Punto Laranxa contra o acoso escolar

NETINVET 2022

Os días 17 e 18 de novembro, Helena Maseda, coordinadora de programas eurooeos, asistiu á reunión anual de NETINVET na cidade alemaña de Stuttgart.
A visita a NETINVET, que é unha Rede europea para a mobilidade de alumnado e profesorado no comercio internacional, o transporte e a loxística, e o mantemento de vehículos industriais, permitiu contactar con outros centros para organizar as futuras visitas de intercambio educativo dentro do ciclo ERASMUS 2021-2027.
Centros de Francia, Alemaña, Holanda, Italia, Finlandia, Portugal e España participaron neste foro de intercambio de experiencias e coñecementos.

COMUNICADO 22-23 DESEÑO E SON

XORNADAS ERASMUS

Hoxe desenvolvéronse as Xornadas Erasmus + para o alumnado de ciclos formativos que realizará a súa formación en centros de traballo noutro país, desenvolvidas por Helena Maseda, coordinadora dos programas europeos.

#ZALACANCELO 2022/2023

O venres pasado as votacións en Instagram Stories determinaron os #ZalaCancelos para este curso 2022/2023, o curso do noso #50aniversario.
Na categoría de ESO o gañador foi David A., de 3.° ESO A, con #ZaLaniversario e na categoría ciclos, Fran H. gañou coa súa proposta #ZalaFesta.
Parabéns aos dous, pronto nos poñeremos en contacto para darvos o voso premio!

PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR 2022

CANDIDATURAS ÁS ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR 2022.

1.- Sector familias

- Noura El Amrani Sbai

- Mª José Caride Delgado

- Marta Gómez Barral

 

2.- Sector alumando

-----------------------

3.- Sector profesorado

- Mª Elena López Blanco

- Mª Sonia García Portos

- Franciso José Soto Martínez

 

4.- Sector PAS

- Alejandro Manuel Amor Súarez

SAÍDA A MARINEDA CITY

O alumnado de 2.º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (ordinario e dual) desprazouse a Marineda City para realizar unha das prácticas do módulo de Escaparatismo e Deseño de Espazos Comerciais, analizando o merchandising exterior e interior dos establecementos comerciais. Acompañáronos as súas profesoras, Sol Seoane e Isabel Suárez.

 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer