O IES Monte Carrasco oferta unha sola etapa educativa, a Educación Secundaria Obrigatoria.
Esta etapa comprende catro cursos e vai, de maneira xeral, dos 12 aos 16 anos, aínda que pode estenderse ata os 18 anos.
A finalidade desta etapa consiste en lograr que o alumnado:
- Adquira os elementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico-tecnolóxico e motriz;
- Desenvolva e consolide os hábitos de estudio e de traballo; así como hábitos de vida saudables, preparándoos para a súa incorporación a estudios posteriores e para a súa inserción laboral
- Formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigas da vida como cidadáns.
Este é un esquema moi básico do sistema educativa actual, onde a Educación Secundaria Obrigatoria, se sitúa entre a Educación Primaria e a Educación Post-obrigatoria. Xunto coa Educación Primaria, constitúe a educación básica e obrigatoria.
Neste momento, o sistema educativo está en pleno proceso de cambio lexislativo; a entrada en vigor da LOMLOE deixa atrás a LOMCE. O calendario de aplicación dos cambios que trae consigo a nova lei é o seguinte:
No curso 21-22, aplicaranse os cambios na avaliación e promoción.
Os cambios no currículo, no que se refire á ESO, se producirán nos cursos 22-23 e 23-24
CAMBIOS CURRÍCULO ESO
|
Curso 22-23
|
Curso 23-24
|
1º e 3º ESO
|
2º e 4º ESO
|
Fonte: CIG-Ensino