A nosa expedición a Jaca xa está de volta despois de 5 días intensos de convivencia, esforzo, traballo en equipo e aprendizaxes que nos acompañarán sempre. Voltamos cansos, pero moi satisfeitos e satisfeitas por todo o compartido e aprendido!
O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde.
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da Consellería.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer