TEATRO "LOS TRES MOSQUETEROS"
Alumnado de 1º e 2º da ESO desprazáronse ao Fórum Metropolitano da Coruña, onde asistiron a adaptación da novela de Alejandro Dumas: “Los tres Mosqueteros”.
Á actividade organizada polo departamento de” Lengua Castellana y literatura”, asistiron acompañados das docentes: Anxos, Celia e Glafira.
Parabéns aos nosos alumnos polo seu respecto e atención!! |
As alumnas: Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martín, María Díaz e Sara Costoya, de 4º da ESO, asistiron ao programa radiofónico , onde exerceron como autenticas criticas literarias
“O uso de saltos no tempo non foi algo consciente, vin que non discurriría ben a narración se fose lineal, e a novela comeza nos anos 50 e logo retrocede aos anos da República” afirmou o autor de Polos fillos dos fillos Xosé Manuel Sarille. O escritor dialogou no club de lectura de Radio Fene sobre a súa obra, con Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martin, Maria Diaz e Sara Costoya, alumnas de 4º da ESO do Instituto de Ensino Secundario Fraga do Eume de Pontedeume.
“Todo puido ter ocorrido, o que non quere dicir que os diálogos que se reproducen foran exactos, pero arredor da guerra creanse moitos bulos e hai que ser moi coidadosos. De todos os xeitos, a guerra é moitisimo máis terrible do que podemos concebir” salientou Sarille.
|
Et voici, un plat typiquement français végétarien exquis plein de bonnes choses pour notre santé: Ratatouille niçoise
Ingrédients§ 4 tomates § 1 ou 2 courgettes § 1 aubergine § 2 oignons § 1 poivron vert § 2 gousses d'ail § 1 filet d'huile d'olive § 3 branches de persil § 1 pincée d'herbes de Provence § 1/2 verre d'eau § sel, poivre
Préparation1-Épluchez les légumes, coupez-les en morceaux. 2-Faites chauffer l'huile dans une cocotte, mettez-y les oignons émincés, laissez-les blondir, ajoutez alors les tomates et laissez cuire en remuant de temps à autre. 3-Au bout de quelques minutes, ajoutez les autres légumes dans la cocotte, l'ail et le persil haché et les herbes de Provence. Salez et poivrez. Couvrez et laissez mijoter pendant 1 heure, en surveillant. Se réchauffe très bien et peut aussi se manger froid.
|
||||||||||||
La francophonie
ENLACES
Blogs - Échange Toulouse 2008 Blog del departamento de francés del IES Fraga do Eume Blog del CDI del Collège Clémence Isaure de Toulouse
|
|||||||||||||
Alumnado de CS Dirección de Servizos en restauración de 1º e 2º curso , desprazaronse a Coruña , para coñecer as instalacións de “CAFES VERACRUZ”. Durante a visita tivemos oportunidade de observar o proceso de tostado do café , e fomos testemuñas do proceso de elaboración dun “Perfecto espresso”, por parte do Barista Fernando Rojas , (ex-alumno do noso centro ), que tamen nos deleitou con uns capuccinos.
Por ultimo participamos de unha cata brasileira de café , comentada por Augusto Morales, Mestre cafeteiro de Cafés Veracruz. Que nos agasallou con un paquete do café que había tostado previamente connosco.
Posteriormente acercamos a “SALONES PASTORIZA”, onde nos atendeu o seu xestor José María Gestal, o cal nos acompañou nun percorrido polo establecemento, informándonos das particularidades do mesmo, as instalación, a súa oferta e respondeu as diversas cuestións que se foron prantexando ao longo da visita.
17/11 - DIA MUNDIAL DA FILOSOFÍA
Desde o departamento de Filosofía queremos convidar a toda a comunidade educativa a partillar, ainda que sexa durante uns instantes, o Día Mundial da Filosofía (o terceiro xoves de Novembro).
Con este motivo fixemos unha pequena recensión de textos clásicos (Epicteto, Kant e Platón) que tamén repartiremos en pequenos caderniños entre alumnado e docentes. En realidade está dedicado á toda á comunidade educativa, pois sempre foi unha preocupación de todos os filósofos a cuestión de como educarnos ao longo de toda a nosa vida. No fin de contas todos os tempos foron malos para a Educación. Este caderno pretende ser o inicio dunha colección mensual que sexa como un recordatorio do lugar da filosofía na nosa civilización e estarán sempre un número deles dispoñíbeis na Biblioteca.
Un pequeno obsequio para todos vós con gratitude.
As alumnas: Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martín, María Díaz e Sara Costoya, de 4º da ESO, asistiron ao programa radiofónico , onde exerceron como autenticas criticas literarias
“O uso de saltos no tempo non foi algo consciente, vin que non discurriría ben a narración se fose lineal, e a novela comeza nos anos 50 e logo retrocede aos anos da República” afirmou o autor de Polos fillos dos fillos Xosé Manuel Sarille. O escritor dialogou no club de lectura de Radio Fene sobre a súa obra, con Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martin, Maria Diaz e Sara Costoya, alumnas de 4º da ESO do Instituto de Ensino Secundario Fraga do Eume de Pontedeume.
“Todo puido ter ocorrido, o que non quere dicir que os diálogos que se reproducen foran exactos, pero arredor da guerra creanse moitos bulos e hai que ser moi coidadosos. De todos os xeitos, a guerra é moitisimo máis terrible do que podemos concebir” salientou Sarille.
O alumno David López Golpe participou na semifinal nacional do concurso de coctelaría "Monín", disputado o 1 de decembro no CIFP de hostalería e turismo de Gijón. A esta semifinal participaron representantes de centros de hostalería de : Galicia, Asturias, Euskadi, Castela-León. |
O planeta está con présa! Aproximandonos a pasos de xigante ao que os científicos chaman o Punto de Non Retorno*, urxe concienciarse de todo o dano que lle estamos producindo ao noso planeta, pero tamén da cantidade de solucións dispoñibles (e sinxelas) que están na nosa man para intentar resolvelo.
Os voluntarios e voluntarias de Greenpeace, Iago, Irene, Carmela, Sara e Alex, trataron temas de gran interese e actualidade ao longo das seguintes charlas:
Charla sobre Consumo Sostible; dirixida ao alumnado do Ciclo Superior e Medio de Cociña.
Charla sobre Contaminación; dirixida ao alumnado de 1ºESO, 3ºESO e Formación Profesional Básica
Charla sobre Transxénicos; dirixida ao alumnado de 4º ESO
Charla sobre a Crise da perda de Biodiversidade (a chamada Sexta Extinción en masa); dirixida aos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 2º de Bacharelato
As charlas foron todo un éxito para o alumnado, o cal xa está desexando que volvan para seguir aprendendo e concienciándose da importancia de aportar o noso graniño de area ao coidado da Terra.
Dende o Departamento de Ciencias Naturais quérese agradecer o bo comportamento e a vosa disposición do alumnado durante actividade!
*Punto de Non Retorno: aquel momento no que a concentración de CO2 será tan alta na atmosfera que por moito que o intentemos será xa imposible deter as catástrofes asociadas ao cambio climático. É dicir, un efecto dominó climático sen precedentes e do cal descoñecemos a magnitude das consecuencias. Existen científicos que defenden que a día de hoxe xa sobrepasamos ese punto. Outros consideran que aínda contamos cun estreito marxe de actuación. Sexa como sexa, non hai tempo para debates, o planeta necesita que o proxemos XA!