Skip to Content

Cursos gratuítos de capacitación dixital para persoas adultas

O IES Isaac Díaz Pardo pertence á rede de centros de capacitación dixital. O obxectivo é formar en competencia dixital básica á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo galego. Os cursos de formación son de 30 horas e están subvencionados polo Fondo Social Europeo, polo que son gratuítos. 

A inscrición realizarase de forma presencial na Secretaría do IES Isaac Díaz Pardo (horario de 9.00 a 14.00 de luns a venres).  

 

Xornadas presentación profesorado titor familias

Os días 7 e 8 de outubro celebraranse no centro reunións informativas destinadas ás familias do alumnado. Terán lugar nas aulas de cada grupo.

Co fin de evitar aglomeracións, é recomendable a asistencia dun responsable por cada alumno/a.

7 de outubro de 2024:

18:30 horas: 

1º Bacharelato 

2º Bacharelato 

4º ESO D

3º ESO PDC

8 de outubro de 2024:

18:30 horas:

1º ESO A, B, D

2º ESO A, B

19:00 horas:

1º ESO C

2º ESO C, D

3º ESO A, B

4º ESO A

19:30 horas:

3º ESO C

4º ESO B, C

ANPA: Circular actividades

Prezadas familias.

Queremos achegarvos información acerca dunha serie de actividades extraescolares que queremos ofrecer para o curso 2024/25, e que se levarán a cabo en colaboración con diversos centros da vila e do Concello de Sada.

O prazo para apuntarse é ata o venres, 27 de setembro.

No documento tedes toda a información.

Si necesitades algunha información adicional chamade ao 697 461 356  (só en horario de tarde).

 

Axudas material escolar. Curso 2024/25

Prazo presentación solicitudes: 21/05/2024 - 21/06/2024

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.  

Consultar na Secretaría do centro

 https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

 As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2024 como data límite.

Programa de radio no Día das Letras Galegas

Álbum: CURSO 2023/24 -> Programa de radio

Dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2024 o 16 de maio emitiuse desde a biblioteca do instituto o programa "Hoy por hoy" de Radio Coruña Cadena Ser dedicado a Luísa Villalta. Alumnado de 1º de ESO e de 1º de Bacharelato colaborou facendo lecturas sobre a súa vida e de diversos textos da súa obra e incluso aportando algunha peza musical.

Homenaxe a Luísa Villalta

Álbum: CURSO 2023/24 -> Homenaxe a Luísa Villalta

O 13 de maio tivemos na biblioteca do Isaac Díaz Pardo un acto de homenaxe á figura de Luísa Villalta, antiga profesora do noso centro. Ademais de presentar a guía didáctica feita por profesorado e alumnado, o acto contou coa presenza e as palabras de familiares da homenaxeada; de Benito Portela, alcalde do Concello de Sada, e membros da corporación municipal; de María Dolores Sanchez Palomino, académica de número da Real Academia Galega; e da nosa directora María Sol Doval. O acto rematou coa interpretación duns poemas de Luísa versionados polo músico local Paris Joel.

II Olimpíadas de Teleco

Éxito en Vigo do alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato nas II Olimpíadas de Teleco, na modalidade equipos co seu proxecto LixoAndGo, que conseguiu o primeiro premio, quedando clasificado para representar a Galicia na fase nacional.
LixoAndGo é un punto limpo portátil e automatizado que permite facilitar ao usuario o depósito de residuos axudando a evitar a contaminación.

Distribuir contido


by Dr. Radut