Skip to Content

Recoñecemento aos mellores expedientes

Oito alumnas do Isaac Díaz Pardo figuran entre o mellor alumnado de centros de ensino medio de Galicia polas súas notas do bacharelato e da recente ABAU. O recoñecemento aos mellores expedientes valora ao alumnado que obtivo un sobresaínte na parte obrigatoria nas probas de acceso á universidade deste mes de xuño. Elas son Inés Prado, María Fernández-Getino, Carlota García, Noa Salinas, Inés Sánchez, Alba Taboada, Claudia Varela e Jimena Terrones. Parabéns!!

Premio en Galiciencia

Lóxicos e Defusos (Eva, Sara e Roque) gañadores do desafío científico “Atrévete coa aeronáutica” Galiciencia 2023. Los neptunos (Candela, Diego e Martín) finalistas. Parabéns aos dous equipos e noraboa polo voso traballo.

 

Galiciencia en Instagram.                     Premios Galiciencia.

Charla Aldaba-WIB

A exalumna do IES Isaac Díaz Pardo, Paloma Piot, enxeñeira informática  impartiu para o alumnado de TIC e Tecnoloxía e enxeñería de 1º de bacharelato, unha charla divulgativa en colaboración coa asociación Hello Sisters! (corunadixital.gal/es/iniciativa/hello-sisters-esp/) co obxectivo de motivar ou impulsar a vocación en tecnoloxías e informática entre o alumnado, especialmente o feminino.

Esta iniciativa é un dos principais obxectivos da Cátedra interuniversitaria Aldaba-WIB (https://www.fundacion.udc.es/aldaba-wib/), para contribuir a dar visibilidade as mulleres no mundo das TIC co obxectivo de atraelas para que estuden Informática, tentando reducir a brecha de xénero tan grande que hai no sector. Unha das causas identificadas da falta de mulleres en carreiras TIC é o descoñecemento da realidade da profesión dun/a Enxeñeiro/a en Informática.  

Actividades complementarias de maio

Día 3: Charla Aldaba WIB. Tecnoloxía. (1º Bach)

Días 3, 8, 12 e 15: Obradoiro de afectividade e sexualidade. (1º e 2º ESO)

Día 5: Visita ao Pazo de Meirás. (4º ESO)

Día 5: Contacontos nun colexio de primaria. (3º ESO)

Días 8 e 12: Obradoiro de educación sexual. (3º ESO)

Día 10: Visita a Galiciencia. (Club de ciencias)

Día 10: Visita ao Pazo de Oca. (3º e 4º ESO)

Día 11: Final Desafío Galiciencia 2023. (1º Bach)

Día 12: Graduación de 2º de bacharelato.

Día 15: Observación da flora no entorno do instituto. (1º Bach)

Día 31: Charla coa escritora Eva Mejuto. (2º ESO)

Charla Gen-Tech

O 19 de abril o enxeñeiro informático Daniel Turiño, de Altia, deu unha charla no noso centro sobre saídas profesionais no mundo das TIC e sobre a súa experiencia e vida profesional ao alumnado da materia optativa de TIC de 2º de bacharelato. Os asistentes puideron preguntar desde cuestións sobre opcións de futuro ata referidas á intelixencia artificial.

II Concurso de derivadas

Álbum: CURSO 2022/23 -> Concurso de derivadas

Convocado polo Club de Ciencias do Díaz Pardo, foi estruturado nunha fase previa e en roldas eliminatorias ata chegar á gran final gañada polas alumnas de 2º de bacharelato Inés Sánchez Fernández e Jimena Terrones Otero. Abundante público seguiu as distintas sesións do concurso nos recreos.

Viaxes culturais a París e Londres

Álbum: CURSO 2022/23 -> Viaxes culturais a París e Londres

Reserva de praza alumnado centros adscritos Curso 2023/24

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos, informamos que os postos dispoñibles en 1º ESO e 1º Bacharelato no IES Isaac Díaz Pardo para o curso 2023/24 son suficientes para atender as solicitudes presentadas en prazo.

Radio Mimina

O 15 de febreiro comeza a funcionar a radio do instituto, Radio Mimina, coa gravación do primeiro podcast para conmemorar o día de Rosalía de Castro.

Distribuir contido


by Dr. Radut