Por cuarto ano, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro convoca o concurso do #Zalacancelo. A través deste concurso elixiranse os dous cancelos que acompañarán ás publicacións en redes sociais no curso 2022/2022.
Para este curso tan especial, como non podía ser doutro xeito, a temática estará relacionada co noso 50 aniversario, valorándose a súa orixinalidade, corrección ortográfica e representatividade para o centro.
Haberá dúas categorías: para a ESO e para Bacharelato+Ciclos Formativos.
Cada persoa pode aportar dous #zalacancelos, a través do correo electrónico edlg@zalaeta.gal ou na caixa do correo situada na entrada do instituto, indicando nome e apelidos e curso.
Prazo para participar: ata o venres 4 de novembro.
O 9 de novembro publicaranse en Instagram os dous finalistas para cada categoría
A votación realizarase o venres 11 a través de Instagram Stories, ata as 23.59h.
Premio: un vale de 30euros para a Fnac para cada categoría. Contémplase a posibilidade de conceder accésits.