Charla-conferencia Matías Escalera
Nace en Madrid en 1956 pero a súa infancia transcorre en Cáceres. É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Madrid.
Unha bolsa do Instituto Pushkin levouno a Moscova seis meses en plena etapa da Perestroika liderada por Mijail Gorbachov. Desde alí trasladouse a Ljubljana ( capital de Eslovenia) en cuxa universidade traballou como profesor de Lingua e Literatura Españolas.
Uns meses antes do comezo da guerra civil xugoslava (1991) volveu definitivamente a España para incorporarse ao corpo de profesores de Secundaria en Alcalá de Henares.
Estes catro anos na Europa oriental foi testemuña da transformación daquel estatus socio-político e do nacemento do actual mundo globalizado.
Desde a Acampada de Sol en maio do 2011 participou en distintos eventos do movemento 15M e é un dos impulsores da Marea verde da zona Leste de Madrid en defensa da Escola Pública.
Alén diso, está implicado na loita pola recuperación da memoria histórica que elmbre as vítimas da represión franquista en Cáceres durante a Guerra Civil e a posguerra.
Todas estas vivencias e os seus anos de militancia política vense reflectidas nos seus artigos de prensa e en toda a súa obra literaria.
Cultiva todos os xéneros literarios porque segundo as úas propias palabras "O xénero elíxeme a min e non ao revés"
Novela: Un mar invisible
Relatos: Historias de este mundo
Poesía : Versos de invierno.
Teatro : Búscate la vida
Ensaio: Memorias de un profesor malhablado
Alén de colaborar en Antoloxías e obras colectivas.
Hoxe está entre nós para comentar o seu libro de relatos " Historias de este mundo" do que os nosos alumnos de 1º de BAC leron "El ojo de cristal" coa profesora Mónica Martín.
Remata a súa intervención expoñendo a súa opinión sobre a situación actual das Comunidades Bilingües, o caso galego en particular e as perspectivas de futuro.