Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Eventos
Novas tecnoloxías
EDUCACIÓN DIXITAL: MEDIACIÓN PARENTAL
LÍMITES E NORMAS ESENCIAIS PARA UN USO SEGURO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
O contacto dos menores con internet prodúcese cada vez mais cedo. Como país, debemos acompañalos e edúcalos dixitalmente para establecer normas e límites claros e consensuados para acadar un uso seguro e previr riscos (mal uso, dependencia, diminución do rendemento académico..)
- Como responsables da educación do menor debemos coñecer as ferramentas e os programas e aplicacións que utilizan para poder guialos no uso correcto das mesmas.
- Debemos ser o mellor exemplo para os nosos fillos: non esixir normas que nos non cumprimos.
- Non prohibir; fomentar o uso responsable. Establecer regras e límites coa participación do menor: idades, horarios e normas de uso dentro e fora da casa. Fomentar con eles o diálogo e a confianza é unha das claves para evitar situacións indesexadas.
- Os dispositivos deben ser de uso común na familia: evitar ordenador, televisión, tablet, videoconsola… na habitación do menor; pactar que deixe o móvil fora da habitación nas horas de estudo: podemos habilitar un “dormitorio tecnolóxico” onde toda a familia deixe o móbil a partires dunha hora establecida. A tecnoloxía non é un entretemento mais nin debe servir para aparcar aos nenos nela.
- Controlar e limitar a utilización das cámaras web; establecer diferentes perfis nas redes sociais e organizar os contactos por grupos para verificar mellor con quen se comparten as cousas.
- Ensínelle a manter a información persoal en privado: domicilio, nomes, teléfonos, horarios, colexio….e non facilitar datos persoais dos demais sen o seu consentimento.
- Na rede hai que tratar aos demais como nos gustaría ser tratados: recórdelles que deben respectar aos demais; que non fagan o que non lles gustaría que lle fixeran; que non respondan ás provocacións e aos malos modos dos outros.
- Ensínelle a protexer os seus dispositivos: contrasinais seguras e protección dos dispositivos con un plus de seguridade: antivirus, antimalware, bloqueo de publicidade...
- Axúdelle a pensar criticamente: non todo é certo en internet. Comuníquelle ás autoridades as actividades sospeitosas ou ilegais que observemos na rede.
IES MONTE CARRASCO. COORDINACIÓN TIC-ABALAR
COIDA A TÚA PRIVACIDADE NA REDE
IES MONTE CARRASCO COORDINACIÓN ABALAR-EDIXGAL
ERES TAN ANÓNIMO NA REDE COMO TE CRES?