Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Dous traballos do STEMBAC seleccionados

Un ano máis dous traballos de STEMbach foron seleccionados para participar no 35 Certamen de Jóvenes Investigadores. O Certame de Jóvenes Investigadores é unha iniciativa do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e do Instituto da Mocidade posto en marcha no ano 1988 co obxectivo de espertar nos mozos o interese pola investigación científica, mediante a concesiónde premios a traballos realizados durante os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional. Os traballos de investigación presentados deben ser orixinais e constituír unha investigación, básica, aplicada, “de fronteira”, ou deseño de prototipos relacionados con calquera das áreas do currículo e adscribirse a unha das cinco grandes áreas: “Artes e Humanidades” “Ciencias Sociais e Xurídicas” “Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas” “Ciencias da Terra e da Vida” “Tecnoloxía e Enxeñería". Este ano seleccionaron os traballos defendidos polas estudantes Natalia Gómez e Ha NulKim, relacionado co uso de azucres de algas para reducir os síntomas do reuma, e o traballo de Sabela Senra, sobre terapia génica con transportadores que non sexan virus. Ambos os traballos tutorizados por María Jesús Mourazos, compañeira de Bioloxía e Xeoloxía e cotutorizados por membros do INiBiC, CICA e UDC, Valentina Calamia e Carlos Vaamonde, no primeiro traballo e o grupo de Ana Rey Rico, para o segundo. O evento, que empeza o día 27 ás 16:00, e no que as nosas alumnas expoñen ás 9:50 e 10:00 do día 28, pódese seguir en directo a través de Youtube na seguinte ligazón

Moita sorte ás nosas estudantes!!!



page | by Dr. Radut