CHARLAS DE CONCIENCIACION MEDIOAMBIENTAL - GREENPEACE

21/12/2016 09:57
Atlantic/Bermuda

CHARLAS DE CONCIENCIACION MEDIOAMBIENTAL GREENPEACE - Grupo de voluntarios/as de Santiago de Compostela


Greenpeace_2a.jpg
O planeta está con présa! Aproximandonos a pasos de xigante ao que os científicos chaman o Punto de Non Retorno*, urxe concienciarse de todo o dano que lle estamos producindo ao noso planeta, pero tamén da  cantidade de solucións dispoñibles (e sinxelas) que están na nosa man para intentar resolvelo.
Os voluntarios e voluntarias de Greenpeace, Iago, Irene, Carmela, Sara e Alex, trataron temas de gran interese e actualidade ao longo das seguintes charlas:

Charla sobre Consumo Sostible; dirixida ao alumnado do Ciclo Superior e Medio de Cociña.
Charla sobre Contaminación; dirixida ao alumnado de 1ºESO, 3ºESO e Formación Profesional Básica
Charla sobre Transxénicos; dirixida ao alumnado de 4º ESO
Charla sobre a Crise da perda de Biodiversidade (a chamada Sexta Extinción en masa); dirixida aos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 2º de Bacharelato 

As charlas foron todo un éxito para o alumnado, o cal xa está desexando que volvan para seguir aprendendo e concienciándose da importancia de aportar o noso graniño de area ao coidado da Terra.
Dende o Departamento de Ciencias Naturais quérese agradecer o bo comportamento e a vosa disposición do alumnado durante actividade!

*Punto de Non Retorno: aquel momento no que a concentración de CO2 será tan alta na atmosfera que por moito que o intentemos será xa imposible deter as catástrofes asociadas ao cambio climático. É dicir, un efecto dominó climático sen precedentes e do cal descoñecemos a magnitude das consecuencias. Existen científicos que defenden que a día de hoxe xa sobrepasamos ese punto. Outros consideran que aínda contamos cun estreito marxe de actuación. Sexa como sexa, non hai tempo para debates, o planeta necesita que o proxemos XA!

 ACCESO Á GALERIA