Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Eventos
Qué é o Consello Escolar?
O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar: profesorado, alumnado, pais e nais, e persoal de administración e servizos; ademais tamén está representado o Concello.
Cales son as atribucións do Consello Escolar?
Segundo o artigo 127 da Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro ten as seguintes competencias:
a) Aprobar e avaliar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da presente Lei.
b) Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do profesorado en relación coa planificación e organización docente.
c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.
d) Participar na selección do/da director o directora do centro nos termos que a presente Lei establece. Ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director ou directora.
e) Decidir sobre a admisión do alumnado con suxeición ao establecido nesta Lei e disposicións que a desenvolvan.
f) Impulsar a adopción e seguimento de medidas educativas que fomenten o recoñecemento e protección dos dereitos da infancia.
g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan os estilos de vida saudable, a convivencia no centro, a igualdade efectiva de mulleres e homes, a non discriminación, a prevención do acoso escolar e da violencia de xénero e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.
h) Coñecer as conductas contrarias á convivencia e a aplicación das medidas educativas, de mediación e correctoras velando por que se axusten á normativa vixente. Cando as medidas correctoras adoptadas polo/a director ou directora correspondan a conductas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de padres, madres ou titores legais ou, no seu caso, do alumnado, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.
i) Promover progresivamente a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar para a mellora da calidade e a sostenibilidade e aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no artigo 122.3.
j) Fixar as directrices para a colaboración, con fines educativos e culturais, coas Administracións locais e con outros centros, entidades e organismos.
k) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.
l) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueles outros aspectos relacionados coa calidade da mesma.
m) Aprobar o proxecto de presuposto do centro.
n) Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa.
Composición do Consello Escolar no IES Monte Carrasco
a) O director ou directora, que é o seu presidente/a.
b) O xefe ou xefa de estudos
c) Sete representantes do profesorado
d) Tres representantes dos pais ou nais, un deles designado pola ANPA do centro
e) Catro representantes do alumnado
f) Un/unha representante do persoal de administración e servizos
g) O secretario ou secretaria, que actuará como secretario do consello, con voz, pero sen voto
h) Un/unha concelleiro/a ou representante do concello de Cangas