Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESCALADA E SENDEIRISMO

Un ano máis, o Departamento de Educación Física organizou con 3.° da ESO a saída de escalada ao Petón (no Xalo), con posterior roteiro polo Rego das Xesteiras, para desfrutar das cores do outono.

EXPORPYMES

O alumnado dos ciclos superiores de Comercio Internacional e de Transporte e Loxística asistiu hoxe á edición 2022 de Exporpymes, organizada por @camaracoruna en Palexco. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man a experiencia internacional de mulleres emprendedoras, as súas dificultades, retos e logros en tempos difíciles.

 

ZALACANCELO 2022/2023

 

Por cuarto ano, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro convoca o concurso do #Zalacancelo. A través deste concurso elixiranse os dous cancelos que acompañarán ás publicacións en redes sociais no curso 2022/2022.
✔No 2019/2020 ensinamos ao mundo que somos #PeixesDeMoitoCoidado e lanzamos o #ÚneteÁOnda porque non hai quen nos pare!
✔No 2020/2021 fixemos do #ConDistanciaPeroXuntos o noso lema, amosando que sempre, sempre #ZalaetaCaraAdiante.
✔No 2021/2022 pisamos forte, #ZalaetándonoNOS e dicindo a todo o mundo que #ZalaetaSomosNós.
Para este curso tan especial, como non podía ser doutro xeito, a temática estará relacionada co noso 50 aniversario, valorándose a súa orixinalidade, corrección ortográfica e representatividade para o centro.
✅️ Haberá dúas categorías: para a ESO e para Bacharelato+Ciclos Formativos.
✅️ Cada persoa pode aportar dous #zalacancelos, a través do correo electrónico edlg@zalaeta.gal ou na caixa do correo situada na entrada do instituto, indicando nome e apelidos e curso.
✅️ Prazo para participar: ata o venres 4 de novembro.
✅️ O 9 de novembro publicaranse en Instagram os dous finalistas para cada categoría
✅️ A votación realizarase o venres 11 a través de Instagram Stories, ata as 23.59h.
✅️ Premio: un vale de 30euros para a Fnac para cada categoría. Contémplase a posibilidade de conceder accésits.
Participa!!

MEUS MIGRATION

A última semana de setembro o noso centro acolleu a visita de alumnado e profesorado procedente de Noruega, Austria, Portugal, Illa da Reunión e Francia, dentro do proxecto iniciado o curso pasado no programa MEUS MIGRATION.
A visita comezou cunha recepción no Concello, visita á Torre de Hércules, talleres de teatro clásico e actividades coas familias no centro. Tamén visitaron o castelo de San Antón, a Cidade Vella e a sede de Pull&Bear, en Narón, entre outras moitas actividades.
Unha semana do máis internacional!
 

Recollida cheques 25 €

Ampliación axudas material escolar 

  

Xa están listos os cheques de 25 € ( para as familias que teñan dereito a esta axuda) .

 

Pódense recoller na secretaría do centro. 

 

O Equipo Directivo 

XORNADA DE PRESENTACIÓN COAS FAMILIAS

1.º ESO

DÍA

HORA

GRUPO

 

Luns 26 de setembro

18:00

1.º ESO A

1.º ESO B

19:00

1.º ESO C

1.º ESO D

Os grupos serán recibidos segundo o horario indicado do salón de actos para, a continuación, pasar ás aulas co/coa titor/a de cada grupo.

 

2.º, 3.º, 4.º DE ESO

1.º, 2.º DE BACHARELATO

DÍA

HORA

GRUPO

 

 

Martes 27 de setembro

18:00

2.º ESO A, B, C, D, E

18:30

3.º ESO A, B, C, D, PDC

19:00

4.º ESO A, B, C

19.30

1.º E 2.º DE BACHARELATO

 

As familias acudirán directamente ás aulas de referencia dos grupos co/a titor/a.

Prégase asistencia sen alumnado.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer