Skip to Content

Cualificacións Segunda Avaliación Curso 2023/24. ESO, 1º Bacharelato

Publicación en Espazo Abalar o venres, 22 de marzo, ás 15:00 horas

Actividades complementarias de marzo

- Días 4 e 5: Charlas sobre o Día da muller. (1º ESO)

- Días 5, 7, 11, 12 e 15: Plan Director da Garda Civil. (1º, 2º, 3º e 4º ESO)

- Día 6: Participación nun torneo de rugby en Culleredo. (2º ESO)

- A partir do día 6: Obradoiro sobre fotografía e identidade. (4º ESO)

- Día 15: Programa YAM. (3º ESO)

- Do 15 ao 22: Intercambio co Lycée Saint-Michel de Annecy, Francia. (4º ESO e 1º Bach)

- Día 18: Charla Gen Tech. (2º Bach)

- Día 18: Visita a Seixo Branco e á depuradora de Sada. (2º Bach)

- Día 19: Programa YAM. (3º ESO)

- Días 20 e 21: Actividade "Coñece o litoral" Reserva da Biosfera. (1º ESO)

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2024

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Requisitos de participación:

  • Estar cursando Bacharelato durante o curso 2023/24.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
  • Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión de DNI, NIE ou pasaporte.

As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

Preme para consultar o cartel informativo

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan enmenda e solicitudes excluídas e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 11 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

   https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ 

O 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segunDo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024. 

Consultar na web da convocatoria ou no portal educativo

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O alumnado do club de ciencias recibiu unha charla de María Uxía Abad Sánchez, graduada en Tecnoloxías Mariñas na UDC (antiga licenciatura en Máquinas Navais) na especialidade eléctrico-electrónica, na que contou en que consiste este grao e as súas experiencias a bordo dos buques.
María Uxía é voluntaria de enxeñeiras sen fronteiras e este acto serviu para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Grazas a Paola Mondaca por poñernos en contacto con ela.

Visita Santiago

Álbum: CURSO 2023/24 -> Visita Santiago - Alumnado Historia da Arte 2º Bach

Teatro en inglés

Alumnado de 4º da ESO do noso centro acudiu á representación dunha obra de teatro en inglés na Casa da Cultura de Sada. A actividade foi organizada polo departamento de inglés e financiada polo Concello de Sada.

Probas acceso a ciclos


Distribuir contido


by Dr. Radut