Skip to Content

AULA EMPRENDEMENTO. CHARLA CICLOS FAMILIA TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS. FERNANDO CANOSA CANOSA

O venres 22 de novembro, dentro das actividades nas xornadas de empredemento que se están a desenvolver no noso centro educativo, o noso alumnado dos ciclos da familia profesional de transporte e mantemento de vehículos, tivo a oportunidade de escoitar de primeira man, como un exalumno do noso centro, Fernando Canosa, desenvolveu  o seu camiño no mundo do emprendemento no sector da automoción, unha vez acadado o seu título de FP.

RECOLLIDA DE PREMIOS 25N. PEZA AUDIOVISUAL "EFECTO DOMINÓ"

O pasado xoves 21 de novembro, o alumnado do noso centro, gañador na categoría audiovisual co seu traballo "Efecto Dominó", do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais sobre o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convocado pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  recolleu o seu galardón nunha gala celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, da man da Conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.

 

Ademáis de proxectarse os traballos premiados o noso alumnado pechou os actos da gala coa interpretación en directo do rap que acompaña ao vídeo.

Moitos parabén por tan magnífico traballo.

Repercusión nos medios:

-Xunta de Galicia

-Que pasa na Costa

-La Voz de Galicia

- Diario de Bergantiños

- El Correo Gallego

AULA DE EMPRENDEMENTO. IDEATÓN PÍLDORAS DIXITAIS. CICLOS SUPERIORES

O pasado mércores 20 de novembro, o noso alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e o Ciclo Superior Dual Intensiva de Automatización e Robótica Industrial participou nunha formación intensiva  dentro do programa Aulas de Emprendemento denominada IDEATÓN, desenvolvida por PÍLDORAS DIXITAIS.

Con esta actividade totalmente práctica, dinamizada por Pablo Osorio, os nosos/as alumnos/as tiveron a oportunidade de traballar sobre os seus proxectos de emprendemento aplicando direntes ferramentas innovadoras que lles permiten afrontan diferentes desafíos, basadas por exemplo en técnicas  como Lean Startup ou  Desing Thinking entre outras.

AULA DE EMPRENDEMENTO. VISITAS A EMPRESAS CICLOS DE ELECTRICIDADE

O pasado luns 18 o alumnado dos ciclos da familia profesional de electricidade e electrónica, realizou diferentes visitas a empresas do sector productivo vencellados á súa familia profesional dentro das actividades programadas no programa educativo Aulas de Emprendemento do que participa o noso centro educativo.

 Nesta ocasión o alumnado visitou as empresas TEVALCOR en Negreira, e HERFRAGA, en Carballo.

EFECTO DOMINÓ. Videoclip gañador Concurso 25N. Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Por segunda vez, o noso centro educativo celebra con orgullo o éxito de gañar o concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais sobre o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este prestixioso certame, convocado pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, recoñece a creatividade e o compromiso do alumnado para loitar contra esta problemática social.

O noso videoclip Efecto Dominó é unha creación colectiva que pon o foco na violencia machista exercida no ámbito dixital, desde o ciberacoso ata a difusión de contidos privados. A peza creada e interpretada por alumnado de 2º Ciclo Superior de Administración e Finanzas, (Sharay Caamaño, Iván Fraga, Carla López, Nerea Ozón, Óscar Pereira, Brais Rodríguez, Oscar Santos) e de 2º de Bacharelato (Itzel Walche) e coordinados pola docente Mª José ( Cheché) Pampín, inclúe unha potente canción de rap interpretada para dar forza e emoción a unha mensaxe clara: romper o efecto dominó da violencia de xénero.

A narrativa visual combina escenas cotiás con imaxes simbólicas, como teléfonos móbiles caendo como fichas de dominó, representando o impacto continuo das redes sociais. Estas escenas reflexionan sobre o papel de cada persoa na propagación ou na interrupción desta cadea de dor e opresión. O traballo culmina cun chamamento colectivo: "Ao efecto dominó da violencia machista, eliminemos a ficha".

Revalidar este premio na modalidade audiovisual por segunda vez subliña o compromiso do noso centro coa igualdade e a educación en valores. O éxito de Efecto Dominó demostra que a combinación de talento, arte e conciencia pode ser unha poderosa ferramenta para inspirar cambios positivos na nosa sociedade.

A entrega de premios será o día 21 de Novembro en Santiago a onde acudirá o alumnado acompañado da coordinadora do proxecto e da directora do centro.

LIGAZÓN Á PEZA GAÑADORA pinchando na foto de arriba ou no enlace.

LIGAZÓN Á RESOLUCIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut