Histórico

Curso: PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DE PRODUTOS DO MAR

Tagged:
29/12/2016 16:51
Atlantic/Bermuda

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Impulsado dende a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, E dirixido ás Escolas e Centros de Formación de Hostalería. aborda de forma global, multidisciplinar e especializada o coñecemento e tratamento dos produtos do mar para  os futuros profesionais deste sector. A proposta,  ten en conta  as  necesidades  específicas do  sector  hostaleiro, onde  a  formación  continuada,  o  dominio  e uso  respectuoso dos  recursos  gastronómicos  de  proximidade  e  unha  oferta  de calidade diferenciada  son  craves  para  o  éxito  dos  futuros  modelos  de negocios  a emprender  polos  alumnos  e  por  extensión  para enriquecer  o patrimonio  gastronómico, cultural  e turístico de Galicia, dando pulo ao sector primario e ao tecido industrial galego.

 ACCESO Á GALERÍA

 CALENDARIO DE SESIÓNS 

PROMOCIÓN E DIFUSIÓN PRODUTOS DO MAR CENTROS FORMACIÓN HOSTALERÍA

 
 

IES FRAGAS DO EUME

 
 

DECEMBRO

 

DATA

DÍA

HORARIO

SESIÓN

TEMÁTICA

DURACIÓN ESTIMADA

HORARIO

 

 20/12/16

MARTES

MAÑÁN

Sesión Maxistral

S1: Entorno Socioeconómico Sector Pesqueiro

4 HORAS

10:00-14:00 h

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XANEIRO

 

DATA

DÍA

HORARIO

SESIÓN

TEMÁTICA

DURACIÓN ESTIMADA

HORARIO

 

 23/01/17

LUNS

MAÑÁN

Cociña ó vivo

S6: A Cociña con Crustaceos e Conservas

4 HORAS

10:00-14:00 h

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FEBREIRO

 

DATA

DÍA

HORARIO

SESIÓN

TEMÁTICA

DURACIÓN ESTIMADA

HORARIO

 

 24/02/17

VENRES

MAÑÁN

Sesión Maxistral

S3: Especies Pesqueiras Galicia

6 HORAS

9:00- 15:00 h

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MARZO

 

DATA

DÍA

HORARIO

SESIÓN

TEMÁTICA

DURACIÓN ESTIMADA

HORARIO

 

 14/03/17

MARTES

MAÑÁN

Cociña ó vivo

S4:  Cociña con Moluscos

4 HORAS

10:00-14:00 h

 

 31/03/17

VENRES

MAÑÁN

Sesión Maxistral

S5: Compra Produtos Mar / Marcas

4 HORAS

10:00-14:00 h

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ABRIL

 

DATA

DÍA

HORARIO

SESIÓN

TEMÁTICA

DURACIÓN ESTIMADA

HORARIO

 

 19/04/17

MÉRCORES

MAÑÁN

 Cociña ó Vivo

S8: A Cociña Saudable

4 HORAS

10:00-14:00 h

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAIO

 

DATA

DÍA

HORARIO

SESIÓN

TEMÁTICA

DURACIÓN ESTIMADA

HORARIO

 

 08/05/17

LUNS

MAÑÁN

Sesión Maxistral

S7: Do Mar á Mesa de Forma Saudable

6 HORAS

9:00- 15:00 h

 

 19/05/17

VENRES

MAÑÁN

Cociña ó vivo

S2:  A Cociña con Peixe Fresco

4 HORAS

10:00-14:00 h

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XUÑO

 

DATA

DÍA

HORARIO

SESIÓN

TEMÁTICA

DURACIÓN ESTIMADA

HORARIO

 

 09/06/17

VENRES

MAÑÁN

Cociña ó vivo

S9: Os Descoñecidos da Ría

4 HORAS

10:00-14:00 h

 

 

1ª SESIÓN: Presentación das xornadas -Calendario de traballo- Sesión maxistral: entorno socioeconomico do sector pesqueiro en Galicia

2ª SESIÓN: Sesión de cociña en vivo - Degustación e show cooking: A cociña con peixe fresco 

 3ª SESIÓN: Sesión maxistral: Especies pesqueiras en Galicia. - Preparación, conservación e transformación dos produtos da pesca.

 4ª SESIÓN: Sesión de cociña en vivo - Degustación e show cooking: A cociña con moluscos bivalbos, gasterópodos e cefalópodos.

