Skip to Content

CALENDARIO PARA A REALIZACIÓN DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES DE CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Informamos que o SORTEO PÚBLICO para a designación dos membros da Xunta Electoral para as eleccións do consello escolar será:

Venres 18 de outubro ás 11:00h na sala do profesorado.

 

Cee, 11 de outubro de 2024

II Convocatoria cursos de capacitación dixital para persoas adultas

PRAZAS VACANTES, AÍNDA ESTADES A TEMPO!!

O IES Fernando Blanco ofrece novamente cursos de capacitación dixital para persoas adultas e colectivos vulnerables, nesta ocasión ofrécense dous niveis, nivel básico e nivel intermedio. Se xa fixeches o curso de capacitación dixital en anteriores convocatorias anímate a facer o nivel intermedio e se cres que o que sabes de informática non é moito anótate no curso básico.

Os cursos son todos de 30h e impartiranse os mártes, mércores e xoves de 16:00h a 19:00h no centro educativo. Quedna prazas vacantes nos dous niveis, en canto se completen os grupos daremos comezo a novos cursos.

A matrícula podedes facela na secretaría do centro ou cubrindo un dos documentos que figuran abaixo nesta entrada e envialo ao correo electrónico a ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

A data que aparece na imaxe era orientativa para os primeiros cursos pero ao quedar vacantes aínda podedes enviar matrícula ou pasar polo centro.

 

VISITA AO MUSEO DA FUNDACIÓN FERNANDO BLANCO

 

Dentro das actividades de acollida e convivencia que se están a desenvolver no inicio do curso, o alumnado de 1º da ESO visitou o museo da Fundación Fernando Blanco o pasado venres 20 de setembro.

O noso alumnado tivo a oportunidade de achegarse á figura do noso fundador e partillar sobre as condicións do alumnado no paso do tempo, da man do técnico do museo Darío Arias. 

Moitas grazas Darío pola túa labor.

Continuaremos ao longo dos próximos días con máis actividades de convivencia noutras etapas educativas das cales daremos conta neste portal.

UN PREMIO NOBEL NO FERNANDO

 

O inicio do curso 24-25 veu cargado de sorpresas. O pasado venres 13 de setembro o Premio Nobel de Física Klaus von Klitzing visitou o noso centro educativo na compañía do Físico Jorge Mira, onde foron recibidos pola inspectora de educación Dna. Blanca Rodríguez Latorre e o equipo directivo do centro, nun acto onde o Nobel deixou a súa pegada no libro de honra.

Despois dun percorrido polas instalacións máis emblemáticas do centro, o alumnado de física de bacharelato levou unha gran sorpresa ao contar con todo un premio Nobel na súa aula.

  

 

Ligazón prensa

Fotografía cortesía La Voz de Galicia

Inicio de curso

O vindeiro mércores 11 de setembro dará comezo o curso escolar 24/25. 

As clases de ESO, Bach e Ciclos formativos darán comezo este mércores en horario habitual de 8:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:30h.

Á primeira hora da mañá, as 8:30h o alumnado acudirá á súa aula grupo/salón de actos e será recibido pola persoa titora. 

No documento adxunto están as aulas asignadas a cada grupo para mañá mércores 11 as 8:30. As familias ou alumnado maior de idade de 1º e 2º bach revisará na aplicación abalar en que grupo está, A, B ou C.

Para o alumnado de Educación para persoas adultas haberá unha presentación o xoves 12 ás 18:30 no salón de actos.

As clases do programa CUALE comezarán o luns 16.

Distribuir contido


by Dr. Radut