portada30

VIAXE DIDÁCTICA A XENEBRA (SUÍZA)

O Dpto. de Física e Química, coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística esta preparando unha VIAXE DIDÁCTICA a Xenebra do 11 ao 14 de febreiro de 2016.

O eixe central será a visita ao CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas), e ademais coñeceremos outras dúas institucións moi importantes que teñen sede nesa cidade helvética:

Dia da Ciencia en Galego 2015

Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego o mércores 4 de novembro, por iniciativa da Coordinadora Galega de ENDL, 106 centros educativos non universitarios participamos nunha videoconferencia vía web impartida por Xurxo Mariño, inverstigador en Neurociencia e profesor na Universidade da Coruña.

Corrección de erro nos libros de texto de primeiro da ESO para o vindeiro curso. Aviso de peche do centro no mes de agosto.

A primeiros de agosto, avísase que o centro permanecerá pechado todo o mes de agosto. Ademais comúnicase que se fixo con data do 5 de agosto unha corrección de erro no listado dos libros de texto de primeiro da ESO, sendo convinte revisar as edicións dos libros de primeiro da ESO.

O Proxecto Comenius chegou ao seu final no IES de Sar.

Neste mes de xullo ven de rematar o Proxecto Comenius "Biodiversity of Rivers" que durante dous anos, 2013-2015, se desenvolveu no IES de Sar, que colaborou con outros seis centros de diferentes países de Europa. Co pretexto do estudo mediambiental da gran biodiversidad presente nos ríos, especialmente en Galicia, o alumnado e profesorado participante, puido desenvolver numerosos traballos e vivir magníficas experiencias que foron un espazo de enriquecemento persoal grazas sobre todo ao intercambio culturasl entre tantas culturas e pobos diferentes. O proxecto foi unha constante fonte de fomento de capacidades dos participantes, tales como a Lingüística, o manexo de novas tecnoloxías, as Ciencias Sociais, as capacidades artísticas, a capacidade tecnolóxica e, como non, a capacidade de obsercación da natureza e o fomento da convervación do medio ambiente. O proxecto realizouse grazas á participación de numeros@s alumn@sm profesor@s, e as familias do alumnado participante. Queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa do IES de Sar por facilitar a realización deste proxecto, e confiamos que outros poidan continuar a facilitar ese gran obxectivo, como é o enriquecemento persoal grazas especialmente ao intercambio cultural.

- Para ver as numerosas actividades realizadas no IES de Sar no marco deste proxecto, pódese ver esta ligazón (clic)

- Para ver a páxina oficial do proxecto, visitar esta ligazón (clic)

- Nesta ligazón, pódese ver un vídeo cunha moi breve sinopse das viaxes e actividades realizadas (clic)

Proxecto Voz Natura: Un horto escolar no IES de Sar

O alumnado de 2º curso da ESO desenvolveron as tarefas dun horto escolar baixo a coordinación da profesora María del Carmen Quintatilla Louzao e do profesor Pablo Gómez Segade. Tamén colaborarou en tarefas colaterais nos xardíns do centro o alumnado de Ámbito Científico de 3º curso da ESO. Para ver un resumo das actividades realizadas, presentamos este vídeo (clic). A fundación Santiago Rey Fernández-LaTorre de Coruña financiou as zonas de rego automático ademais de parte das especies plantadas nos xardíns do centro. A dirección do centro tamén proporcionou importante axuda económica para levar a cabo as tarefas e poder obter así un resultado que mereceu as felicitacións da fundación, polo que xa temos asegurado a continuidade do proxecto para o curso vindeiro.

Libros de texto para o curso 2015-16

Listado dos libros de texto propostos para o curso 2015-16 nas diferentes materias e cursos:

“Un musical de Cine”. A historia do cine da man dos alumnos do IES de Ames. 17 de xuño

Nome da actividade:

Un musical de Cine”. A historia do cine da man dos alumnos do IES de Ames

Día e hora: 17 de xuño de 9:40 a 12:50 h.

Grupos: 2º ESO, 3º ESO, Div-I, 4º ESO (só alumnos de música), Div-II e 1º Bach (só alumnos de Música vocal e canto)

Lugar: Auditorio de Galicia

Premio no concurso Rosofego para un grupo de alumnos de Diversificación I de 3º da ESO

Nome da actividade: exposición e defensa do proxecto “Rosofego” no DESAFÍO SCQ

Día e hora: 2 de xuño de 10:50 a 14:30h.

Grupos: 3º ESO e Div-I

Lugar: Cidade da Cultura

Profesores acompañantes: Mª Xosé Molina e Tomás Corona

Festival de fin de curso. 19 de xuño

Nome da actividade: Festival de fin de curso

Día e hora: 19 de xuño de 10:50 a 12:30h  Grupos: exclusivamente os do alumnado participante no acto

Lugar: Salón de actos e patio 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer