Normalización
O CLUBE DE LECTURA DO IES MONTE CASTELO NO PROXECTO NEO
Enviado por Esperanza o Mér, 11/02/2015 - 15:58Na parte final do programa, falamos con catro mozas do Clube de Lectura do IES Monte Castelo, que nos acompañaron desde o comezo. Teresa Bermúdez, María Caamaño, Pilar Romero e Laura R. Salazar contáronnos as súas respectivas experiencias no clube de lectura dirixido pola profesora Cecilia Martín Trenor.
EU SON MALALA
Enviado por Esperanza o Mér, 11/02/2015 - 15:54Cando os talibáns tomaron o control do val de Swat en Pakistán, unha nena alzou a súia voz. Malala Yousafzi negouse a ser silenciada e loitou polo seu dereito á educación.
Tiña só quince anos o 9 de outono de 2012 cando estivo a piques de pagar coa súa vida a súa postura. Disparáronlle na cabeza cando volvía da escola e estivo á beira da morte, pero o destino quixo que se salvase para converterse no símbolo global da protesta pacífica, e hoxe é o Premio Nobel da Paz máis xove da historia.
Cando lemos este libro temos a impresión de que o poder dunha soa voz pode cambiar o mundo.
A voz dunha nena, cunha familia, cuns profesores, cuns libros...poden cambiar o mundo.
Ela devólvenos a esperanza de que un mundo mellor é posíbel, de que podemos devolverlles a dignidade, a paz e o dereito á igualdade de oportunidades a tod@s aquel@ que permanecen silenciad@s, humillad@s, maltratad@s...
É a única maneira de rematar dunha vez co medo e coa desesperanza, de converter o silencio en forza, poder e valor.
CERTAME DE BELÉNS E ÁRBOLES DE NADAL
Enviado por Esperanza o Mér, 24/12/2014 - 13:21
Os nosos alumnos do primeiro ciclo da ESO participaron no certame de Beléns e Árbores de Nadal convocado polo Seminario de Lingua Galega en colaboración con Dinamización Lingüística. Os gañadores foron: |
|
1º.- Christian López Vázquez |
2º.- Xoel Álvarez López |
3º.- Claudia Pernas Dayán |
3º.- Noelia Artime López (Belens) |
CERTAME DE BELÉNS E ÁRBOLES DE NADAL
Enviado por Esperanza o Mér, 24/12/2014 - 13:21
Os nosos alumnos do primeiro ciclo da ESO participaron no certame de Beléns e Árbores de Nadal convocado polo Seminario de Lingua Galega en colaboración con Dinamización Lingüística. Os gañadores foron: |
|
1º.- Christian López Vázquez |
2º.- Xoel Álvarez López |
3º.- Claudia Pernas Dayán |
3º.- Noelia Artime López (Belens) |
PROXECTO NEO Nº 107
Enviado por Esperanza o Ven, 05/12/2014 - 19:01Especial dedicado á versión cinematográfica que fixo Ignacio Vilar inspirándose na Esmorga de Eduardo Blanco Amor no nº 107 do Proxecto Neo
XIII MAGOSTO DO MONTE CASTELO 2014
Enviado por Esperanza o Sáb, 22/11/2014 - 19:24O MAGOSTO é unha festtividade de orixe pagá que logo foi cristianizada. É unha festa de carácter agrario que se remonta á Prehistoria. Trátase dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vínculos do rural galego. Ten un carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recollidos, así como unha homenaxe aos castiñeiros e ás castañas. Relaciónase co culto á fecundidade, de aí a presenza directa do lume. Os magostos fanse nas eiras, nas lareiras, no monte ou...no patio do colexio. Primeiro amósanse as castañas para que non rebenten no lume e , mentres se asan, os rapaces e rapazas da ESO participan de xogos tradicionais organizados e coordinados polos alumnos do ciclo de ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS. Unha tarde magnífica de luns para cambiar a rutina habitual das clases A castaña no ourizo quixo rir e rebentou. Caendo castiro abaixo, mira que golpe levou!! Xa pasaron as vendimas, viñeron as esfolladas, para comer coas mozas catro castañas asadas |
ACTO MUSICAL EN CANGAS
Enviado por Esperanza o Sáb, 22/11/2014 - 19:08Desde finais dos anos 60, cando nace en Compostela a NOVA CANCIÓN GALEGA, até o 6 de Novembro de 2014 pasaron moitos anos. Aquí están de novo, tratando de recuperar a esperanza e a memoria, MINI E MERO, PILOCHA, MIRO CASABELLA, RAÚL NUBEIRO e ANTÓN CREGO. Todos xuntos para recuperar unha parte da nosa memoria e para volver a encher de ilusión o vaso do noso presente: ALECRIM, LELA, A MUIÑEIRA DE CHANTADA, IRMAOS, O SANCRISTÁN DE COIMBRA...Emotivo reencontro cos anos 70 e, ao mesmo tempo, situándonos tan ben no noso aquí e no noso agora, facéndonos mergullar no máis fondo da nosa terra, nos problemas do noso tempo, nas raigames que moven a literatura e a música comprometida de todos os tempos. Letras e músicas erguéndose contra as inxustizas, cantando o amor, a tenrura do berce, a morte, a seiva nutricia,a nosa historia: " O meu país" en palabras de Miro Casabella Porque o futuro precisa que todo o pasado teña o seu lugar na historia presente. É o único xeito de que os nosos fillos se sintan orgullosos da súa terra e que axuden a construír o noso futuro con dignidade |
|
ALUMNOS DO MONTE CASTELO EN PROXECTO NEO Nº 102
Enviado por Esperanza o Xov, 06/11/2014 - 16:31A CIENCIA DA PROGRAMACIÓN DE ORDENADORES (TAMÉN EN GALEGO)
Enviado por Esperanza o Xov, 06/11/2014 - 16:20
A Coodinadora Galega de ENDL convídounos a participar na videoconferencia para secundaria que, con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego organizou a CGENDL este mércores 5 de novembro. O relator foi Manuel Caeiro Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educative e da aplicación. |
|
O NOSO SAMAÍN FAI FRONTE Á CRECENTE PRESENZA DO HALLOWEEN
Enviado por Esperanza o Xov, 06/11/2014 - 15:44
O IES MONTE CASTELO presenta estes días unha exposición de EPITAFIOS e CABAZAS absulutamente fieis á tradición galega. Os rapaces e rapazas do noso CENTRO DE ENSINO recrean coa súa arte o forte contido simbólico que esta época ten para os pobos atlánticos: as festas de Santos, a renovación da vida a través dos froitos da terra, a lembranza dos mortos e a celebración da natureza |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »