portada30

Concerto didáctico de música tradicional. 22-xaneiro-2015

Lugar: Auditorio de Galicia. Santiago. Alumnado participante: 2º ESO, 3º ESO. Profesora acompañante: María Giménez

 

Exposicións do alumnado de 2º de bach de Artes en decembro de 2015

En decembro de 2015, alumnos e alumnas do segundo curso de bacharelato de Artes expuseron unhas fermosas coleccións de obras relacionadas cos seguintes temas: Ilustracións a partir dunha mancha casual, deseños de carátulas para CD, deseños de portadas para videoxogos, conmemoración do día mundial contra a violencia de xénero (25 de novembro) e centenario da publicación da Teoría da Relatividade Xeral de Albert Einstein (25 de novembro).

Estas e outras fotos con estas obras pódense observar a maior tamaño na seguinte ligazón da galería flickr desta mesma web: https://www.flickr.com/photos/51231462@N06/sets/

Obradoiro: "Todos podemos llegar a ser creadores". 2 de decembro de 2015

Obradoiro: "Todos podemos llegar a ser creadores". 2 de decembro de 2015

Lugar: SGAE.     Data: 2 de decembro.     Horario: de 9:00 a 14:00.     Grupos: 4º ESO, DIV. II e 2º Bacharelato (alumnado de Humanidades).

Profesoras acompañante: María Giménez (Deparatamento de Música) e Mª Xosé Molina (Departamento de Economía).

Teatro: "A Viaxe de Ana".

O alumnado de 3º ESO, 4º ESO e DIV. II asistirá no Salón de Actos a representación dunha obra de teatro promovida pola Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Santiago e a Asembrea pola paz. Será o 1 de decembro, de 12:50 a 14:30 horas

 

Saída para visitar o Centro de Investigación Agraria de Sergude.

 

 

 

Data e hora: 11 de novembro, mércores. Saise ás 9:30 h para regresar ás 14:30 h.

Alumnado participante: Primeiro e segundo da ESO.     Profesorado participante do Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía: Carmen Quintanilla Louzao, Pablo Gómez Segade.

Obxectivos didácticos da visita: 

> Achegar a natureza aos alumn@s participantes, moitos deles totalmente  axenos ao campo e actividades agrícola-gandeiras. 

> Coñecer as principais liñas de investigación do centro de Sergude. 

> Coñecer os estudos que habilitaan para adquirir coñecementos nas técnicas agrícola-gandeiras. 

> Fomentar o respecto polo medio ambiente así como dos usos sostibles das explotacións agrícolas e forestais. 

> Coñecer as ideas máis básicas sobre productos fitosanitarios: os perigos que conlevan e as precaucións no uso dos que están permitidos pola lexislación actual. 

> Coñecer as técnicas de cultivo que evitan a erosión do solo. 

> Fomentar o cultivo das especies forestais autóctonas e as técnicas sobre unha producción forestal productiva e sostible medioambientalmente: concepto de ecoetiqueta. 

> Achegamento aos animais tanto nos establos como no hábital natural do monte.

Concursos co motivo da festa do Samaín. Novembro de 2015

Concursos co motivo da festa do Samaín: Concurso de cabazas decoradas, Concurso de Ilustración de Terror, e Concurso de Microrrelatos de Terror (para máis información fai clic noblogue da biblioteca: http://librotksar.blogspot.com.es/2015/11/ganadores-dos-concursos-do-samain.html).

Falece o escritor Xosé Neira Vilas. 27 de novembro de 2015

O escritor galego Xosé Neira Vilas faleceu este venres aos 87 anos. Xosé Neira Vilas naceu en Gres, Pontevedra, en 1928. 

Asamblea da ANPA do IES de SAR. 1 de decembro

O vindeiro 1 de decembro, martes, terá lugar unha asamblea da ANPA do IES de SAR no salón de actos do instituto, ás 20:00 horas en primeira convocatoria. Para ver máis detalles ver o pdf (clic).

Ariana Barreiro, exalumna do IES de SAR, gañadora do Premio de Deseño de Moda 2015 da Escola Mestre Mateo

A exalumna de Bacharelato de Artes do IES de Sar ven de gañar o importante remio de Deseño de Moda da Escola Mestre Mateo do presente ano, patrocinado polo Corte Inglés da cidade. A nova recolleuna ao xornal La Voz de Galicia na edición do día 11 de novembro. NOSOS PARABÉNS.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer