Punto Laranxa contra o acoso escolar

50 ANIVERSARIO - IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

O luns 7 de novembro, coincidindo coa celebración do 50 aniversario da apertura do instituto, o 6 de novembro de 1972, tivemos a honra de contar con convidados de excepción no noso centro: profesorado que desenvolveu parte da súa traxectoria profesional no instituto e que, por unhas horas, voltou ás aulas para compartir co alumnado experiencias e lembranzas do seu paso polo centro.
Queremos agradecervos a vosa presenza hoxe, no día que celebramos o 50 aniversario do Zalaeta.
Non esquezades voltar, porque este tamén é o voso instituto, e botámosvos moito de menos!

ESCAPARATE TENDA DE DEPORTIVAS

Noelia, Raúl, Gabriel, Eliseo e Pablo, de 2.° de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (dual) preséntannos o seu escaparate realizado no módulo de Escaparatismo, coa profesora Sol Seoane. Primeiro escaparate do curso para unha tenda de calzado deportivo no que se empregan materiais reconvertidos para outros usos: esas mamparas "anticovid" que tivemos que instalar hai dous cursos e que serven para dar vida e facer flotar as deportivas.

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2022

ELECCIÓNS RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2022

Por Resolución do 19 de setembro de 2022 ,   da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 30 de setembro)

 

Data de celebración do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral -representantes de familias, de alumnado e do profesorado-.

 

 

Venres 28   de outubro ás 12:00 horas

Lugar : Secretaría

 

 

A Coruña a 26 de outubro de 2021

 

A Directora

  Mª Estrella Pérez Freire

ESCALADA E SENDEIRISMO

Un ano máis, o Departamento de Educación Física organizou con 3.° da ESO a saída de escalada ao Petón (no Xalo), con posterior roteiro polo Rego das Xesteiras, para desfrutar das cores do outono.

EXPORPYMES

O alumnado dos ciclos superiores de Comercio Internacional e de Transporte e Loxística asistiu hoxe á edición 2022 de Exporpymes, organizada por @camaracoruna en Palexco. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man a experiencia internacional de mulleres emprendedoras, as súas dificultades, retos e logros en tempos difíciles.

 

ZALACANCELO 2022/2023

 

Por cuarto ano, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro convoca o concurso do #Zalacancelo. A través deste concurso elixiranse os dous cancelos que acompañarán ás publicacións en redes sociais no curso 2022/2022.
✔No 2019/2020 ensinamos ao mundo que somos #PeixesDeMoitoCoidado e lanzamos o #ÚneteÁOnda porque non hai quen nos pare!
✔No 2020/2021 fixemos do #ConDistanciaPeroXuntos o noso lema, amosando que sempre, sempre #ZalaetaCaraAdiante.
✔No 2021/2022 pisamos forte, #ZalaetándonoNOS e dicindo a todo o mundo que #ZalaetaSomosNós.
Para este curso tan especial, como non podía ser doutro xeito, a temática estará relacionada co noso 50 aniversario, valorándose a súa orixinalidade, corrección ortográfica e representatividade para o centro.
✅️ Haberá dúas categorías: para a ESO e para Bacharelato+Ciclos Formativos.
✅️ Cada persoa pode aportar dous #zalacancelos, a través do correo electrónico edlg@zalaeta.gal ou na caixa do correo situada na entrada do instituto, indicando nome e apelidos e curso.
✅️ Prazo para participar: ata o venres 4 de novembro.
✅️ O 9 de novembro publicaranse en Instagram os dous finalistas para cada categoría
✅️ A votación realizarase o venres 11 a través de Instagram Stories, ata as 23.59h.
✅️ Premio: un vale de 30euros para a Fnac para cada categoría. Contémplase a posibilidade de conceder accésits.
Participa!!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer