O IES Monte Carrasco está situado no concello de Cangas, parroquia de Darbo, no lugar coñecido como Monte Carrasco do que toma o nome, e ten como centro adscrito o CEIP "San Roque" da mesma parroquia.
Está tipificado como centro de ESO con 8 unidades de liña 2 (2 grupos para cada un dos cursos desta etapa educativa).
Nas proximidades do centro sitúase o petroglifo denominado Piñeiral do Rei, de finais do megalítico, con gran cantidade de grabados: zoomorfos, antropomorfos, esceas de monta,... Un destes grabados foi tomado polo centro como logotipo identificativo.
DATOS:
Enderezo: Monte Carrasco, 20. Darbo. Cangas. Pontevedra
Apartado de correos: 185
Teléfono: 886110160
Correo-e: ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal
GPS: W 8º 47' 38" - N 42º 16' 31"