Skip to Content

LIMPEZA DA PRAIA DA CONCHA. CONCELLO DE CEE

O compromiso do IES Fernando Blanco coa limpeza dos areais da contorna non ven de novo. En colaboración coa asociación Mar de Fábula, nesta ocasión, a recollida de plásticos e demáis materiais de refugallo que están a contaminar a nosa contorna, levouse a cabo na praia da Concha, no Concello de Cee.

 

O noso alumnado de 1º da ESO ademáis de levar a cabo labores de limpeza tivo a ocasión de reflexionar sobre o impacto que se está a producir nesta praia ao comprobar o aumento de de desperdicios acumulados nestas mesmas datas en comparación con edicións pasadas.

 



page | by Dr. Radut