COLABORANDO NA PROMOCIÓN DE PONTEDEUME
FASHION NIGHT EN PONTEDEUME Alumnado do ciclos medios de servizos en restauración (diúrno e modular ), colaboran co comercio Eumés , montando un stand no cal desenvolveron unha exhibición de coctelería, ao longo da mesma realizaron unha degustación de cócteles con e sen alcol . |
|
DEGUSTACIÓN NO MERCADO DE ABASTOS DE PONTEDEUME En colaboración co concello de Pontedeume, alumnado do ciclo medio de cociña, elaborou e ofreceu un aperitivo a base de produtos autóctonos e do mercado , o cal foi degustado polos clientes habituais do mercado de Pontedeume , actualmente ubicado nas “Lonxas de Raxoi”. |
|
O alumnado que cursa a asignatura de música, efectúa dous concertos durante os dias 26 e 27 de maio, aos cales asisten como público o alumnado de ESO e de 1º de bacharelato, asi como boa parte do claustro do centro .
INTERPRETANDO O SEGUINTE REPERTORIO :
CONCERTO 2015-2016. ORDE DE ACTUACIÓN
2º ESO
-
COSMOS (frautas, tipo banda sonora de cine)
3º ESO
-
DOWN BY THE SALLY GARDENS (frautas, tradicional irlandesa)
-
THE FINAL COUNTDOWN (EUROPE) (frautas, rock)
4º ESO
-
HALONG BAY (frautas e percusión de láminas, música oriental)
-
LIR (frautas e percusión de láminas, música minimalista)
-
SLIPPING THROUGH MY FINGERS (ABBA) (canto, do musical Mamma Mia!)
-
MEU AMOR MARIÑEIRO (FUXAN OS VENTOS) (canto, con violoncello e guitarra eléctrica)
-
LOS CHICOS DEL CORO (frautas, banda sonora de cine)
-
CUÉNTAME (frautas, pop español)
-
ABBA (MONEY, MONEY, MONEY; MAMMA MIA; WATERLOO) (frautas, pop)
1º BACHARELATO
-
WALK OF LIFE (DIRE STRAITS) (frautas, rock)
-
SHIN-CHAN (frautas, percusión de láminas e percusión indeterminada; banda sonora de debuxos animados)
-
PRIVILEGGIO RARO (frautas e percusión de láminas, versión en acústico de música electrónica)
-
GO THE DISTANCE (frautas, banda sonora da película Hércules)
4º ESO E 1º BACHARELATO
-
O CARRO (FUXAN OS VENTOS) (canto e violoncello, baseada nunha poesía de Manuel María)
Dirixido a todo o alumnado do centro , e realizado polo alumnado de ciclos , desenvolvense duas xornadas de buffet de almorzo , nas cales poden degustar :zumes , froita, queixos e lacteos, bollería e repostaría artesana,elaboracións de ovos, etc.
co obxetivo de facer unha actividade practica para o alumnado de ensinanzas profesionais, aproveitaxe a coiuntura para fomentar entre o alumnado a importancia de realizar un almorzo plurar e destacala súa importacia na alimentación diaria.
as xornada proogouse coa elaboración e servizo de un Brunch
ALUMNADO DO IES DE CANIDO VISITA O NOSO CENTRO
Estudiantes de hostaleria do IES de Canido, que estan a cursar estudios de hostalería, realizaron un percorrido polas instalacións , e foron informados da oferta educativa do centro .
Ao remate da visita, disfrutaron de un coffee break , elaborado e servido por alumnado dos ciclos medios de servizos en restauracion,cociañe gastronomia, e panaradía, repostaría e confeitaría
A área de Benestar Social, Educación e Políticas da Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña entregou na tarde deste mércores día 14 de abril os premios Concepción Arenal a proxectos educativos para a igualdade de xénero que recaeron no C.E.I.P. de Canosa-Rus de Coristanco na modalidade de Educación infantil, o C.E.I.P. Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol en Educación Primaria e o I.E.S. Fraga do Eume, de Pontedeume para Educación Secundaria.
A deputada Ánxela Franco, responsable da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero entregou os premios nun acto que tivo lugar no Salón de Plenos da Deputación da Coruña no que participaron representantes do profesorado dos centros que elaboraron os proxectos gañadores.
"As aulas, o ámbito escolar, é fundamental para a eliminación do machismo que é tamén o obxectivo ao que quere contribuír este certame", sinalou Ánxela Franco no acto de entrega dos premios que, nesta edición, consistiron nunha achega de 5.000 euros máis unha figura coa imaxe de Concepción Arenal, de quen recoñeceu o relevante papel histórico na defensa da igualdade das mulleres. "Estou certa de que o premio será moi ben empregado. Son consciente de que en tempos de recortes a educación e a igualdade sofren e nós temos seguridade de que este certame reverterá en beneficio do alumnado de cara á igualdade", engadiu, nun acto no que recolleron os premios docentes dos tres centros de ensino.
Ánxela Franco, agradeceu a implicación e participación de todos os centros de ensino e parabenizou aos gañadores por desenvolver uns proxectos dos que desexou, segundo dixo, que non sexan só aplicados nos propios centros senón que irradien nas súas comunidades sociais e que sirvan de modelo para eliminar a discriminación.
Na Modalidade A, de Educación Infantil, o centro gañador foi o C.E.I.P. de Canosa-Rus, do concello de Coristanco, co seu proxecto "Sementando a igualdade no rural". O xurado no seu fallo valorara, entre outras razóns, a implicación de toda a comunidade educativa, incluíndo ás familias e outras organizacións da contorna.
En Educación primaria, o gañador é o C.E.I.P. Plurilingüe San Xoán de Filgueira, do concello de Ferrol, co seu proxecto "Todas e todos contamos". O xurado valorou a implicación do persoal docente e non docente no proxecto, incluíndo a persoal de servizos do propio centro e incluso a outro tipo de organizacións (ONG, concellos, etc.). Destácase tamén a variedade de actividades incluídas así como a cantidade de recursos empregados (literatura, cine, teatro, exposición fotográfica, etc.).
En canto á terceira das modalidades, referida a Educación secundaria, o proxecto gañador foi o presentado polo I.E.S. Fraga do Eume, do concello de Pontedeume, co "Proxecto Amazonas. Observatorio de xénero. Laboratorio de igualdade". Con carácter comarcal, que implica tamén a persoal do concello de Cabanas, o proxecto destínase non só ao alumnado senón tamén a persoal docente e a familias. Contempla a creación dun Observatorio de xénero, con impacto no centro e na contorna, chegando a definir as súas funcións principais; e un plan de avaliación definindo indicadores de tipo cuantitativo e cualitativo e os instrumentos avaliativos a empregar.
https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=700
Han ganado el premio Concepción arenal de Proxectos Educativos para a igualdade de xénero
El CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol en Educación Primaria; y el IES Fraga do Eume, de Pontedeume, son los tres centros educativos que han ganado el premio Concepción arenal de Proxectos Educativos para a igualdade de xénero, convocado por la Diputación. Con respecto al de Ferrol el jurado valoró la implicación del personal docente, concello y oenegés; y sobre el de Pontedeume, su carácter comarcal al contemplar la creación de un observatorio de género.
MEMORIAL MOLDES 2016
ACTIVIDADES | |
Durante os dias 22 e 23 de febrero, realizaronse varias actividades no noso centro (IES FRAGA DO EUME), co gallo da celebración, o vindeiro xoves día 25, da XVII edición do concurso de cociña e coctalaría “José Rguez Moldes-Rey”. Dúas das ponencias, una de mañá e outra de tarde, foron dirixidas ao alumnado da especilidade de servizos en restauración, sendo unha delas “O servizo do escumoso” impartida por Luís Paadín, sumiller e embaixador da champagne en España, e a outra “A importancia da copa na hostalaría” sendo o ponente o gerente de Riedel España. Ao longo da mañá tamén se celebrou un taller dirixido ao alumnado de panadería e repostaría, que levaba por título “Técnicas para traballar co chocolate” e que foi impartido por Pedro Espasandín, mestre pastaleiro e director da Escola Obradoiro Gascón. Xa para rematar, pola tarde celebrouse unha mesa redonda, na que se contou con 5 cociñeiros de recoñecido prestixo e actualidade no mundo da gastronomía galega: Alberto Gzlez Precil do Restaurante Silabario de Tui, Roberto Filgueira de o restaurante O Balado en Boqueixón, Javier Rodríguez Ponte (Taky) do Catering Boketé, Adrián Felipez que abrirá a vindeira semana o seu Restaurante Miga na Coruña, e Pablo Pizarro do Restaurante BocaNegra, tamén na Coruña, todos eles relataron as súas experiencias e vivencias detrás dos fogóns e responderon a numerosas preguntas formuladas polo alumnado, nunha charla que se prolongou ao longo de tres horas.
