Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

O noso centro seleccionado para o recoñecemento dos traballos de investigación do alumnado STEMbach

Neste curso académico o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) volve darnos boas novas. Dous dos seus proxectos de investigación veñen de ser seleccionados para a fase final do novo “Recoñecemento dos traballos de investigación do alumnado STEMbach do curso 2023/24”, convocado pola consellería de Educación da Xunta de Galicia para todos aqueles centros que participan do programa STEMbach. Consecuentemente, o noso centro é un dos seleccionados.

Segundo a convocatoria, só tres proxectos cotitorizados por cada universidade galega selecciónanse para a fase final, na que cada universidade decidirá o mellor traballo nun evento que se realizará  en Santiago de Compostela. Neste acto,  os estudantes defenderán oralmente as súas investigacións diante do tribunal correspondente, sendo acompañados polas persoas titoras e a dirección do centro escolar. Nesa fase  final onde estarán os nove proxectos seleccionados participarán tamén os nosos estudantes coas súas investigacións representando ao noso centro escolar. 

En primeiro lugar seleccionouse o traballo, que xa acadou recoñecemento nos premios Stephen Hawking, Medición de la calidad lingüística de textos con técnicas de lingüística computacional, titorizado pola profesora de Lingua Castelá e Literatura, María Luisa Prado Rodríguez e realizado por Samuel López García, Lucas Piñeiro Parra, Marta Rodríguez González e Santiago Vilas Subirán. Por outra banda, tamén foi seleccionada a investigación Nuevas dianas terapéuticas para el tratamiento de la artrosis: un modelo con algas verdes marinas, titorizado pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía, María Jesús Mourazos González e realizado por Natalia Gómez López y Ha Nul Kim, traballo que tamén ten sido seleccionado para representar ao noso centro escolar no 35 Certamen de Jóvenes Investigadores, que tendrá lugar en Mollina, Málaga durante los días 27 y 28 de junio. 

Achéganse os vídeos-resumes destes traballos, así como os dos seus compañeiros. 

Parabéns a todos eses estudantes, ás súas titoras e cotitores. a todo o equipo STEMbach!!!. 



page | by Dr. Radut