhas tías que vivían pretiño, na aldea de Ortoño. Ali medrou e aprendeu a falar. Como a xente de Ortoño falaba galego, Rosalía aprendeu esta lingua e as cousas bonitas que nela lle cantaban, o que lle axudou a ser poeta. En Ortoño aprendeu tamén a coñecer as árbores e as flores, as estacións do ano, a xogar polos camiños  cós paxaros e a mollarse coa choiva. Tamén viu traballar a xente, e aprendeu que os homes tiñan que emigrar e que as mulleres quedaban soas cos meniños pasando moitos traballos, de aí moitas das súas poesías. Máis tarde, coa súa nai viviu en Padrón e en Santiago, daquela a súa vida era moi diferente, xa que ía a escola coma calquer outro neno, debuxaba, pintaba, tocaba a guitarra e a frauta etc. Encantaballe representar obras teatrais, o que lle axudou a fomentar o seu gusto pola lectura e sobre todo pola escritura. Cando tiña dezanove anos marchou para Madrid onde coñeceu escritores moi importantes naquela época, entre eles  Manuel Murguía co que casou, tiveron sete fillos, dos que se criaron soamente cinco: Alexandra, Aura, Gala, Ovidio e Amara. Naquela época escribiu “Cantares Gallegos”, un dos libros máis importantes da nosa literatura, de aí a celebración do día das Letras Galegas; cando se celebra a publicación deste libro. Rosalía e a súa familia cambiaron moito de fogar e ela non se afacía en ningún lado como en Galicia. Rosalía compuxo o libro “Follas Novas”, formado por poemas dedicados aos que tiñan que marchar, as inxustizas que se facían cos pobres e a emigración. Tamén escribiu un libro de poesía en castelán, “En las Orillas del Sar”.
Rosalía pasou os seus últimos días en Padrón, nunha casa que agora é un museo dedicado a súa obra, enterrouse en Santiago de Compostela no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval. Os seus poemas non só recorreron Galicia, senon que foron traducidos a miles de linguas e viaxaron por moitas partes do mundo.

Irene Rico 1º ESO A