|
|
¨O SERVICIO DO ESCUMOSO; SUMILLER DE PAXARITA OU SOMMELIER DE FOULARD” ponencia a cargo de D. Luis Páadin ¨SUMILLER E EMBAIXADOR DO CHAMPAGNE EN ESPAÑA” a ponencia versou sobre as caracteristicas dos diversos perfis de somelier que conviven no mercado actual tanto nos estabrecementos mais tradicionais como nos mais vangardistas. a continuacion desenvolveuse unha sesion sobre o servizo de escumosos, na cal se incluiu unha cata de diversos caldos entre os que destacaron os cavas e o champagne. |
|
TÉCNICAS PARA TRABALLAR CO CHOCOLATE
D. PEDRO ESPASANDÍN (MAESTRE PASTELEIRO E DIRECTOR DA ESCOLA OBRADOIRO GASCÓN
taller demostrativo , no que os alumnos de pastalería podeiron observar d eprimerira mas as técnicas mais vangardistas que se empregan na actualidade a hora de traballar o chocolate , e aspectos relacionados co seu emprego como ingrediente e como traballalo dendo o eido da presentación e decoración |
|
MESA REDONDA : cociñeiros . experiecias persoais e profesionais durante a mesma varios profesionais en exercicio, de recoñecido prestixio, deron traslado das súas experiencias persoais e profesionais ao alumnado que cursa os seus estudos de cociña no centro |
|
PRESENTACIÓN DE CRISTALERÍA "RIEDEL" ponencia demostrativa na cal se informou dos diversos aspectos comerciais desta marca de cristaleria, e que se complementou con unha cata comparativa sobre as diferencias de sabor, aroma e presentación que a mesma ofrece con respecto a outros modelos e marcas. |
|
DECEMBRO | |
O "INSTITUTO DO CAVA" REALIZA UNHA XORNADA DE CATA DE CAVAS CON MARIDAXE NO NOSO CENTRO
o instituto do CAVA a través de un dos seus embaixadores en Galiza, desenvolve no noso centro unha "cata vertical comentada" . Durante a mesma , os alumnos que cursan ciclos da especialidade de servizos, tiveron oportunidade de catar 5 tipos de cava, ( brut, brut nature, reserva, gran reserva e Rosé), os cales foron maridados con diversas propostas elaboradas polos alumnos cociña e panadaría, os cales tamen realizaron varias elaboracións con cava. Así mesmo recibirón unha completa explicación sobre o proceso de elaboración do Cava, e abundante documentación
|
|
Cata-Degustación 15/12/2015 |
|
CAVA | COCIÑA/PANADARÍA-REPOSTARÍA |
TORREBLANCA BRUT
VALLFORMOSA COL-LECCIÓ BRUT NATURE RESERVA
JUVE & CAMPS RVA DE LA FAMILIA G.RVA. 2011 BRUT NATURE
FREIXENET CUVÉE D.S. BRUT G. RVA.
ROSADO RUBOR AURORAE BRUT
|
Pan de semillas con pasas ao cava Preñados con chourizo ao Cava Empanada celta con zamburiñas en masa de Cava Ceviche de vieira e robaliza Tartar doce de xiva Migiri de dourada e sargo Xurelo marinado sobre crocante Polbo a feira Bacalao ao pil-pil Pato a laranxa Mousse de amorodo con gelee de Cava e cítricos
|
Recetas de platos navideños en el Fraga do EumeTres alumnos del instituto mostrarán cómo elaborar algunos platos para chuparse los dedos
IES Fraga do Eume. Las fiestas navideñas ya están aquí y hay quien todavía no sabe qué preparar de menú para los días más señalados. Bajo la organización de las Amas de Casa de Pontedeume, tres alumnos del IES Fraga do Eume mostrarán esta tarde cómo elaborar algunas recetas para chuparse los dedos, como, por ejemplo, rollitos de pollo rellenos de gambas con vinagreta de frutos secos. |
Euroeume y el IES Fraga do Eume colaboran en la difusión de “Productos do Eume”
El aula comedor del IES Fraga de Eume de Pontedeume acogió ayer el acto de presentación de la marca “Productos do Eume” que la asociación Euroeume promueve en colaboración con la Diputación de A Coruña, y a cuya red de “embajadores” se suma ahora también el centro educativo a través de un convenio para respaldar el proceso de difusión de la marca. Según avanzó ayer el gerente de la entidad, Miguel Teixido, la colaboración se concretará no solo en la formación para futuros restauradores, a los que se les dará a conocer estos productos, sino a profesionales externos para que los utilicen. “Ademais o instituto fomentarán a investigación en torno aos produtos que se comercialicen baixo a marca Productos do Eume co fin de coñecer as súas características e elementos diferenciadores”, indicó Teixido.
|
|
Simulacro de emerxencia e evacución Un ano mais levouse sa cabo un simulacro de evacuación do centro . neste exercicio que nos permite identificar aspectos de mellora no proceso , e adestramento tanto do persoal do centro como do alumnado . Como tódolos anos as familias e alumnado foron informados previamente , para evitar situacións de ansiedade e preocuacións innecesarias.
Este ano “tiráronnos das orellas” os supervisores do simulacro, “hai que ser mais rápidos”. Polo demais todo ben , afortunadamente . ¡¡salvamonos todos!!.
|
|
Celebración do Samaín Con motivo da celebración do Samain desenvolvemos no centro unha serie de actividades para conmemorar esta tradición . Entre as mesmas destacamos : - Lecturas e dramatización de obras de medo a cargo de Braís Rey, dirixido a alumnos de 2º e 3º de ESO - Taller de tallado de cabazas , coordinados por Suso Rubido e Juan Couce , e desenrolados por alumnos do CM de Cociña e Gastronomía de 2º curso ,dirixidos a alumnos de FPB e 1º ESO - Lectura e interpretación do conxuro da queimada, demostracion e degustación de coctalería do Samaín, para alumnos de 4º da ESO E BACHARELATO, a cargo de Samuel Pérez e os alumnos do CS de Dirección en Servizos de Restauración - Magosto e degustación de produtos típicos do Samaín, para todos - Celebracion de unha cea temática sobre o Samaín a cargo dos alumnos de ensinanzas modulares de adultos e CSDSR1 |
|