Skip to Content

Actividades complementarias de maio

Día 3: Charla Aldaba WIB. Tecnoloxía. (1º Bach)

Días 3, 8, 12 e 15: Obradoiro de afectividade e sexualidade. (1º e 2º ESO)

Día 5: Visita ao Pazo de Meirás. (4º ESO)

Día 5: Contacontos nun colexio de primaria. (3º ESO)

Días 8 e 12: Obradoiro de educación sexual. (3º ESO)

Día 10: Visita a Galiciencia. (Club de ciencias)

Día 10: Visita ao Pazo de Oca. (3º e 4º ESO)

Día 11: Final Desafío Galiciencia 2023. (1º Bach)

Día 12: Graduación de 2º de bacharelato.

Día 15: Observación da flora no entorno do instituto. (1º Bach)

Día 31: Charla coa escritora Eva Mejuto. (2º ESO)

Charla Gen-Tech

O 19 de abril o enxeñeiro informático Daniel Turiño, de Altia, deu unha charla no noso centro sobre saídas profesionais no mundo das TIC e sobre a súa experiencia e vida profesional ao alumnado da materia optativa de TIC de 2º de bacharelato. Os asistentes puideron preguntar desde cuestións sobre opcións de futuro ata referidas á intelixencia artificial.

II Concurso de derivadas

Álbum: CURSO 2022/23 -> Concurso de derivadas

Convocado polo Club de Ciencias do Díaz Pardo, foi estruturado nunha fase previa e en roldas eliminatorias ata chegar á gran final gañada polas alumnas de 2º de bacharelato Inés Sánchez Fernández e Jimena Terrones Otero. Abundante público seguiu as distintas sesións do concurso nos recreos.

Viaxes culturais a París e Londres

Álbum: CURSO 2022/23 -> Viaxes culturais a París e Londres

Reserva de praza alumnado centros adscritos Curso 2023/24

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos, informamos que os postos dispoñibles en 1º ESO e 1º Bacharelato no IES Isaac Díaz Pardo para o curso 2023/24 son suficientes para atender as solicitudes presentadas en prazo.

Radio Mimina

O 15 de febreiro comeza a funcionar a radio do instituto, Radio Mimina, coa gravación do primeiro podcast para conmemorar o día de Rosalía de Castro.

Preguntas pola igualdade

A Comisión de Igualdade convoca o concurso Preguntas pola igualdade para que desde o 30 de xaneiro ao 8 de marzo "Día da muller" a comunidade educativa do noso centro participe respondendo. Ademais dos premios aos máis acertados, o concurso persegue concienciar e facer visibles tópicos que manteñen vivo todo tipo de desigualdades.

Actividades complementarias de febreiro

Día 2: Visita á Universidade de Santiago. (1º Bach)

Día 2: "Crêpes a la Marinière" charla de gastronomía francesa. (2º ESO)

Día 3: Charla sobre voluntariado europeo. (2º Bach)

Días 13, 14 e 17: Plan Director da Garda Civil. (De 1º a 4º ESO)

Día 17: Celebración do Entroido.

Días 21 a 25: Viaxe cultural a Londres. (2º Bach)

Día 28: Festival de Teatro Grecolatino en A Coruña. (4º ESO, 1º e 2º Bach)

Premio I-Comercio

O alumnado de Economía de 4º da ESO da profesora María Sande foi gañador dun dos premios do certame escolar da Xunta I-Comercio (Idea o teu comercio!) entregado en Santiago polo Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O noso centro resultou premiado na  categoría dedicada a proxectos relacionados co mundo da arte, a cultura, o entretemento, a tecnoloxía e a innovación, co proxecto dun centro comercial formado por tendas e produtos 100% galegos.

Distribuir contido


by Dr. Radut