Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
21
| 22
| 23
Start: 23/11/2016 22:43
TEATRO "LOS TRES MOSQUETEROS"
| 24
Start: 24/11/2016 19:33
As alumnas: Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martín, María Díaz e Sara Costoya, de 4º da ESO, asistiron ao programa radiofónico , onde exerceron como autenticas criticas literarias
Xosé Manuel Sarille: “A guerra é moito máis terrible do que podemos concebir”“O uso de saltos no tempo non foi algo consciente, vin que non discurriría ben a narración se fose lineal, e a novela comeza nos anos 50 e logo retrocede aos anos da República” afirmou o autor de Polos fillos dos fillos Xosé Manuel Sarille. O escritor dialogou no club de lectura de Radio Fene sobre a súa obra, con Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martin, Maria Diaz e Sara Costoya, alumnas de 4º da ESO do Instituto de Ensino Secundario Fraga do Eume de Pontedeume. “Todo puido ter ocorrido, o que non quere dicir que os diálogos que se reproducen foran exactos, pero arredor da guerra creanse moitos bulos e hai que ser moi coidadosos. De todos os xeitos, a guerra é moitisimo máis terrible do que podemos concebir” salientou Sarille.
Start: 24/11/2016 19:56
Start: 24/11/2016 22:08
O UNIVERSO: UN HAIKU GALEGO
Exposición organizada polos Departamento de Ciencias Naturais e Lingua Galega.
Coincidindo co mes da ciencia en galego, as alumnas e alumnos e 1º de ESO presentan unha exposición na que se mistura a divulgación científica, a poesía e mesmo a filosofía. A exposición atópase na Biblioteca do centro e presenta unha selección de maquetas das fases lunares e os eclipses que realizou o alumnado de 1º ESO na materia Bioloxía e Xeoloxía, así como un preciosísimo mural con haikus sobre o Universo elaborado na materia de Lingua Galega. Por que non podemos ver a Lúa nova de noite? Por que a Lúa minguante non se nunca ao anoitecer? Por que sempre vemos a mesma cara da Lúa? Que é un eclipse? Por que a Lúa desperta en nós tanta intriga e romanticismo...?
Achegádevos á exposición e atoparedes a resposta a todas estas preguntas e moitas máis! E como guinda deste pastel galáctico, o alumnado de 1º ESO tamén ten o pracer de compartir con todos vós un vídeo co que pretende transmitir unha mensaxe filosófica transcendental e de gran axuda nos momentos difíciles das nosas vidas: a importancia de relativizar os nosos problemas ao vernos como unha mínima parte dun Universo que se expande e do que case non sabemos nada. Dirixide a vosa nave espacial cara a Biblioteca e desfrutade desta exposición, alí vos agardamos! | 25
Start: 25/11/2016 10:52
Alumnado de CS Dirección de Servizos en restauración de 1º e 2º curso , desprazaronse a Coruña , para coñecer as instalacións de “CAFES VERACRUZ”. Durante a visita tivemos oportunidade de observar o proceso de tostado do café , e fomos testemuñas do proceso de elaboración dun “Perfecto espresso”, por parte do Barista Fernando Rojas , (ex-alumno do noso centro ), que tamen nos deleitou con uns capuccinos. Por ultimo participamos de unha cata brasileira de café , comentada por Augusto Morales, Mestre cafeteiro de Cafés Veracruz. Que nos agasallou con un paquete do café que había tostado previamente connosco. Posteriormente acercamos a “SALONES PASTORIZA”, onde nos atendeu o seu xestor José María Gestal, o cal nos acompañou nun percorrido polo establecemento, informándonos das particularidades do mesmo, as instalación, a súa oferta e respondeu as diversas cuestións que se foron prantexando ao longo da visita.
| 26
| 27
|