Normalización
VIDAS MARIÑEIRAS - Gran estrea
Enviado por Anónimo o Mér, 02/01/2019 - 11:47O proxecto chega ao sen final. Despois destes tres meses de duro traballo chega o gran día da estrea nos Cines Viveiro. Parabéns rapazas e rapaces!!!
VIDAS MARIÑEIRAS . A montaxe
Enviado por Anónimo o Mér, 05/12/2018 - 05:16Despois de ter o material gravado toca comezar a seguinte etapa...a montaxe. Aí vos vai unha mostra das sesións de montaxe.
|
|
|
|
|
VIDAS MARIÑEIRAS. Primeiras sesións de gravación
Enviado por Anónimo o Ven, 16/11/2018 - 20:08Despois de varias sesións desenvolvendo a idea inicial da curtametraxe que imos realizar comezamos a gravación. Todos os integrantes do grupo desprazámonos ao porto de Burela para realizar as primeiras sesións de gravación no Raúl Primero. Grazas a Raúl e ao resto da tripulación por permitirnos compartir estas dúas mañás con vos.
Déixovos con algunhas fotos destas primeiras sesións de rodaxe.
|
|
|
|
|
VIDAS MARIÑEIRAS
Enviado por Anónimo o Xov, 11/10/2018 - 07:08
O centro IES Monte Castelo foi seleccionado para participar no programa Vidas Mariñeiras. Un grupo de sete alumnas e alumnos de 1º bacharelato de artes e unha alumna de 4º eso participarán ao longo dos vindeiros tres meses neste programa no que desenvolverán, filmarán e montarán unha curtametraxe que finalmente será proxectada na gran pantalla. Que é Vidas mariñeiras? É un programa pedagóxico que ofrece ao alumnado unha base teórico-práctica e unha formación en técnicas audiovisuais destinada á posta en valor dos oficios tradicionais e paisaxes mariñeiras da costa. O programa contempla a selección, titorización e desenvolvemento de varios proxectos cinematográficos que darán como resultado unha serie de filmes representativos da vida e paisaxe na costa, nomeadamente a partir do retrato dos oficios vinculados ao traballo no mar. No seguinte link pódense visionar as curtametraxes elaboradas o ano pasado polo alumnado dos diferentes centros seleccionados. |
CORRELINGUA
Enviado por Esperanza o Mér, 16/05/2018 - 08:36
O xoves 10 de maio levamos os nosos alumnos de 1º e 2º de ESO á celebración do CORRELINGUA en Mondoñedo. Previamente, aproveitamos o noso paso por Alfoz para visitar o MUSEO DAS ZOCAS,cuxo directornos impartiu unha brillante e divertida lección sobre o calzado habitual dos nosos ancestros.Unha lección de etnografía cunha fonética galega extraordinaria.
Unha pequena representación dos nosos ( como dos outros) participou na Carreira da Lingua e,despois , fixemos todos xuntos o itinerario previsto polo casco histórico. Despois de repoñer forzas e escoitar os grupos de música na praza da actedral,regresamos para estar no noso centro ás dúas.
|
|
TEATRO PARA A ESO, CON OBRAS DE MARÍA VICTORIA MORENO
Enviado por Esperanza o Mér, 16/05/2018 - 08:32
O pasado 4 de abril o grupo LIMIAR TEATRO levou a escena a novela de MARÍA VICTORIA MORENO : Anagnórise. Dous operarios comezan a desmontaxe do coche e cada peza lévanos a un momento da historia: desde a parada a tomar pulpo nunha feira camiño de Madrid ata o derradeiro café nesta cidade. unha viaxe que vai consolidar a amizade dos dous protagonistas : Xulia e Nicolau. A historia vaise tecendo entre o presente e as memorias do pasado. Cada peza do coche é como unha anagnórise, un recoñecemento que permita o xogo escénico e a transmisión de valores que Xulia vai pasando a Nicolau de xeito moi sutil. |
|
O luns 9 de abril o grupo UBÚ TEATRO levou a escena a novela infantil " Leonardo e os fontaneiros" de M. Victoria Moreno ; unha preciosa homenaxe á autora das letras deste ano. Polo medio aparece un can da rúa : Leonardo, a quen Antón coida como se fose seu. E todo isto deixando lugar á improvisación e á interacción co público. |
|
RECITADO POÉTICO-MUSICAL
Enviado por Esperanza o Mér, 16/05/2018 - 08:24
Escoller a lingua que ninguén quería para explicar o mundo, para vencer a indiferenza dos altivos, para rescatala da ignominia, para devolvela, viva e latexante, ao berce dos nosos antepasados, para dar testemuña de que somos nós , os que estamos aquí, tratando de construír coas túas palabras un mundo mellor para os nosos fillos... palabras que falan de futuro, de vida e esperanza. Que coraxe e que loucura naqueles tempos tan escuros e nestes que non o son menos!!!! Dar conta da vida de teu e dos que contigo estamos.Unha inmersión total no teu universo!
|
|
O PERGAMIÑO VINDEL
Enviado por Esperanza o Mér, 16/05/2018 - 08:18
O venres 9 de febreiro fomos cos nosos alumnos de 4 de ESO, 1º de e 2º de BAC DE VISITA CULTURAL a Vigo. Despois de tres horas de bus chegamos ao embarcadoiro de Rande para coller o barco que nos levaría á illa de San Simón. Alí disfrutamos dunha mañá espléndida despois de toda a semana de neve e frío. Dúas guías leváronnos e fóronnos explicando a historia dese emblemático lugar: desde a súa relación coa lírica trobadoresca (MARTÍN CÓDAX, MENDINHO E JOÁM DE CANGAS), pasando polo lazareto no que se converteu nos séc. XVIII e XIX, até a súa conversión en campo de concentración na guerra civil e a primeira parte da ditadura. Despois dun paseo magnífico pola ría, o barco deixounos no embarcadoiro do porto para irmos xantar nun centro comercial e visitar o MUSEO DO MAR. De novo, unha guía conduciunos por todo el até chegarmos ao manuscrito que motivou a nosa viaxe a Vigo : O PERGAMIÑO VINDEL. Rodeado doutros documentos da época, aproveitamos para facer un repaso da etapa áurea da nosa literatura. Resultou moi emotivo poder ver de cerca esta xoia da nosa lírica:letras, músicas e miniaturas medievais non se poden ver todos os días. Ao remate, visitamos o AQUARIUM e unha exposiciónhistórica temporal que había no museo.
|
|
PROXECTO NEO
Enviado por Esperanza o Mér, 16/05/2018 - 08:14
As profesoras do IES Monte Castelo Carmen Cociña e Begoña Raposo asisten ó programa NEO de radio Burela, a finalidade era intercambiar coñecementos sobre a radio e o ensino. Unha experencia moi satisfactoria que anima a repetir. |
|
O APALPADOR
Enviado por Esperanza o Mér, 16/05/2018 - 08:07
Para rematar as actividades do primeiro trimestre, veu visitarnos O APALPADOR. Coa súa barba roxa, o seu caiado,a súa boina e a súa pipa, chegou ao centro un pouco despistado. Ben é verdade que logo se situou e conseguiu atraer a atención dos pequenos de 1º de ESO con bromas e cuestións varias. Faloulles do seu mundo, alá na alta montaña lucense, do seu traballo, do seu parentesco con Papá Noel, Sta. Claus e outros personaxes deste ciclo do ano. Finalmente, reparteulles galletas de nata feitas por el como agasallo para estas datas. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »