ALUMNAS DE 4º da ESO en RADIO FENE

Tagged:
24/11/2016 19:33
Atlantic/Bermuda

 

As alumnas: Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martín, María Díaz e Sara Costoya, de 4º da ESO, asistiron ao programa  radiofónico , onde exerceron como autenticas criticas literarias

 

Xosé Manuel Sarille: “A guerra é moito máis terrible do que podemos concebir”



Xosé Manuel Sarille coas alumnas do IES Fraga do Eume

“O uso de saltos no tempo non foi algo consciente, vin que non discurriría ben a narración se fose lineal, e a novela comeza nos anos 50 e logo retrocede aos anos da República” afirmou o autor de Polos fillos dos fillos Xosé Manuel Sarille. O escritor dialogou no club de lectura de Radio Fene sobre a súa obra, con Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martin, Maria Diaz e Sara Costoya, alumnas de 4º da ESO do Instituto de Ensino Secundario Fraga do Eume de Pontedeume.

Sociedade • 24/11/2016 • Autor: Redacción

“Todo puido ter ocorrido, o que non quere dicir que os diálogos que se reproducen foran exactos, pero arredor da guerra creanse moitos bulos e hai que ser moi coidadosos. De todos os xeitos, a guerra é moitisimo máis terrible do que podemos concebir” salientou Sarille.