 5ª SESIÓN: Sesión maxistral: A compra dos produtos do mar para hostalería - O noso mar como  marca: Denominacións de orixe, Selos e Marcas de calidade.

 6ª SESIÓN: Sesión de Cociña en Vivo. Degustación e Showcooking: A  Cociña con crustáceos e conservas.

 

 SESIÓN 7: Sesión Maxistral: Do Mar á mesa de forma saúdable.

 SESIÓN 8: Sesión De Cociña En Vivo. Degustación E  Showcooking : A Cociña saúdable.

 SESIÓN 9: Sesión De Cociña En Vivo. Degustación E Showcooking : Os desconocidos Da ria, algas e especies de reciente explotación. Casos de Estudio.

 SESIÓN 10:  Visita guiada:  Porto de Vigo - Centro de Investigación de Tecnoloxías Avanzadas Da Conservación (CYTMA) - Planta piloto ANFACO--‐CECOPESCA - Instituto Galego de Formación en Acuicultura

 

    

POÑENTES SESIONS MAXISTRAIS

CHARLAS INFORMATIVAS

`POÑENTES SESIÓNS DE COCIÑA EN VIVO

SHOW COOKING

POÑENTE 1: CARLOS SANTIAGO RUIZ BLANCO

Dr. En Ciencias Químicas Coordinador Lexislativo  en Anfaco – Cecopesca

CHEF 1: XOAN CRUJERIAS

(Restaurante A Estación – Cambre)

1 Estrella Michelín

1 Sol Repsol Grupo Nove

POÑENTE 2MARÍA LORENA FORMOSO ESTÉVEZ

Licenciada en Ciencias e Teconoloxía dos Alimentos

Máster en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca Personal

Técnico da área de Enxeñería, Innovación e Desarrollo Tecnolóxico. Asisntecia Técnica e Consultoría De Anfaco

CHEF 2: HÉCTOR LÓPEZ

(Restaurante España – Lugo)

1 Sol Repsol

POÑENTE 3: MARÍA VAQUERO OTERO

Licenciada en Veterinaria Experta en Seguridade E Hixiene Alimentaria

Coordinadora da Área de Asistencia Técnica y Consultoría de Anfaco – Cecopesca

CHEF 3: JAVIER RODRÍGUEZ PONTE “TAKY”

(Catering Bokete - Coruña) Grupo Nove

POÑENTE 4: MARTA AYMERICH CANO

Licenciada en Ciencias Empresariais

Responsable do Departamento de Comercio, Internacionalización e relación coa UE e Promoción de Anfaco  -  Cecopesca

CHEF 4: FLAVIO MORGANTI

(Restaurante Galileo – Ourense)

(Restaurante Pura Vaca – Madrid)

2 Soles Repsol  

Q de Calidade Turística

POÑENTE 5: IGNACIO BALBOA

Licenciado en Medicina Xeral e Ciruxía

Director/Presentador do programa “Falando de Saúde” – Correo TV

Colaborador en Actividades de Promoción e Difusión dos productos do mar e da  terra en eventos profesionais – Xunta de Galicia

 Presentador e colaborador de “A Revista” – RTVG Director es Radio / Libertad Digital

CHEF 5: EMMA PINAL

(Gastro-Bar O Birrán – Ribadavia)

Coordinación Actividades Cocina

 

Obxetivos principais:

- Fomento do consumo dos productos da pesca e da acuicultura entre ás áreas profesionais ligadas directamente ao produto ( cociña, restauración, servizos gastronómicos) e por extensión ao consumidor.

- Familiarizar aos futuros cociñeiros co mundo da pesca e da acuicultura para aumentar o seu coñecemento e interese por estes produto, dende un enfoque práctico e con aplicación real no seu entorno laboral.

- Achegar os estudantes ao coñecemento das distintas especies mariñas autóctonas disponibles en Galicia. ( propiedades nutricionais, vedas, estacionalidades, artes de pesca, etc..)

- Dar a coñecer os selos de garantía e marcas de calidade dos productos do mar que abalan e certifican orixe e calidades.

- Aprender a coñecer, manipular, conservar e preparar, os alimentos do mar dende o punto con hixiene, rendemento e respecto polo produto.

- Transmitir a importancia dos productos da pesca e da acuicultura na dieta en relación ás achegas nutritivas e como parte fundamental dunha dieta saudable e equilibrada.

- Converter ao sector hostaleiro en “prescriptores” de valor dos productos do mar.

 

ENTIDADES E ORGANISMOS COLABORADORES

COLABORACIÓNS en ACTIVIDADES:

Consello Regulador D.O.P Mexillón de Galicia

Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia

Anfaco - Cecopesca

Empresas Casos Prácticos: 27 Percebeiros,Obrador de Lamprea, Portomuiños, etc

 

 

COLABORACIÓNS en VISITAS:

Anfaco--‐Cecopesca

Porto de Vigo

Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a  industria mariña e alimentaria (CYTMA)

Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA)

CONCURSO OTC-GROUP (MONÍN)

Tagged:
02/12/2016 12:48
Atlantic/Bermuda

Concurso Nacional de Coctelaría "MONÍN"

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O alumno David López Golpe participou na semifinal  nacional  do concurso de coctelaría "Monín", disputado o 1 de decembro no CIFP de hostalería e turismo de Gijón.

A esta semifinal participaron representantes de centros  de hostalería de : Galicia, Asturias, Euskadi, Castela-León.

Acceso ó álbum

 

VISITAMOS CAFÉS VERACRUZ E SALONES PASTORIZA

Tagged:
25/11/2016 10:52
Atlantic/Bermuda

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Alumnado de CS Dirección de Servizos en restauración de 1º e 2º curso , desprazaronse a Coruña , para coñecer as instalacións de “CAFES VERACRUZ”. Durante a  visita tivemos oportunidade de observar o proceso de  tostado do café , e fomos testemuñas  do proceso de elaboración dun “Perfecto  espresso”, por parte do Barista Fernando Rojas , (ex-alumno do noso centro ), que tamen nos deleitou con uns capuccinos.

Por ultimo participamos de unha cata brasileira de café , comentada por Augusto  Morales, Mestre cafeteiro de Cafés Veracruz. Que nos agasallou con un paquete do café que había tostado  previamente connosco.

Posteriormente acercamos a “SALONES PASTORIZA”, onde nos atendeu o seu xestor José María Gestal, o cal nos acompañou nun percorrido polo establecemento, informándonos das particularidades do mesmo, as instalación, a súa oferta  e respondeu as diversas cuestións que se foron prantexando  ao longo da visita.

 

ACCESO  Á GALERÍA

O UNIVERSO: UN HAIKU GALEGO

Tagged:
24/11/2016 22:08
Atlantic/Bermuda
 O UNIVERSO: UN HAIKU GALEGO
 
Exposición organizada polos Departamento de Ciencias Naturais e Lingua Galega.
Coincidindo co mes da ciencia en galego, as alumnas e alumnos e 1º de ESO presentan unha exposición na que se mistura a divulgación científica, a poesía e mesmo a filosofía.
A exposición atópase na Biblioteca do centro e presenta unha selección de maquetas das fases lunares e os eclipses  que realizou o alumnado de 1º ESO na materia Bioloxía e Xeoloxía, así como un preciosísimo mural con haikus sobre o Universo elaborado na materia de Lingua Galega.
 
Por que non podemos ver a Lúa nova de noite? Por que a Lúa minguante non se nunca ao anoitecer? Por que sempre vemos a mesma cara da Lúa? Que é un eclipse? Por que a Lúa desperta en nós tanta intriga e romanticismo...?

Achegádevos á exposición e atoparedes a resposta a todas estas preguntas e moitas máis!
E como guinda deste pastel galáctico, o alumnado de 1º ESO tamén ten o pracer de compartir con todos vós un vídeo co que pretende transmitir  unha mensaxe filosófica transcendental e de gran axuda nos momentos difíciles das nosas vidas: a importancia de relativizar os nosos problemas ao vernos como unha mínima parte dun Universo que se expande e do que case non sabemos nada. 

Dirixide a vosa nave espacial cara a Biblioteca e desfrutade desta exposición, alí vos agardamos!
 
 
ACCESO AO ÁLBUM
 


 

ALUMNAS DE 4º da ESO en RADIO FENE

Tagged:
24/11/2016 19:33
Atlantic/Bermuda

 

As alumnas: Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martín, María Díaz e Sara Costoya, de 4º da ESO, asistiron ao programa  radiofónico , onde exerceron como autenticas criticas literarias

 

Xosé Manuel Sarille: “A guerra é moito máis terrible do que podemos concebir”



Xosé Manuel Sarille coas alumnas do IES Fraga do Eume

“O uso de saltos no tempo non foi algo consciente, vin que non discurriría ben a narración se fose lineal, e a novela comeza nos anos 50 e logo retrocede aos anos da República” afirmou o autor de Polos fillos dos fillos Xosé Manuel Sarille. O escritor dialogou no club de lectura de Radio Fene sobre a súa obra, con Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martin, Maria Diaz e Sara Costoya, alumnas de 4º da ESO do Instituto de Ensino Secundario Fraga do Eume de Pontedeume.

Sociedade • 24/11/2016 • Autor: Redacción

“Todo puido ter ocorrido, o que non quere dicir que os diálogos que se reproducen foran exactos, pero arredor da guerra creanse moitos bulos e hai que ser moi coidadosos. De todos os xeitos, a guerra é moitisimo máis terrible do que podemos concebir” salientou Sarille.

 

 

TEATRO NO FÓRUM METROPOLITANO

Tagged:
23/11/2016 22:43
Atlantic/Bermuda

TEATRO "LOS TRES MOSQUETEROS"

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Alumnado de  1º e 2º da ESO desprazáronse ao Fórum Metropolitano da Coruña, onde  asistiron a adaptación da novela de Alejandro Dumas: “Los tres Mosqueteros”.

Á  actividade organizada polo departamento de” Lengua  Castellana y literatura”, asistiron acompañados das docentes:  Anxos, Celia e Glafira.

 

Parabéns  aos nosos alumnos polo seu  respecto e atención!!

PRODUTOS GOURMET- DISTRIBUCIONES RIVAS

Tagged:
17/11/2016 19:44
Atlantic/Bermuda

PRESENTACION COMERCIAL DISTRIBUCIONES RIVAS 

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Alumnado de segundo curso dos cliclos medio de Servizos de Restauración e superior de Dirección en Servizos de Restauración, asistiron a presentación comercial  ofrecida  por "DISTRIBUCIONES RIVAS",   no marco dos salóns do restaurante  "MIRADOR DE SAN PEDRO" ,  en Coruña.

Durante a mesma ,tiveron oportunidade de asistir  as diversas ponencias  que se efectuaron por  especialistas  e técnicos desplazados dende diversas denominacions de orixe, e empresas  comercializadoras de productos gourmet para restauración:

- O sommelier: figura indispensable no restaurante

- Ventresca e anchoa de santoña: elaboración, conservación e consumo.

- O xamón: corte, presentación e venda no restaurante

- O aceite de oliva: do olivo, pola almazara e á mesa

 

Ao remate das exposicións, o alumnado tivo oportunidade de  degustar  parte dos produtos, asi como catar varios viños e escumosos, procedentes de diversas denominacións de orixe,  novedosos no mercado .

 

DAMOS LA BIENVENIDA A LA BIBLIOTECA A LOS ALUMNOS DE 1º DE ESO

Tagged:
16/10/2016 21:46
Atlantic/Bermuda

BIENVENIDA A LOS ALUMNOS DE 1º DE ESO

Hemos dado la bienvenida  a los alumnos de1º de ESO. Durante dos sesiones les hemos dado de alta, les hemos explicado la organización y colocación del material y, por equipos, han comprobado cómo se puede encontrar de todo: libros, revistas, películas, diccionarios...

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Acceso a la galería...

VENDIMA NO CFEA DE GUSAMO

Tagged:
05/10/2016 09:09
Atlantic/Bermuda

 

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Alumnado de 2º  curso dos ciclos medio de servizos de restauración e superior de dirección de servizos , realizaron una visita as instalacións do centro de experimentación agraria de  Guisamo (Bergondo).

Durante a mesma tiveron a oportunidade  de participar na vendima da colleita, visitar as instalacións ,  asistir a una charla  na cal se  lles informou de diversos aspectos relacionados  co eido vitivinícola , así como ser testemuñas  do inicio das tarefas e procesos  de elaboración do viño.

PABLO LAGOA gañador das Olimpiadas Matemáticas Galegas,

Tagged:

 

O alumno  Pablo Lagoa Loureiro de 2º da ESO, do IES Fraga do Eume de Pontedeume, foi proclamado gañador das Olimpiadas Matemáticas Galegas, e representará a  Galicia na fase final Española, que se celebrará en Santander a finais de xuño 

Finalistas 2016

Aquí tedes a Pablo,xunto co resto dos  finalistas ( Manuel, Álvaro e Jorge) co Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro.

 

Distribuir contido