Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

IIº Concurso de banda deseñada 2024: Homenaxe a Luísa Villalta

Máis fotos no ENLACE

O EDLG, en colaboración cos Departamentos de Lingua Galega e Literatura e Educación Plástica e Audiovisual, convocou o IIo CONCURSO DE BANDA DESEÑADA 2024, dirixido a alumnado de 1º ESO. O tema focalizouse en homenaxear a figura da autora coruñesa. Así, por exemplo, o alumnado de 1º ESO A e D, baixo a coordinación da súa profesora, Teresa Pastor Novo realizou as súas bandas deseñadas a partir das lendas ao redor de topónimos da Coruña, creadas anteriormente, con motivo do libro homenaxe a Luísa Villalta, Luísa, melodía infinita. presentado o 3 de maio pasado.

As obras, orixinais e inéditas, tiveron que recrear unha historia empregando os recursos visuais esenciais e específicos da linguaxe da banda deseñada. Outorgáronse dous premios: unha na categoría de creatividade e orixinalidade; e outro, na modalidade de técnica. A valoración dos traballos presentados baseouse en criterios de creatividade, orixinalidade, forza visual e narrativa, calidade literaria e artística, e capacidade de suscitar una resposta entusiasta coa lectura dos mesmos. Así, resultaron gañadoras as seguintes alumnas: Daniela Aguiar Bautista (1º ESO A) na categoría de técnica, e Claudia Vilá Veiga (1o ESO A), na de creatividade e orixinalidade. Ambas premiadas recibiron cadanseus cheques agasallo de 20 euros, para gastar na FNAC. Ademais, pola calidade do traballo presentado, o xurado concedeu darlle un accésit a Mateo Fernández Emilov (1º ESO D), quen foi galardoado cun estoxo de debuxo por parte do Dpto de Educación Plástica e Audiovisual e cun libro, agasallo do Dpto de Lingua Galega e Literatura. O alumnado premiado recibiu os seus agasallos e mais diplomas o pasado xoves 20 de xuño de mans de Beni Vidal Tomé, xefa do Dpto de Lingua Galega e Literatura e membro do EDLG, e de Teresa Pastor Novo, coordinadora do EDLG.

Moi bo traballo, rapazada. Parabéns!!!

Teresa Pastor Novo

(coordinadora do EDLG)



page | by Dr. Radut