Skip to Content

Premios Académicos Fernando Blanco

Este vernes 25 celebrouse un dos actos máis emotivos que teñen lugar no centro, o acto de entrega dos Premios Académicos Fernando Blanco, organizado pola Fundación que leva o seu nome en colaboración co centro educativo. Estes premios están patrocinados por empresas da zona comprometidas coa educación e a cultura. Para estes patrocinadores vai o primeiro agradecemento. Pero como non, os principais protragonistas son o alumnado premiado, que acoden ao acto acompañados da súa familia e amizades. 

O acto estivo presentado polo secretario da Fundación, Darío Areas e as persoas encargadas dos discursos foron, por suposto o mesmo Darío no nome da Fundación, a directora Sonia López no nome da comunidade educativa, o alumnado e a alcladesa de Cee que foi a encargada de pechar o acto.

 

En prensa:

Emotiva entrega dos XIII Premios Académicos Fernando Blanco

Cee agranda su excelencia académica

Alumnado sobresaínte no IES Fernando Blanco

Acto de presentación da talla elaborada coa madeira do abeto grego

Este xoves 17 de outubro, data na que fixo un ano que o temporal tumbou a árbore senlleira do xardín do instituto, presentouse no salón de actos do centro a talla elaborado polo compañeiro exprofesor de tecnoloxía no centro educativo, Manolo Canosa.

A fermosa talla está estruturada en tres chanzos indicando o autor no acto de presentación o que significaría cada un deles:

o primeiro acolle un rapaz cunha maleta, que simbolizaría o neno, Fernando Blanco, cando emigrou a Cuba onde se decatou da importancia da educación e da cultura como desenvolvemento para a vida. No segundo, un libro e unha pluma que simbolizan o esforzo dese mozo para formarse e conquerir as súas metas e no terceiro aparce o edificio do IES Fernando Blanco, como o seu soño feito realidade querendo dotar ao seu pobo dun centro de ensino.

O centro educativo agradece profundamente a Manolo este marabilloso traballo e á Fundación o feito de elixir o centro educativo o espazo onde se colocará a talla en lembranza da árbore centenaria.

 

En prensa:

O abeto grego da Fundación Fernando Blanco resucitou en forma de talla. Diario Que pasa na costa

El abeto griego del IES Fernando Blanco renace en una talla de Manuel Canosa. Diario de Bergantiños

O soño de Fernando Blanco inmortalizado nunha talla. O correo galego

La madera del abeto griego del Fernando Blanco es ahora un homenaje a la emigración y a la educación

Presentación da talla elaborada coa madeira do abeto grego

O 17 de outubro fai un ano que o temporal tirou o emblemático e centenario abeto grego, unha das árbores máis senlleiras do xardín do IES Fernando Blanco.

Unha vez acordado a que se adicaría a madeira da centenaria árbore un dos retos que nos presentamos era a elaboración dunha talla coa súa madeira e conseguímolo. O noso compañeiro Manolo Canosa Santamaría, moitos anos profesor de tecnoloxía do centro educativo, comprometíaser a intentar facer algo representativo e que puidera lembrarnos o centenario abeto e así o conseguiu en menos dun ano.

Este xoves 17 de outubro presentarase no salón de actos do instituto a talla elaborada coa madeira do abeto, acto ao que estades todas e todos convidados.

Taller Regueifando en Igualdade

A comunidade educativa do IES Fernando Blanco non pode estar máis contenta pola acollida que tiveron os talleres Regueifando en Igualdade coa regueifeira profesional Lupe Blanco.

Onte, martes 15 de outubro o alumnado de FP básica e o de 2º ESO foron afortunados ao contar con un taller de regueifas onde elaboraron as súas propias coplas e cantaron pola igualdade. Os versos que fixeron están cheos de emocións e coas rimas indicadas pola marabillosa profesional da regueifa.

Para rematar a xornada tivemos a visita da Subdelegada do goberno, María Rivas acompañada pola xefa da unidade de violencia sobre a muller, Manuela Vilaboy, a alcaldesa de Cee Margot Lamela e a concelleira delegada de servizos sociais, benestar e igualdade Emilia Trillo.

Aproveitamos a visita para ensinarlle o centro e asinar no libro de sinaturas que se usa dende o 1905 e que dende onte conta con unha sinatura a modo de regueifa.

 

 

REGUEIFANDO EN IGUALDADE

 video

O vindeiro martes 15 de outubro o noso alumnado de 2º ESO e de FP Básica participarán nun obradoiro de regueifas da man da regueifeira, Lupe Blanco, pola igualdade, dentro dun extenso programa de actividades co gallo do 25N, promovidas pola Subdelegación do Goberno na Coruña tal como foron presentadas na rolda de prensa do pasado venres 11 de outubro.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, na sede da Subdelegación, presentou o inicio dos talleres “Regueifando en Igualdade” destinados a promover a igualdade entre os mozos e as mozas mediante as regueifas. Estes talleres desenvolveranse en tres centros educativos: o IES Adormideras da Coruña, o IES Punta Candieira de Cedeira e no noso centro, o IES Fernando Blanco .

Ao acto asistiron a alcaldesa de Cee, Margot Lamela, o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, e a concelleira de Igualdade do Concello da Coruña, Nereida Canosa. Tamén estiveron presentes os representantes das direccións dos tres centros educativos participantes no proxecto. A subdelegada do goberno estivo acompañada pola xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Coruña, Manuela Vilaboy.

O obxectivo da actividade é que o alumnado traballe coa regueifeira conceptos relacionados igualdade entre mulleres e homes a través da música tradicional galega con todo o que implica a nivel pedagóxico, creando e afianzando un proceso de participación social e hábitos de divertimento asociados á nosa lingua e cultura, contribuido a desenvolver destrezas vinculadas coas competencias clave

Na prensa

Presentación dos talleres na Subdelegación do goberno

Regueifando en igualdade chegará a institutos da provincia da Coruña

Distribuir contido


by Dr. Radut