Normalización

RECITADO ROSALIANO

Como cada 24 de febreiro fixemos a nosa homenaxe a Rosalía, a nosa voz máis representativa.

A compatriota que foi capaz de resemantizar o universo humano rompendo estereotipos, reasignando o rol e o valoir das mulleres,fincando o bisturí en toda a carga

de segregacións, dupla ou tripla xornada laboral, sentimentalidade preterida ou ofendida...e tantos e tantos outros aspectos invisibles que ele se preocupou de facer

emerxer de corporeizalos literariamente

   
  

SEMENTANDO IDEAS

Cada 30 de xaneiro millóns de nenos en todo o mundo celebran esta data como unha forma de alcanzar un soño: un mundo no que sexa posible a globalización da liberdade, da xustiza social e dos dereitos humanos.

Como pais, nais e profesores temos a grande responsabilidade de educar os nosos fillos e alumnos no compromiso social da paz e da fraternidade, na non violencia, apoiada na esperanza da posibilidade dun mundo mellor. Merece a pena sementar ideas de tolerancia, diálogo, solidariedade, igualdade e paz, pois sempre se recollerá algo. Como dicía Gandhi " A non violencia é unha meta á cal tende, aínda que sen sabelo, a humanidade enteira" 

DÍA DE TEATRO

23 de xaneiro: Os rapaces de 4 de ESO, 1º e 2º d BAC teñen o pracer de asistir á versión teatralizada que OS QUINQUILLÁNS fixeron a partir das COUSAS de Castelao.

Despois da lectura dos relatos fixeron unha REVISIÓN a través da arte escénica : A Marquesiña, O Rifante, Panchito, a Señora Sinforosa ou Migueliño... adquiriron unha nova dimensión. Se no orixinal de Castelao se combinaban maxistralmente a literatura coa pintura; agora, coa representación teatral, engadimos unha arte máis. A maxia do teatro achéganos aos personaxes coa palabra e a pintura de Castelao sempre no telón de fondo.Vémolos máis próximos e a tenrura e a música enche, cos risos, a Casa da Cultura de Burela.

Os QUINQUILLÁNS conseguen achegarnos a aquel ambiente labrego e mariñeiro que tan ben soubo reflectir o de Rianxo. A posta en escena, a música, o labor dos actores non fan máis que acentuar o poder de suxestión e o lirismo que Castelao lles imprimira a través das ilustracións e da narrativa.

Parabéns ao grupo teatral que consegue achegar un dos nosos clásicos a un público adolescente  pouco afeito  á arte literaria. Non resulta fácil expicar estes relatos cen anos despois da súa concepción. Un éxito en todos os sentidos.   
   

MAGOSTO 2016

O luns 14 de novembro celebramos, como todos os anos,  o noso tradicional MAGOSTO. Tratamos de recuperar para a memoria dos nenos esta festa de raíz celta que indica a fin do verán e dá comezo á metade máis fría e escura do ano.

Os alumnos do Ciclo de Actividades Físicas contribuíron ao festexo organizando para os nenos da ESO unha serie de xogos populares ( bolos, billarda, corda, tres en raia...) que fixeron máis amena a primeira parte da tarde, mentres se asaban as castañas.

Acompañados de música tradicional os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO puideron disfrutar un ano máis dunha das nosas celebración máis representativas do outono
   
   
   

SAMAÍN 2016

Un ano máis, os pequenos de primeiro e segundo da ESO participaron activamente na celebración do noso SAMAÍN. nNon se tratou de disfraces ou máscaras ao xeito doutras culturas imperantes, non. Eles chegaron coas súas cabaciñas traballadas con inxeniosas ideas, ao xeito tradicional noso.

O primeiro premio foi para AZAEL FERNÁNDEZ de 2º de ESO

O segundo para EDILSON MOREIRA VAZ de 1º de ESO

O terceiro premiado foi ANDY CAZÁS, tamén de 1º de ESO
   

GRANDAS DE SALIME E COMARCA DOS OSCOS

O xoves 13 de outubro as profesoras Esperanza Pernas, Herminia Pernas e Carme Cociña acompañaron os seus alumnos de  3ª, 4ª de Eso e un pequeno grupo de 1º de Bac a Grandas de Salime, nunha viaxe de carácter didáctico.

En primeiro lugar visitamos o encoro de Grandas onde, acompañados dun guía , coñecemos a historia do lugar, as vicisitudes da súa construcción e o seu funcionamento.

A segunda visita foi ao Museo etnográfico da mesma vila onde, acompañados de tres guías, puidemos lembrar ou aprender unha parte da historia dos nosos avós. Foi un magnífico regreso ao xeito de vida dunha aldea tradicional galego-asturiana de mediados do século XX.

Despois de xantar na vila, a tarde pasámola nun Mazo tradicional onde puidemos aprender como era o oficio que condicionou o xeito de vida de toda unha comarca durante séculos.

Foi unha xornada apracible ( pese a que a meteoroloxía non foi moi favorable) porque o comportamento dos nenos foi exemplar e as visitas moi instructivas.
   
   
   

XORNADA DE CONVIVENCIA EN SARGADELOS

 

O noso compañeiro agora felizmente xubilado, Francisco Piñeiro, conduciunos pola ruta pedestre desde o noso instituto até Sargadelos. Foi a súa última actividade lectiva. Un luxo e un pracer disfrutar da súa compaña e da súa mestría, como sempre. Imos botar moito en falta, profes e alumnos, o mellor pedagogo que coñecemos. Até sempre, Mestre.

GUIÑOL NO VISTA ALEGRE

 As nenas do Club de Lectura representaron " Os músicos de Bremen" en versión guiñol para os pequenos de 4 anos do Colexio Vista Alegre. Unha actividade fantástica para os pequeniños.

ACTUACIÓN DE ANTÓN CREGO NAS AULAS DE 1º ESO

Con motivo do ano de Manuel María decidimos facerlle unha pequena homenaxe desde as aulas. O profesor Antón Crego acompañado co violín por María Carreira, Vanessa Maira e Madina Satorras, interpretou coa súa voz e guitarra varios textos do poeta da Terra Chá: O carro, O cuco, O aradiño de pau, Irmao...Os nenos de 1º de ESO quedaron encantados e impresionados ao escoitar ao exmembro da Quenlla na súa faceta poético-musical. Unha regalía para os ouvidos!!!!

VIAXE CULTURAL A LUGO-OUTEIRO DE REI

O xoves día 2 de xuño a Bibliotecaria e o Equipo de D. Lingúística levamos os  nenos de 1º de ESO e as integrantes do Club de Lectura a unha viaxe cultural a Lugo.
Pola mañá aproveitamos para visitar o Museo Provincial onde unha guía explicou a nosa historia desde a etapa castrexa  ( a través da ourivesaría), pasando pola romanización ( cos magníficos mosaicos conservados dunha VILA ROMANA  e os MILIARIOS), os restos do Románico e do Gótico no claustro e na estrutura do propio museo, o Renacemento, O Barrroco e a Ilustración a través de cadros, esculturas, reloxios de sol e obxectos domésticos. Unha lección de Historia en toda regra!! Completamos a visita cun paseo pola muralla romana.

Pola tarde chegamos a Outeiro de Rei para visitar a Casa Museo de Manuel María. Alí puidemos ver o que foi a súa vida e obra moi ben explicada por Fran, o guía do Museo. A parte máis emotiva resultou ser a biblioteca do autor e escoitar a súa voz no recitado de distintos poemas  Alén diso, como non podiamos pasar todos xuntos, a actuación dun mago fixo as delicias dos que agardaban mentres o resto do grupo ía dentro.
   
Distribuir contido